Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Nacións sen Estado

A selección vasca de fútbol gáñalle 3-4 a Venezuela e esixe a súa oficialidade

Os xogadores posaron con dúas pancartas, unha en éuscaro e outra en español, reclamando o seu dereito.

Redacción - 14:00 21/06/2007

Como habitualmente ocorre neste tipo de partidos amigábeis, o de menos é o resultado. O de máis foi a actitude dos xogadores da selección de Euskadi, que antes de iniciar o encontro posaron con dúas pancartas, unha en éuscaro e outra en español, co lema Somos unha nación. Oficialidade!

Os de Euskadi conseguiron a vitoria por 3 goles a 4 ante Venezuela, nun choque disputado na madrugada da cuarta feira ao xoves no país sudamericano. Este foi o primeiro partido amigábel xogado por este combinado nacional vasco fóra do Estado español en 69 anos.

Polo momento, en Galiza témonos que conformar con ver os nosos de ano en ano polo Nadal, contra o día dos Inocentes. E, quen sabe, portarán algunha pancarta reclamando o mesmo os xogadores galegos nun vindeiro encontro?

Máis información no diario Gara.


4,8/5 (5 votos)

Comentarios (24)

baltar69 #1 21/Xuño/2007 baltar69

cá!!! como van a esixir tal cousa os nosos, apelmazados como están ó capitalismo centralista e contracultural ( quizás acultural sexa a expresión atinada ). non, amigos,non. do fútbol profesional galego non se poden esperar concesións, polo menos de momento. teremos que ser os espectadores os que actuémos de avangarda. ou os que nos poñamos, finalmente, a camiseta, pois corrémolo risco de que os coores, logo de varias inocentadas, pasen a ser tan pouco sentidos como entidade como o son ahora os da selección de españa. ollo.

serbia #2 21/Xuño/2007 serbia

Nin do fútbol profesional vasco. Veña, o! Estes que van co cartapaz, se mañán os chaman para xogar coa seleción española van. Tanto estes como os nosos, na súa maior parte, son uns virachaquetas!

xacataca #3 21/Xuño/2007 xacataca

Que orgullo ver a Michel Salgado na Cibeles de Madriz coa bandeira galega ... e a española cosida!

Salgado fica por eses lares que aquí eu non te quero...

breogain #4 22/Xuño/2007 breogain

vale, o de Michel Salgado pode ser "ambigüo" pero joder, alomenos paseou a bandeira galega no bernabeu, cousa que moitos non poideron facer en partidos de equipas galegas no bernabeu por seren requisadas pola policia....a intención é boa, penso que ninguén antes o fixera, non sexamos tan curtos de miras.

xacataca #5 22/Xuño/2007 xacataca

Seica non me expliquei ben. Aínda que o principio levaba só a galega, máis tarde levaba as dúas unidas/cosidas cun fío, a nosa e a rojigualda, como querendo dicir "soy gallego pero non vayais a pensar que soy un nacionalista, soy muy español".

Fraco favor nos fixo. Case mellor que fose só coa española.

bcngz #6 26/Xuño/2007 bcngz

Futbolistas instrumentos políticos... que patético! Ben que moitos señores que xogan partidos con Euskadi e que son obrigados, repito, obrigados e levar este tipo de pancartas logo xogan coa selección española... Sen comentarios.

Xeonllo #7 26/Xuño/2007 Xeonllo

bcngz:

Iso é falso. A eses futbolistas da selección vasca ninguén os obriga a levar ese tipo de pancartas. Se non queren non as mostran no estadio. Incluso se non queren non van á selección vasca, porque non é oficial. Se xogan tamén coa selección española fan ben, eu tamén o faría. Se se fixese oficial a selección vasca xa non xogarían coa española.

E outra cousa que é falsa doutra mensaxe túa é que Batasuna esixa a independencia en contra do que quere a maioría da poboación vasca. O que reclaman é un referéndum de autodeterminación, precisamente para que a poboación vasca se pronuncie. O que está claro é que a poboación vasca vota maioritariamente por partidos nacionalistas, todos eles partidarios do dereito de autodeterminación. Polo menos no que é a comunidade autónoma de Euskadi. Se se unisen outros territorios (Navarra, País Vasco francés ou Euskadi norte, pode ser diferente). Non terxiversemos as cousas.

bcngz #8 27/Xuño/2007 bcngz

Para Xeonllo: Falas de non terxiversar... Cito textualmente a túa frase: "O que está claro é que a poboación vasca vota maioritariamente por partidos nacionalistas". Sen dúbida, está clarísimo, maioría abrumadora... En fin. Por non terxiversar a continuación indícoche os resultados das últimas eleccións autonómicas vascas: PP 15 escanos, PSE 18 escanos, IU - 3 escanos. En total son 36. Resto de escanos: partidos nacionalistas: 39 escanos. ¡Ollo! ¡Non terxiversemos! ¡Por tres escanos de diferenza afirmamos con todo rigor que Euskadi é maioritariamente nacionalista! ¡Bravo! 36 escanos non nacionalistas, 39 nacionalistas. Entón podemos dicir que Galiza é maioritarimente de esquerdas, sen dúbida.
Ah, por certo, coma ti ben dis: "non terxiversemos as cousas".

Xeonllo #9 27/Xuño/2007 Xeonllo

bcngz:

Pois entón dásme a razón. Os partidos nacionalistas vascos teñen maoiría absoluta, os vascos, pois, votan maioritariamente nacionalista. E non só agora mais si sempre, en anteriores lexislaturas sucedía o mesmo.

E eu non dixen "maioría abrumadora"; só dixen maioría. Pero aínda hai máis, porque dentro dos partidos non nacionalistas existe moita xente que está a favor da autodeterminación (non digo independencia). Iso sucede no PSE, mais resulta que en IU todos defenden a autodeterminación porque o propio partido como tal a defende.

E os vascos cando votan xa saben estas cousas.

bcngz #10 28/Xuño/2007 bcngz

Uyyy, o de que no PSE e IU se defende a autodeterminación... debe ser porque vostede tomou moitas veces café con eles... Un argumento sen peso: todos os alemáns son louros, non si?

bcngz #11 28/Xuño/2007 bcngz

E ollo que eu defendo que Euskadi/País Basco/Euskalherria o como carallo se diga... realicen un referendo. O que pasa é que non se debe cometer o erro de nomear o todo por unha parte... Xeralizar é moi feo, feo, feo.

Barcelos #12 28/Xuño/2007 Barcelos

Gañarlle á Venezuela de Chávez ben merece ser unha nación.

Por certo había algún xogador profesional do Athletic ou da Real?

bcngz #13 28/Xuño/2007 bcngz

Si, a maioría eran de primeira división: Aduriz, Exteberria, Gabilondo... Os que despois xogan coa roja-igualda. Para que logo digan que non lles obrigan. A estes importalles un carallo a selección basca e son instrumentalizados politicamente porque a ver quen ten os collóns de non xogar coa selección do seu país...

Gaviotero #14 28/Xuño/2007 Gaviotero

Que exijan, que exijan...que no lo van a lograr jamás. Por cierto, aquello era un combinado seudooficial en el que no participaba ningún jugador vasco de primer nivel y por supuesto, ninguno de los que habitualmente juegan en la selección española.

Eso sí, me encanta que Vieiros utilice como fuente de información el diario Gara...¡jejeje!

baltar69 #15 28/Xuño/2007 baltar69

e logo que pasa co gara? eu leo acotío e non vexo que desmereza en calidade nin en profundidade doutros medios que políticos e comunicadores utilizan como se fosen a pedra filosofal. non vou ir ca vara de medir, cada un que se informe ou desinforme donde queira. o que pasa é que gara é un diario de esquerdas. oíron ben? de esquerdas. o único de esquerdas que se publica no estado español. un diario que se montou por suscripción popular cando a xudicatura actuou contra egin e condenou a este último a ruíña económica sen preocuparse, como sempre fixo o poder, de si os traballadores ian poder pagalos plazos que rendían os bancos. pero ahí está a xesta: 1.000 millóns das antigas pesetas, xuntadas e administradas para sacar adiante este proxecto, este " somos" que me merece, polo menos a mín, moito respeto.

xacataca #16 28/Xuño/2007 xacataca

Hai moitos anos que leo Vieiros e xente coma Gaviotero ten habido a patadas ... Se non lle gusta o que hai as portas coido que están abertas tanto para o que queira entrar como para o que queira marchar.

Eu estou dacordo con moitos dos darriba. Ninguén lles obriga a estes homes a levar pancarta ningunha.

O que si obrigaba eu é que os que participasen na selección de Galiza fosen comprometidos de verdade.

Os que vaian para figurar tipo Michel Salgado, repito, mellor que fiquen por Madriz que aquí, eu polo menos, non os quero.

bcngz #17 28/Xuño/2007 bcngz

Eu falo GALEGO e non portugués. Estou orgulloso de falar galego e non portugués. Por sorte, aínda que non compartas a miña opinión é a que ten a maioría da poboación. Sodes un feixe de paifocos freakes que máis de un de vós forma parte de grupos seudoterroristas que só sabedes argumentar queimando contenedores. Viva o meu ghallego!

bcngz #18 28/Xuño/2007 bcngz

Uyyy, este comentario era para outro artigo onde hai un pailán que me chamou ignorante porque dixen que non sabía o significado dunhas palabras que eran portuguesas... A súa pasmosa negación da realidade lingüística galega é arrepiante. Queren que perdamos a nosa lingua...
P.D: Acougade, xa sei que non ten que ver con este tema... pero é que me equivoquei de artigo. arremecaghoendios!

Fer #19 28/Xuño/2007 Fer

Fai o favor de nom mentir. Chamei eu "ignorante"? Nom, falei de "ignoráncia". O único que insulta és ti. E aguardo que os gestores de Vieiros fagam algo.

xacataca #20 29/Xuño/2007 xacataca

"Sodes un feixe de paifocos freakes que máis de un de vós forma parte de grupos seudoterroristas que só sabedes argumentar queimando contenedores"

Coide a súa linguaxe señor bcngz. Aínda que a mona vista de seda ... (vde. non será Gaviotero cun outro disfrace?)

xacataca #21 29/Xuño/2007 xacataca

Por certo unha vez máis, alá foi outro debate bater co tema lingüístico. Neste paísiño non se pode falar de nada máis ou menos interesante que non sexa a lingua ... buff

Volvendo ao rego, cantos e cales xogadores galegos credes que se tivesen que elixir entre a española e a galega (no caso de que a nosa fose oficial) elixirían xogar con Galiza?

Gaviotero #22 1/Xullo/2007 Gaviotero

Me encanta lo que hay en Vieiros y ejerzo mi libertad para decir aquí lo que me dé la gana, aunque a algunos liberticidas no les guste.

Y por supuesto, me encanta tocarles las narices a los nacis...

Xeonllo #23 1/Xullo/2007 Xeonllo

Iso de chamar nazis aos nacionalistas vascos, cataláns ou galegos e outros do estado español está de moda entre a xente de extrema dereita. É un recurso que usan sistematicamente. Son pouco orixinais na terxiversación das cousas.

Porque precisamente, a extrema dereita española vén dun réxime que para instarse tivo que recorrer á decisiva axuda dos nazis, dos verdadeiros nazis, que, por outra parte, eran tamén antinacionalistas das pequenas nacións porque eran dun nacionalismo EXPANSIONISTA, que é precisamente o contrario dos nacionalismos das nacionalidades minoritarias que hoxe existen en España, non do nacionalismo español.

mau #24 1/Xullo/2007 mau

#22 e logho ti não es um "naci", então? Tinhas-nos bem enganados...hahahaha. Liberticidas? é que és uma brincadeira mesmo!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: