Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Crónica do serán

Premios Xerais: convención de blogueiros

O blogomillo achega fotografías e vídeos do acto de presentación das obras gañadoras, o sábado na illa de San Simón.

Redacción - 10:27 11/06/2007

O veredicto dos xurados dos Premios Xerais, o sábado en San Simón, serviu de escusa para encher o blogomillo de literatura galega. De feito, a illa converteuse nunha sorte de convención de blogueiros, que reflectiron puntualmente o que alí se viviu nas súas respectivas bitácoras.

Como era de esperar, Brétemas inclúe unha completa crónica do serán do sábado, con fotografías, ligazóns e críticas das tres novelas gañadoras: a de Rexina Rodríguez Vega, a de An Alfaya e mais a de Carlos López.

Martin Pawley, que foi membro do xurado, achega a parte audiovisual da noite, con entrevistas a varios dos protagonistas da velada. Abe Rábade amosa o contrapunto de lercheo e de crítica. O levantador de minas e o Blog dos pelachos ofrecen cadanseu exhaustivo resumo da festa da cultura, na que non todo foi literatura, tamén houbo música: a de Xavier Blanco, o gaiteiro de Moaña:


4.4/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: