Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
VOLVEN AS PROTESTAS

As cazolas xa agardan polo quinto gaseiro que chega a Reganosa

O Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol pídelle aos cidadáns que acudan ao peirao con “todo o que poida facer ruido”

Redacción - 11:40 13/07/2007

O quinto gaseiro que se agarda que entre este venres na planta de Reganosa tamén vai ter un recibimento pouco amigábel. O Comité Cidadán fixo un chamamento para que os ferroláns vaian ao peirao con cazolas e “todo o que poida facer ruido” para darlle unha particular “saúda” ao buque.

A entrada do gaseiro está prevista para as 16:28 horas, coincidindo coa preamar diurna. Ademais das protestas en terra, agárdase tamén que os mariscadores saian ao mar á mesma hora para protestar.


4,25/5 (4 votos)

Comentarios (5)

carlosroca #1 13/Xullo/2007 carlosroca

Pero a cousa non era impedir a entrada dos buques para paralisar a planta ilegal? Isto serve para algo máis que algo testemuñal? Chegaron un acordo con alguén? con quen?
Que fai o novo governo municipal? onde está IU e a súa loita inquebrantábel polo traslado da planta?

o_de_remedios #2 13/Xullo/2007 o_de_remedios

O que pergunto eu...cal é a postura de Indústria, ou a do BNG, incluso pergunto onde está ADEGA? Importa pouco o que esa rapariga de IU de Ferrol diga...ela sabe que foi apenas un instrumento para chegar ao poder quen chegou.A vergonha é a postura que o BNG está a ter...e así se esfocinharam em Ferrol e na sua área no 27-M...como se van esfocinhar...em todo o país.

carlosroca #3 13/Xullo/2007 carlosroca

Pidese coerencia (como se non a tivera) ao BNG e non a IU (que lle escorrega por todas partes), que curioso.....
Por certo, un respecto a concelleira, non vexo que a un concelleiro se lle chame "raparigo". Menos sexismo.

o_de_remedios #4 13/Xullo/2007 o_de_remedios

Oi. A ver, começo polo final. O que escrevi nem intenção tinha de ser sexista, home...é uma rapariga porque é nova,o que é moi bom, tendo em conta como está a política neste pais de dinossauros; non hai raparigos concelheiros porque ainda que são poucos,há algum que é rapaz. E respeito-a, e muito,precissamente porque é a unica que está a dizer verdades como punhos. O que bem entendeste, carlosroca, é que o que ela diga bem pouco importa onde está o que decide,neste caso un sr. do BNG, que curiosamente, sim, como dizes, é o Conselheiro de Indústria. Se é el, claro, quem decide alguma cousa.
E sempre, sempre devemos pedir todos coerência. E o BNG non a está tendo em ramo nenhum dessa Conselharia (onde está a auditoria de Turgalicia???).E non quero ser sexista co Sr. Blanco :-)

carlosroca #5 16/Xullo/2007 carlosroca

Haiche moitos do bloco, e alcaldes máis novos que Yolanda. Logo non tes disculpa meu, mais que a desculpa dun cometanrio sexista, ainda que sen intención dá igual.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: