Carlos Callón (Santa Uxía de Ribeira, 1978) preside a Mesa pola Normalización Lingüística dende o ano 2002. É un dos dirixentes máis novos de Galiza. E vén amosando o seu desacordo co Plan Xeral de Normalización Lingüística. Unha entrevista de Diego Ameixeiras.
Carlos Callón, presidente da MNL.
Señor Callón: coñecendo como somos os galegos, debe ser duro iso de pelexar pola normalización do idioma sen precisar apoio psicolóxico.
Nunca dixen que non o tivese. Se alguén o quixer, pásolle o contacto do meu analista.
Pois o presidente Touriño, cando se expresa en galego, emprega construcións sintácticas alarmantes e unha prosodia moi achegada á dos chulapos. Dígalle algo, por favor.
Sorprende esa carencia de formación lingüística nun profesor universitario, mais nunca é tarde para aprender. Eu diríalle que hai uns 500 profesores de galego sen emprego estábel dispostos a darlle aulas. Cun pouco de práctica diaria, verá que o galego é moi fácil.
Toda a vida loitando pola diferenza, e cando os políticos se expresan en galego, nunca os subtitulan nas televisións estatais. Non é para traumatizarse?
É que se non subtitulan a Touriño na TVG, que di "furato", "aguxeiro" e "consúsegue"...
Aí falou. Considera positivo que haxa grupos pop que empregan o galego para falar da escasa periodicidade coa que manteñen relacións sexuais algúns mileuristas, e non tanto para reclamar a independencia nacional ou a galeguidade do Bierzo?
Fan moito máis polo galego eses grupos que as latas de caramelos e os paraugas que paga a Secretaría Xeral de Política Lingüística co suxestivo lema de "Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega".
E se vivísemos nun país normalizado, que outra mesa presidiría?
Menos a Mesa do Leite... Gustaríame presidir unha mesa de estudo onde ler e investigar sobre a homosexualidade na cultura galega, ou volver presidir a mesa dunha aula nun instituto, dúas vocacións que teño aparcadas pola Mesa actual.
A vostede préstalle o posmoderno "grazas" ou prefire o "graciñas" de toda a vida?
O de toda a vida era "Deus cho pague". Desde que me fixen apóstata, paseime ao "obrigado".
Dígame unha cousa: Galiza ou Galicia?
Sen o nabo non hai nabiza, sen galego non hai Galiza.
O goberno municipal da Coruña leva gastado medio millón de eurazos no tema do topónimo. Que faría vostede con esa pasta?
Por pouco máis, comprarme unha casa na Rúa Tabernas da Coruña. Terei que preguntarlle a Francisco Vázquez como se fai para conseguir gangas nesa zona...
Entrevista publicada na edición impresa de TEMPOS Novos (nº 121, xuño de 2007)
Este tipejo, otro subvencionado, que preside la Mesa por la Falsificación Lingüística, haría bien en pasear por Galicia. Le propongo que se pasee por La Coruña, Vigo o Pontevedra, las tres ciudades más dinámicas de Galicia, y me diga si es posible o no que halla Galicia sin gallego.
¡Pues claro que es posible! Y sin tí también sería posible. De hecho, a Galicia le iría mucho mejor...
Al que no le iría tan bien es a ti, que te lo llevas calentito a costa del gallego.
Miserable.
#1 Gaviotero, digo eu, que fazias hoje às 10:00 hh da manhã, andando na net? De resto obrigado pelo comentário porque, na verdade, botei-me umas risas, hahahahaha. Não nos faltes nunca mais, que morremos de saudades tuas. Hahahaha. Por certo, tão más são as páginas "gavioteras" como para que tenhais que aterrar cá. Mais uma coisa, podias dizer-lhe às tuas colegas que deixem de cagar-me no carro todos os putos dias? Pondes-nos a Crunha cheia de merda por toda a parte! Porcos! É que não sabeis usar o retrete como faz a "gente normal"?
"halla"? vaia por Deus oh? es bem ignorante, ché? tanto castelhano de Castilha e já vês... Não serás desses que falam com esse "acentazo gallego" tão horrível? Terão razão os de Tan gallego como el Gahpasho que os espanhol-falantes sois tão burros que uma cadeirinha ao ano de galego no cole vos impede aprender o sublime idioma cervantino em condições? Vês? Se em vez de caires aqui caisses no Portal Galego da Língua saberias que o firefox tem ferramentas para não fazeres o ridículo em público... ou é que és de Micro$$oft? Pois paga, homem paga! Quantas perguntas sem resposta...
Non alimentedes os trols... Deixádeos que esbardallen todo o que queiran. Só amolan para interromper os foros. Pasade del. Os comentarios non deben ser dirixidos cara el senón a propósito da entrevista.
Eu botei unhas risas a ler a entrevista lol Un pouco curta :)
«A vostede préstalle o posmoderno "grazas" ou prefire o "graciñas" de toda a vida?
O de toda a vida era "Deus cho pague". Desde que me fixen apóstata, paseime ao "obrigado".»
hahahahahahahahaha!!!!!
Ta-che engraçado, o rapaz.
Hai pouco que me sumei a este foro tan agradable e chámame a atención as cafradas que escribe Gaviotero, polo que teño dúas cousas que dicir, a ver se estades de acordo comigo:
Tanto anos de xenocidio cultural deixaron a súa pegada e non hai máis que ver a gaviotero, que non ten autoestima, que pertence á categoría dos traidores e dos lamecús e deses, por desgraza, aínda quedan nesta terra.
Propoño que o ignoremos, ladre o que ladre. Alguén que se mete nun foro de ideoloxía contraria á súa non para debatir con argumentos senón para expresar o seu rexeitament feroz cara o galego, para expresar en suma o seu complexo de inferioridade e para insultar ós que non pensan coma el xa se califica a si mesmo. Ignorádeo, meu pobre.
Cómpre ser burro para dicir algunhas das pérolas que di o colega das plumas. Ese covarde non tería narices a dicir o mesmo de estarmos en Cataluña ou en Euskadi, pero as cousas están a cambiar na nosa Terra e a xente xa non traga de igual xeito ca antes; o rollo da xente coma el xa está moi pasado, a Deus grazas.
ASÍ QUE: PASADE DEL, RAPACES,