Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Tras a xuntanza desta con Galiza Nova

XSG cualifica de "sectaria" a actuación da concelleira da Mocidade da Coruña

Xuventudes Socialistas critica a Ermitas Valencia porque "ninguén nos chamou para participar" nos actos en memoria das Mocidades Galeguistas.

Redacción - 15:30 07/07/2007
A secretaria xeral de XSG, Mª Dolores Rodríguez Amoroso

A secretaria xeral de XSG, Mª Dolores Rodríguez Amoroso

A organización da mocidade do PSdeG, as Xuventudes Socialistas (XSG), cualificou este sábado de "partidista" e "sectaria" a xuntanza que a concelleira de Mocidade da Coruña, Ermitas Valencia, mantivo con membros de Galiza Nova coa intención de recuperar a memoria dos que en 1932 fundaron na cidade as Mocidades Galeguistas.

En opinión da súa secretaria xeral, Loli Rodríguez, "non nos parece a mellor maneira de facer política municipal a de confundir a Casa do Concello, que é de todos os coruñeses e coruñesas, coa casa propia".

"Os fundamentalismos, na casa"

"A nós ninguén nos chamou para participar; somos tan galeguistas e herdeiros do republicanismo como calquera ou máis; a nosa organización ten 103 anos de historia e parécenos que é unha actuación sectaria organizar unha actividade entre a Concellaría de Mocidade e Galiza Nova sen contar co conxunto do tecido asociativo xuvenil", afirmou.

"Se Galiza Nova quere organizar unha actividade está no seu dereito, agora ben que dende o concello se faga unha actividade unilateralmente cunha única organización política é unha falta de respecto ás mínimas regras de xogo", dixo Rodríguez Amoroso, quen engadiu que "os fundamentalismos hainos que deixar na casa".

Foro da Mocidade

Na xuntanza do pasado venres, Valencia anunciou a súa intención de pór en marcha un Foro da Mocidade, onde se integren as diferentes asociacións xuvenís da cidade e poidan ser discutidas as súas propostas, así como decidir que facer cos cartos municipais neste eido.

Pola súa banda, o representante comarcal de Galiza Nova na Coruña asegurou que o obxectivo das actividades en lembranza das Mocidades Galeguistas é que sexa unha celebración de toda a cidade: "A nosa vontade non é en absoluto facer nosa esta festa de todos".


2,6/5 (20 votos)

Comentarios (12)

Fer #1 7/Xullo/2007 Fer

As XSG (E a franquia do PSOE na Galiza em geral)... tam galeguistas como qualquera... claaaro...

Espasende #2 7/Xullo/2007 Espasende

As Mocedades Galeguistas constituíronse formalmente no 1934. Anteriormente, tan só os núcleos vigués (Illa Couto) e ourensán (Pepe Velo ou Celso Emilio), tiñan certo eco.
E volta de novo co discurso do galeguismo do PSOE... que lle pregunten a Xaime Quintanilla que problema tivo na asemblea do 17 de outubro de 1931 na que triunfa a tese de non apoiar a causa autonómica e á asemblea pola autonomía celebrada na Coruña,na que participara Quintanilla como alcalde e membro do PSOE, sen permiso deste, claro.
En fin, xa me dirán que teñen de galeguistas e que carallo fixeron os do PSOE polo estatuto e polo país durante o período republicano. POdería botar unha restra de historias nas que o PSOE estaba en contra da autonomía. Total, sería bater en ferro frío.

denis #3 7/Xullo/2007 denis

si oh si. Os das xuventudes socialistas son galeguistas 100%. E sobre todo n'A Corunha. Que vaian por aí.

noaltodomonte #4 8/Xullo/2007 noaltodomonte

Esta señora é unha IMPRESENTABLE. A concelleira da Coruña de Mocidade o único que fixo foi contestar a unha solicitude de entrevista a petición de Galiza Nova. Esta organización xuvenil, ten a iniciativa de conmemorar o 75 aniversario das Mocidades Galeguistas, en colaboración con outras entidades da cidade. Eu lin os xornais locais, e o que decian e que convidaban a todo o asociacionismo da cidade a unirse a esta festa de conmemoración. Aínda ninguén chamou a ninguén. So Galiza Nova tivo a iniciativa de chamar ás portas do Concello da Coruña. Ao mellor o que lle molesta a esta señora e que antes isto non sucedería... por sorte aogra en María Pita recibese a todo o mundo, non so aos que teñen carné do PSOE, que tamén.

carlosroca #5 9/Xullo/2007 carlosroca

Oes, que si, que se son galeguistas...que se veñan a Santiago ao Día da Patria, veña. Ou non queren.... non oh, como vai ser só oportunismo demagogo, non. Seguro seguro que son galeguistas de verdade....

antodios #6 9/Xullo/2007 antodios

As xoventudes do partido socialista ESPAÑOL galeguista?????? menudo chiste.

A para máis inri corunhóns. Menuda broma.

Tino #7 9/Xullo/2007 Tino

Esta manobra ten un claro caracter de comezar o desgaste do BNG ante as próximas eleccións xerais. E mandan a esta coitadiña coa promesa de ir nalgunha lista a ver se sae elixida... e vai vivir para Madriz.

Antom #8 9/Xullo/2007 Antom

os lo juro, las equisesega de la coru son "galeguistas" de verdad de la buena, jo

Gaviotero #9 9/Xullo/2007 Gaviotero

¡Jejeje! Si es que cuando se junta el agua y el aceite, o lo que es igual, el PSdeG y el BNG, por más que se junten tienden a separarse.

galicecos #10 10/Xullo/2007 galicecos

Eu que saiba cando o PSOE tiña a maioría no concello estos acontecementos nin se comentaban, e agora ven queixándose de algo que ninguén lembrou ata que entrou no governo o BNG.

Rous #11 10/Xullo/2007 Rous

É impresionante!

Rous #12 10/Xullo/2007 Rous

é impresionante o dos cachorros de Paco

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: