Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Organizada pola Fundación Ciclismo Galego e Galicia Calidade

A volta cicloturista partirá de Vigo un día antes de que o faga a 'Vuelta a España'

Dentro das actividades programadas pola Xunta, coincidindo coa primeira saída dende Galiza da 'Vuelta a España', os vigueses poderán gozar dunha marcha cicloturista pola cidade.

Redacción - 12:51 02/08/2007

Esta marcha percorrerá a primeira etapa da 'Vuelta a España' un día antes de que o fagan os profesionais, e nela poderán participar un máximo de 500 cicloturistas maiores de 16 anos.

O xerente de Galicia Calidade, Xabier Ignacio Louzao, foi o encargado de presentar na quinta feira a Marcha Ciclista Volta a España-Galicia Calidade; organizada pola Fundación Ciclismo Galego e patrocinada por Galicia Calidade, que partirá, o 31 de agosto de Vigo. A proba, que pertence ao Circuíto de Marchas cicloturistas de gran fondo, vai servir para cumprir o soño de moitos afeccionados á bicicleta, que se van poder poñer, aínda que só sexa por un día, á altura dos profesionais do ciclismo, ao lles permitir percorrer a primeira etapa da 'Vuelta a España' un día antes de comece, contando cunha infraestrutura profesional.

Axudando na xornada estarán varios ilustres ex ciclistas como Abraham Olano, Fernando Escartín, Miguel Ángel Iglesias, Santi Blanco, Álvaro Pino, Blanco Villar ou José Ángel Vidal. Algúns pode que tamén se animen a realizar o percorrido en bicicleta.

Todos os participantes levarán para a casa un paquete agasallo, cunha bolsa, un diploma acreditativo da participación, unha camisola e un convite á gala de presentación dos equipos participantes na Vuelta, que se celebrará no mesmo día, á tardiña.

A etapa que se realizará nesta marcha conta con 122,8 quilómetros e percorre diversas localidades da provincia de Pontevedra, comezando en Vigo e pasando por Redondela, Arcade, Paredes, Pontevedra, Alto de Vilachán, Pontecaldelas, Soutomaior, Pazos de Borbén, Ponteareas, Porriño e Alto de San Cosme, para rematar novamente en Vigo, no paseo de Samil.


0/5 (0 votos)


Comentarios (1)

Erasmo #1 2/Agosto/2007 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Caralliño co percorrido... e non había máis picos que subir?

Home entendo ben cas estrelas do ciclismo local teñan gañas de sair no telexornal... pero os que non estamos tan entrenados tamén nos gustaría dar o salto á fama... JAJAJAJA

Que o disfruten se poden...!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete