Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Vieiros do Mar

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Vieiros do Mar
dornas

A Regata de Area Seba xunta unhas trinta dornas n'O Grove

A segunda proba do calendario galego foi a terceira regata organizada polos Amigos da Dorna Meca. Eles son os que nos mandan esta crónica dende O Grove.

Redacción - 13:34 25/06/2007

A segunda proba do calendario galego de regatas de embarcacións tradicionais foi a III Regata Area Seba, organizada pola Asociación de Amigos da Dorna Meca.

Na mañá do sábado á volta de trinta dornas saíron ao arreboar da bandeira dende o Peirao d'O Grove. Embarcacións pertencentes a clubes de Riveira, Portonovo, Vilanova e a Illa de Arousa non quixeron fallar á cita do mar dos Mecos.

A brisa do Noroeste coa que amencía o sábado tiña visos de cambio, mais así foi só antes da saída, xa que logo mudou a un vento do Oeste, practicamente puro e algo fresco. O primeiro paso obrigado era a baliza do Arido, fronte ao Porto de Tragove (Cambados), no que comezou a definirse cal sería a cabeza da regata: a Nécora lideraba, mais seguida moi de preto polos Parada na súa Fuxe, pertencentes á asociación anfitriona, virando case inmediatamente despois a Xarandeira e a Ladra da Illa de Arousa, e a Chunga d'O Grove.

A bolina cara ao segundo paso obligado, situada no canal de Cambados foi unha proba de resistencia e técnica. O mar de vento empezaba a tirar e a navegación a un largo, case en popa, coas marexadas de través que lle deron emoción ao rumbo de terra, virando na boia da saída inical, facendo as delicias dos espectadores que se deron cita no Porto d'O Grove.

Na segunda parte da regata fóronse definindo as primeiras posisicións
A loita polo podio mantívose durante a primeira parte da segunda volta onde se definiron os postos definitivos, eso si, con moi pouca diferencia dunha a outra dorna.

A Nécora (AC. Dorna) entrou primeira, seguida pola Fuxe (Dorna Meca) e en terceiro posto entrou a Ladra (AC Dorna). A Xarandeira (AC Fasquía) e a Chunga (Dorna Meca) viñeron a continuación.

A organización amosouse compracida pola participación e as condicións meteorológicas que fixeron que esta fora unha regata para amosar coñecementos a nivel técnico, resultando unha xornada de competición esixente e satisfactoria, que vén a confirmar que o nivel para este ano, que parece que está ben alto.


4.75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: