Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ciclismo

Os nomes dos ciclistas escollidos para facer parte do Karpin Galicia coñeceranse en setembro

Álvaro Pino estivo a observar os ciclistas amadores durante os seus adestramentos co equipo profesional galego, e xa anda a matinar nas novas incorporacións.

Redacción - 12:05 27/06/2007
No adestramento por Vigo

No adestramento por Vigo

O Karpin Galicia realizou o seu último adestramento de fondo, antes da 'Vuelta a España 2007', nesta semana por Vigo e comarca e para participar nel foron convidados varios ciclistas amadores -das categorías Elite e Sub-23- de clubes galegos.

O director deportivo do Karpin Galicia, Álvaro Pino, e mailo manager do equipo, Rodrigo Costas, fixeron varias rondas polo adestramento, observando as capacidades dos novos corredores galegos.

O técnico anunciou, ao terminar o adestramento, que será no mes de setembro cando dé a coñecer os nomes dos corredores amadores que van pedalear, dende aquela, no equipo profesional galego, aínda que dixo que é probábel que reserve algunha outra praza para outubro ou novembro.

Algúns dos ciclistas correrán para o Karpin Galicia en 2008

Os corredores amadores foron emprazados polo Karpin para un outro encontro e adestramento, mediado o mes de xullo, onde pode que mude a selección que teña xa matinada Álvaro Pino.

O director deportivo do Karpin Galicia tamén se dirixiu, ao terminar o último adestramento, aos corredores máis vellos convocados, para aclararlles que "a idade non é en si mesma un obstáculo para pasar. Para min son máis importantes a ilusión e as ganas de ser ciclistas que demostredes".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: