Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
taekwondo

Dezaseis medallas os taekwondistas galegos internacionais na fin de semana

Dous galegos levaron medalla en Hungría esta fin de semana, no Europeo Cadete, e catorce foron para os participantes no Open Británico.

Redacción - 12:50 09/07/2007
Darío González

Darío González

ñDos catro galegos seleccionados pola Federación Española de Taekwondo para participar no evento, dous remataron no podio do campionato.

Os medallistas son Katia Calvar Martínez, do clube Mat's de Marín, que conquistou o Bronce en peso pluma e Darío González Correa, do clube Kiap de Vigo, tamén cun Bronce en peso galo.

Tamén participan neste campionato os galegos Ruth Docampo, do clube Mat's de Marín, en peso lixeiro, e Manuel Rodríguez, do clube Tao de Vigo, en peso superlixeiro.

Máis taekwondistas galegos no panorama internacional
Estes taekwondistas, que acadaron o título de campións estatais o pasado mes de maio en Barcelona, concentráronse no CAR de Madrid e partiron cara Budapest a pasada sexta feira. A pesares da súa xuventude (teñen 14 e 15 anos), os galegos participaron xa no Open de Austria e no Open de Alcobendas coa Selección Estatal, competicións de rodaxe nas que foron pulindo o seu estado de forma de cara ao vindeiro europeo.

Esta representación súmase xa ás numerosas convocatorias de deportistas galegos na competición internacional de Taekwondo, da que o máximo expoñente é a viguesa Andrea Rica, medallista nos Campionatos de Europa, na Copa de Europa e no Campionato do Mundo e primeira clasificada no Ranking Olímpico de 2007, o que lle garante a convocatoria para o clasificatorio olímpico que será en Manchester en setembro de 2007.

Sete ouros, cinco pratas e dous bronces para a selección nacional
Os galegos volveron do Open Británico de Taekwondo, onde participaban, xunto con Brasil, Martinika, Suecia, Alemania, Irlanda e Inglaterra, con catorce medallas.

A clasificación dos galegos foi a que segue:
Vanessa Álvarez, do Natural Sport, ouro en Minimosca.
José Antonio Andrade, d'O Mace Sport, ouro en Semipesado.
Cora González, do Budo Aqua Sport, ouro en Medio.
Sabela Lonja, do Natural Sport, ouro en Semimedio.
Francisco Padín, do Oilmpic, ouro en Minimosca.
Ángel Pareda, do Natural Sport, ouro en Pluma.
Miriam Villar, do Budo Aqua Sport, ouro en Semimedio.
Uxía Díaz, do Mat's, prata en Medio.
Nicolás Domínguez, do Tao, prata en Mosca.
Santiago Gil, do Mace Sport, prata en Semimedio.
Raúl Iglesias, do Couto, prata en Superlixeiro.
María López, do Suh Sport, prata en Superlixeiro.
Roi García, do Taekwondo Cedeira, bronce en Pluma.
Lara Oubiña, do Natural Sport, bronce en Semimedio.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: