Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Vieiros do Mar

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Vieiros do Mar
VIII Encontros de Embarcacións Tradicionais

"Somos unha potencia mundial en embarcacións tradicionais"

Vieiros falou con Manolo Bacallau, un dos organizadores dos VIII Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galiza -que se han celebrar en Ferrol do 5 ao 8 de xullo-, e membro do Clube do Mar da cidade.

Redacción / Vídeo: Pedro Carrasco - 14:11 03/07/2007

A Manolo Alonso chámanlle Bacallau, segundo di el, porque embarcou só unha vez cara Terranova, na campaña do bacallau; só unha vez, mais quedoulle, porque había moitos Manolos e cumpría diferenciar.

Sabe moito do mar: das montañas de auga do mar adentro, e do mar, por veces calmo, de Ferrol. Bota o día no peirao de Curuxeiras e coñece todas as embarcacións tradicionais da zona. Para el, os barquiños que aínda navegan, son o traballo de cen anos, de carpinteiros armadores, mariñeiros... que agora están perdendo o seu sitio nos peiraos, porque todo é "fibra, fibra, fibra..." e os mariñeiros son botados dos amarres tradicionais, fóra dos seus lugares de orixe, para que "a xente pudente" goce do entorno da xente mariñeira.

Bacallau fálanos do medo que se pasa no mar, do que el ten vivido e do "terrible" que é a vida mariñeira, ademais de dar pistas do que se poderá atopar a finais da semana en Ferrol, no VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galiza.

"A vida do mariñeiro non ten moito que envidiar; tres días bota en terra e vintecinco no mar"



4,5/5 (10 votos)


Comentarios (1)

O_Fartura #1 3/Xullo/2007 O_Fartura

Sí señor, Manolo Bacallau:
Coñezo a Manolo de falar con el un par de veces para artellar o Encontro de Blogers de Cultura Mariñeira e Fluvial en Ferrol.
Un dos meus obxectivos para o encontro de embarcacións tradicionais é coñecer persoalmente aos outros blogers de cultura mariñeira e tamén a Manolo Bacallau entre outra xente.
Grazas a esta entrevista de vieiros xa hei de ir a tiro fixo no peirao de Curuxeiras.
Ainda que Manolo e máis eu somos de idades ben diferentes, síntome plenamente representado polo expresado nesta entrevista.
Con xente así da gusto sentirse parte da FGCMF, así o sinto e así o digo.
Un saúdo mariñeiro.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: