Unha fotografía proba que Educación si instruíu a certos tribunais sobre como xulgar os eliminados, algo que agora se nega a facer en conxunto.
A Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, responsábel das oposicións
Excluír unicamente aqueles candidatos cuxas programacións non cumpren os requisitos “de forma notoria e manifesta”. Esta é a instrución que a Consellería de Educación dá publicamente aos tribunais a raíz da Mesa Sectorial, reunida o xoves para clarificar as polémicas oposicións a profesor de secundaria.
Centos de aspirantes están a ser eliminados por presentaren as súas programacións con erros formais, como un tipo de letra diferente ou mesmo imprimir a dobre cara.
Boas novas para os interinos
Un dos puntos máis polémicos é a situación dos interinos e substitutos con programacións con defectos de forma. Para este colectivo hai boas noticias, pois a Xunta especifica que “non serán excluídos das correspondentes relacións de contratación”.
E é que moitos deles figuraban como 'non presentados' nos resultados das probas, algo que faría que perderan o seu posto nas listas. A Xunta explicoulle aos sindicatos que todo se debía a un “erro informático”, algo que, dende fontes sindicais, considérase “unha escusa barata”.
Falta dun criterio único nos tribunais
O que non fará a Xunta é enviar unha instrución a todos os tribunais sobre como xulgar os defectos de forma, tal e como pedían os sindicatos. CIG e SETEG teñen denunciado que cada tribunal usa un criterio diferente. Educación insistiu o xoves en que os examinadores teñen autonomía para decidir. Pero o certo é que, nalgúns casos, a Xunta si enviou instrucións concretas.
Así o proba unha fotografía remitida a Vieiros, na que se ve un correo electrónico da Consellería no que se instrúe ao tribunal a cualificar os defectos de forma como “non presentados”, algo que desmonta a explicación oficial do “erro informático”. O correo electrónico foi exposto no taboleiro do IES Seoane de Pontevedra.
Algunhas reclamacións terán prioridade sobre outras
O barullo é tal que a propia consellería tivo que aclarar cal é o proceso de reclamación. Os afectados deben impugnar primeiro ante os tribunais e logo ante a propia Consellería. Unha solución difícil, pois algúns tribunais néganse a recoller as reclamacións, denuncia CC.OO.
O número de afectados, segundo o SETEG, pode superar os catrocentos. A cantidade de reclamacións que se lle veñen enriba á administración é tal que Educación anunciou prioridade para “aqueles que logo dunha primeira revisión inicial se puidese desprender a posibilidade de que tiveran que ser estimados na vía administrativa”.
Especulacións sobre que recursos se aceptarán
Dende fontes sindicais prevén que, finalmente, Educación acepte algúns recursos por erros de forma menores -como imprimir a dobre folla-; pero non doutro tipo como, por exemplo, ter presentado máis de 60 follas de programación. Este proceso de oposicións é o máis numeroso nunca convocado para o ensino público galego.
Lamentable. As normas están para cumprirse. O único que lles falta a estes lercháns de interin@s é que lles regalen a todos a praza.
Que me expliquen onde se garantiza a igualdade de oportunidades nesta oposición, porque eu non a vexo por ningunha parte. Aínda co novo sistema de acceso non lles chega e teñen que facer trampas a metade do partido.
Tantos años criticando las oposiciones realizadas por Fraga y ahora resulta que el bipartito es incapaz de hacer unas oposiciones sin que aquello termine siendo un despropósito.
¡¡¡PERO SEÑORES, TANTO LÍO TIENEN QUE MONTAR PARA COLOCAR A SUS AMIGUETES!!! Con lo bien y lo discreto que era antes...
Estou con mac_ou no que di. O de Gaviotero paréceme simplemente mentira. Interinos hainos de todas as cores, o que fai o goberno é ceder á chantaxe dos sindicatos porque ten que "parecer" de esquerdas e se ten os sindicatos en contra ou se bota á rúa a quen conseguiu a praza sen máis mérito que non ter ninguén máis vello a quen darlla, vai quedar de "antitraballadores" aínda que os que perdan o posto non demostrasen selo. O problema é que a ninguén lle preocupa o nivel educativo que o sistema público vai ter con tanta coladeira. Logo botaremos contra a privada as culpas das nosas desgrazas. O de xoca tamén resulta lamentable. Nestes sitios públicos hai que ter estómago para non quedar aínda a un nivel máis baixo que aquel de quen falas.
É de auténtica vergoña que se botase a xente fora da oposición por supostamente non se lle axustar a uns cánones a programación, cando este tipo de documento nin é oficial para seren admitidos ao exame (se é así, ¿por que nas linguas estranxeiras non ten que estar nin en castelán nin en galego, como manda a Lei de Procedemento Administrativo), e a maiores as tales programaciones pódense mercar xa feitas na Internet (ou sexa, que botan fora ou admiten por un mérito que non ten que ser do opositor). ¡Impugnación xa!
Sim, de todas as cores. Mas se não superaram o processo de oposição, não o superaram e não há mais que lhe fazer. Outros que sim aprovaram ficarão sem trabalho para que eles continuem no mesmo lugar desde o que reprovaram.