Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Un galego leva o XXII Trofeo MacCrimmon

Edelmiro Fernández gaña o máis prestixioso trofeo mundial da gaita

Edelmiro Fernández foi escollido como mellor gaiteiro do mundo. Unha crónica que nos envía dende alá Suso Baleato.

Suso Baleato / Redacción - 11:56 06/08/2007
Edelmiro Fernandez / www.folque.com

Edelmiro Fernandez / www.folque.com

O xurado do Trofeo MacCrimmon de Gaita, o máis prestixioso galardón mundial de gaita, acaba de escoller a Edelmiro Fernández como o gañador da súa XXII edición. Tamén destacados na competición estiveron outros galegos: os gaiteiros Alberto Coya, Pablo De Vigo e Brais Paz.

O xurado, composto por membros destacados da comunidade musicolóxica, tivo que escoller entre os mellores intérpretes de gaita do mundo, entre os que unicamente figuraba unha muller; a bretoa Marie Le Cam. Na parte galega compoñían o xurado o coñecido gaiteiro ourensán Ivan Area xunto con José Manuel Lépez, profesor e músico. Ademais formaban parte os asturianos Jorge Areces e máis Eugenio Otero Vega, xunto cos bretóns Armel Denis e Jean Baron.

Os máis virtuosos en Gaita, Uillean e Higland Bagpipe


O MacCrimmon é un momento moi especial do Festival Intercéltico de Lorient. Nas súas modalidades de Gaita, Uillean e Higland Bagpipe escolle cada ano os mellores intérpretes, que son promovidos polas delegacións de cada unha das nacións celtas que participan nel. Recentemente este Torneo debeu mudar de nome debido ás restricións da lexislación francesa sobre o uso de marcas comerciais.

Con este premio, Edelmiro Fernández é premiado por cuarta vez, converténdose no gaiteiro máis galardoado deste torneo, situándose na elite dos mellores gaiteiros galegos. De personalidade reservada, este gaiteiro imparte aulas no Conservatorio Folque de Lalín, e é director da Banda de Gaitas de Outes, que este ano conseguiu pasar á Primeira Categoría na final da Liga Galega de Bandas de Gaitas.

Aquí abaixo, unha mostra de como tocou Edelmiro Fernández en Bretaña esta fin de semana:


4,79/5 (24 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: