Estas foron as verbas que pronunciou Castelao ao falar de Ánxel Casal, alcalde republicano e galeguista de Compostela, editor de Nós, loitador... e unha das figuras máis senlleiras da loita anti-fascista e dos albores do nacionalismo galego.
Ánxel Casal Gosenge naceu na Coruña en 1895 e foi asasinado en Cacheiras, en Teo, a carón de Compostela, uns din que o día 4 de agosto de 1936, aínda que hai crenza tamén de que o atoparon fuxido o 4 e o pasearon o 16.
Despois de anos emigrado en Bos Aires tentando subsistir, a finais do primeiro decenio do século XX volveu a Galiza, uniuse á Irmandade da Fala da Coruña, comezou a colaborar no Conservatorio de Arte Galega e foi o promotor e primeiro mestre que tivo a primeira Escola do Ensino Galego, galeguista e laica, dentro das Irmandades da Fala. Era a primeira escola que, entre 1926 e 1931, empregou o galego nas clases.
Os primeiros decenios do XX e logo, alén, os anos 30 foron o momento álxido e de consolidación das vangardas artísticas e sociais en Europa, mais tamén a Galiza chegaban aires de cambio. Xente coma Castelao andaban daquela, a darlle un novo pulo, totalmente diferente, ao movemento galeguista, e Ánxelo Casal foi unha das persoas que máis contribuíu a difundir as novidades da cambiante vida política e social galega, a través, primeiro da súa Editorial Lar, fundada con Carré Alvarellos, mais sobre todo coa editorial Nós. Da súa imprenta saíron A Nosa Terra e a Revista Nós, e, en 1930 o xornal republicano El Momento, que levaría a quebra á empresa editorial, por falta de apoios. Un ano após Casal marchou a Compostela, coa súa empresa ao lombo, e alí comezou nova vida, sobre todo política, chegando a ser elixido alcalde da cidade de febreiro ao 9 de xullo de 1936, cando dimitiu, con todos os concelleiros galeguistas, mais volveu de novo ao cargo ao se enterar do levantamento militar do 18 de xullo, para reorganizar a resistencia na cidade.
Antes de se levantares os fascistas, Ánxel Casal tiña traballado moito polo republicanismo, o sindicalismo, o galeguismo e o nacionalismo nacente. Naquela altura foi o vicepresidente do Comité executivo para o estatuto de Galiza, e traballou freneticamente pola súa aprobación, tanto que o 16 de Xullo tamén estaba no momento de entrega nas cortes do texto estatutario galego, aprobado o 28 de Xuño no país.
Detivérono na parroquia de Vilantime, en Arzúa e apareceu arrebolado nun foxo a carón da estrada de Cacheiras, xunto o corpo tamén sen vida de José Areosa Devesa.
Hai dous anos o Concello de Santiago de Compostela dedicou a ano enteiro a Ánxel Casal, con múltiplas actividades de lembranza dun dos seus alcaldes que máis contribuíu ao nacemento dunha conciencia galeguista entre os cidadáns galegos.
Da súa imprenta saíron follas voantes, panfletos e cartaces de loita e reivindicación para agraristas, galeguistas e republicanos antes e durante a ditadura de Primo de Rivera. Máis adiante, para toda a esquerda compostelá: sindicatos, federais, anarquistas, socialistas, mocidades galeguistas, comunistas... Foi, ademais, o primeiro en usar e normalizar a lingua galega na vida dun concello, e grazas a el constituíuse a Asociación de Escritores de Galiza, namentres lles daba cabida nas súas follas aos agora clásicos da nosa literatura e a orixinais de artistas coma Camilo Díaz Baliño, Cebreiro ou Méndez, que anovaron a edición gráfica galega.
Perdoade, mas é um autêntico disparate. As escolas das irmandades existiram do 1924 a 1931. Casal foi detido o 4 de Agosto, seviciado e interrogado, passado pelo juiz em 8 de Agosto e passeado na noite do 18 a 19. Dados todos documentados.
Ernesto Vázquez Souza
Outro patriota que foi asasinado por Galiza e... desgrazadamente pese ao seu sacrificio non serviu para moito posto que non se logrou o obxectivo : a independencia deses chamados españois e que eu chamo asasinos. Viva a Galiza mártir!
Da morte destes homes xurdiu o medo nos galegos. Do medo nos galegos xurdiu a sumision. Da sumisión xurdiu a alienacion. Da alienacion xurde a morte do ser galego. Camiño imposto polos españolistas.
Manteñamos vivos a todos estes homes, o seu traballo e o seu amor á terra pra dar volta ó camiño que nos impuxeron pola forza.
Destas mortes xurde, claro, o "bilingüismo armónico". E agora que me chamen demagogo.
Ánxel Casal, na memoria e na accion...
Ya están los nacionalistas creando mártires y apropiándose de una supuesta memoria histórica condimentada al gusto...
Rodeados de tanto muerto con más de 70 años bajo tierra, se os están empezando a acumular las moscas alrededor...
O igual no es por eso, porque las moscas también revolotean entorno a otras cosas.
Por cierto, ppSoe, de esa muerte fuiste tan responsable tú como yo. Demagogo.
... nunca pensei en contestarche Gaviotero, pero darlle unha patada á historia como lle deches ti merece réplica... hai mortos dos dous laus, pero os "teus" están nos cemiterios, e os outros nas foxas comúns e moitos quedaron nas cunetas. Os "teus" teñen os seus nomes debaixo de cruces nas igrexas, ou en feismos monumentos con cruces desas tamén, nalgunhas vilas (os que non botaron abaixo, por nonseiqué alcaldes fachitas). Hai feridas que non están apagadas, e hai asasinos que aínda andan por aí, sen a camisa azul, ou gris ou verde, pero, aínda que vellos, están vivos, e hai cousas que non se esquecen. Inorantiño!!!
Gaviotero= herdeiro espiritual do imperialismo espanhol do tiro polas costas e do fusilamento ao amanhecer. Hoje tratam de fazer o mesmo com as suas palavras, a jeito de trolls neofranquistas.
Aujardente, la simplificación que haces sí que es una patada a la historia. Porque igual no sabes que muchos "rojos" que quedaron en las cunetas, por ejemplo, no fueron abatidos por nacionales, sino por los propios "rojos". Especialmente en zonas como Cataluña y Levante...
Y por cierto, tan tuyos como míos son los unos y los otros.
Lo que sucede que algunos queréis revivir las guerras y buscar una excusa para imponer vuestras ideas por la fuerza cuando veis que por las urnas nadie traga con vuestras sandeces.
Pero sois más totalitarios que lo fue Franco y por eso tenéis tan difícil encaje en la España democrática.
Por cierto, Wagneriano, retratas perfectamente el espíritu fascista y totalitario. ¿Me pones una estrella en el brazo o me la pongo yo mismo?