Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Din que "por apoloxía do terrorismo"

O PP compostelán quere que se prohiba o concerto de Muguruza

O concelleiro do grupo municipal popular responsábel da área de Festas, Ángel Espadas, pediu que se suspenda o concerto deste artista vasco no festival "Linguas Vivas", o 20 de xullo. 

Redacción - 19:45 11/07/2007

Segundo Espadas, "respecta a música" de Muguruza, pero considera que o concello non debe permitir un concerto seu "pola súa apoloxía do terrorismo". Muguruza volve aos escenarios logo de tres anos da última xira e da edición do disco Euskal Herria Jamaika clash. Neste momento, xunto a outros trece músicos, e baixo o nome de Talka Tour está de xira por todo o mundo. Canda eles, actuarán a italiana Banda Bassotti, os estradenses Nao, Boom club e o Dj Capita, chegado dende Poblanou.

O festival, organizado pola produtora Kamikaze, tivo a súa primeira edición o ano pasado na compostelá Sala Capitol. Este ano trasládase ao Multiusos Fontes do Sar. O obxectivo é o de consolidar un evento en que as bandas de diferentes procedencias se poidan expresar nas súas linguas.

Non é a primeira vez que se tenta censurar un concerto de Muguruza: no 2003, en Málaga, suspendeuse un concerto de Manu Chao en que interviña o ex Kortatu. Un ano despois cancelóuselle un concerto na sala Jai-Alai, de Huesca, outro en Valencia e outros dous en Madrid.


4,93/5 (14 votos)


Comentarios (7)

Picheleiro #1 11/Xullo/2007 Picheleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eso, eso. E todos e todas os do PSOE e do BNG que gobernan en Santiago, á cadea por apoloxía do terrorismo e por romper España.
Unha cousa máis. E o día do concerto identificar a toda a xente que vaia e que actúe contra elas a fiscalía.
Así, Angel, as "Espadas" sempre en alto.
En serio. ¿Este señor non ten outra cousa na que perder o tempo?. Non sabe que os homes e mulleres deste pais somos maiorciños para escoller o que queremos ou non queremos ver e escoitar. A súa proposta ten un nome: "censura". Debeu estar moi atento nas clases de Don Manuel.

furabolos #2 12/Xullo/2007 furabolos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vaia... non tiña claro se ir ou non ao concerto, pero o Espadas este quitoume de dúbidas.

kurumin #3 12/Xullo/2007 kurumin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Manolo Escobar, Ramoncin, os triunfitos....eis TERRORISMO MUSICAL e nom há fiscal que defenda os interesses dos nossos ouvidos!!!

Tino #4 12/Xullo/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E q no seu luar traian a manolo escobar ou a unha folclórica q cante:
Que viva españa
La gente canta con ardor
Que viva españa
Si, esa españa q se dedicou a esmagar povos alá a onde foi, e aki segue sen aceptar q na península se falan outras linguas diferentes do castellano.

Lead_bocas #5 12/Xullo/2007 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ollo, non só o PP...
o goberno de Compostela xa ten prohibido e boikoteado meia dúcia de concertos de grupos de rock do País Vasco: berri txarrak, etsaiak, sociedad alkoholika e mesmo do Fermín. Por ser vascos e rojos!

Bugallo e AVT amordazan as actividades culturais do pueblo capitalino e contaminan o lecer dos nosos fillos coa cadena100. Para eles a música debe ser españolísima ou multiculturarra e buenrollista. Non se concibe que os vascos ou os galegos fagamos algo (rock, punk, reggae) que non sexa folklore.

Eis o nacionalismo que nos tocou.

Fungueiro #6 12/Xullo/2007 Fungueiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ai miña nai!! a estes do pepe váiselles cada día máis a perola.......buuuuuu, como vai o mundo.
Ai, ai, ai... que vaian tomando tila para que non se poñan nervos@s,ao ver a morea de xente que alí imos estar.

bertus #7 12/Xullo/2007 bertus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois debe saber euskera o ghicho este, porque a miña ignorancia non me permite saber se fai apoloxía do terrorismo, se da erchaina ou do lacón con grelos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cartel do Festival Linguas Vivas
Cartel do Festival Linguas Vivas
Fermín Muguruza nun concerto. Flickr: Libertinus
Fermín Muguruza nun concerto. Flickr: Libertinus