Os populares fixeron o seu pedimento secundando unha proposta da Asociación de Vítimas do Terrorismo. O grupo italiano actúa o sábado nas festas ferrolás.
O grupo do Partido Popular no Concello de Ferrol solicitoulle ao alcalde, Vicente Irisarri, a través dun escrito presentado no Rexistro Municipal, a retirada do concerto que o grupo italiano Banda Bassotti vai dar o sábado na cidade, por considerar que os seus temas supoñen unha "posíbel apoloxía do terrorismo", querendo, segundo din, evitar que o concello financie "cos cartos de todos os ferroláns, a grupos que apoian a determinados colectivos, pouco ou nada comprometidos coa democracia".
Os populares aínda lle recriminan a Iolanda Díaz, concelleira de Cultura en Ferrol, terlle feito un oco á banda italiana no programa das festas, xa que para eles Banda Bassotti é "un grupo que defende a loita armada e que chega a xustificar a existencia dunha banda terrorista como ETA".
Acusan á Iolanda Díaz de "politizar as festas"
No seu comunicado, feito público na mañá da segunda feira, os populares de Ferrol tamén falan dun tento por parte da concelleira de Cultura de querer "politizar as festas", vinculando a celebración do concerto "ao movemento comunista ao que pertence Iolanda Díaz", á que chaman extremista, pedíndolle unha rectificación pública e un cambio no programa elaborado.
Referíndose á visita que Díaz fixo a Mugardos
Tamén, nesta listaxe de ataques contra a concelleira, o grupo liderado por Juan Juncal, denuncia que a líder de Esquerda Unida quere empregar as festas para "promocionar a súa causa" contra Reganosa. Díaz foi visitar hai uns días, acompañada dos cantautores João Afonso e Luis Pastor, os veciños que están a protestar en Mugardos contra o Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa, e logo estes deron un concerto na Praza de Armas ferrolá, algo que o PP ve como unha estratexia política.
Todo foi por unha canción...
A titulada Yup La La, en éuscaro, que os italianos incluían no seu cedé Así es mi vida (2003). A AVT fíxolla chegar tamén ao goberno municipal de Ferrol. Aquí podedes vela.
Velaquí deixamos un vídeo dos de Banda Bassotti, tocado no Festival Linguas Vivas, aquel que saltara á actualidade o mes pasado porque o PP compostelán tamén quería vetar a Fermín Muguruza, outro dos atractivos do cartel deste festival, incluído polo Concello de Santiago de Compostela no programa das Festas do Apóstolo. Finalmente Muguruza actuou, mais non dentro do programa das festas.
Xa esta está ben que estes fascistoides queiran prohibir todo o que non lles vai a pelo ou non entra nos parametros da súa peculiar visión de democrácia. Onde queren chegar a parar? denunciaranme a min tamen por dicir que son uns servos da extrema dereita que non fan máis que enleixar todo o que tocan? Non deben de ter nada que facer polas vitimas do terrorismo, o cal debera ser a súa función ( se é que ten sentido que teñan algunha función), xa que se adican e revisar os carteis das festas do país e a escoitar a determinados grupos a ver se os poden censurar. Xa está ben de aturar que os nosos impostos paguen as dietas (soldo fixo supostamente non poden ter) destes persoaxes (seique o Alcaraz cobra uns 200 euros diarios) para que se adiquen a enturbiar a vida politica do país en nome de escuros intereses que en nada benefician as vítimas.
Que filhos de piiiiiiiiiii !
Eu queria ir, mas com este tipo de publicidade nom colherá um alfinete...
Hahahahaha, a melhor é esta:
http://www.galicia-liberal.com...
"¿Pero quienes son estos de Banda Bassotti? Se podrían hablar muchas cosas de este grupo italiano pero basta decir el nombre de uno de los grupos con los que han colaborado durante su carrera profesional, para que nos quede claro de quien hablamos, y ese grupo no es otro que Negu Gorriak. Además de haber participado en multitud de conciertos realizados para financiar al mundo etarra."
Boh!, há que explicar-vos todinho:
Negu Gorriak:
Fermin Muguruza (Voz)
Iñigo Muguruza (Guitarra e vozes)
Kaki Arkarazo (Guitarra e vozes)
Mikel Kazalis (Baixo e vozes)
Mikel Abrego (Bateria)
Banda Bassotti:
Antxon (Voz masculina)
Yoyes (Voz femenina)
Pakito (Baixo)
Josu Ternera (Guitarra)
Sabino Arana (Trompeta)
Luzifer, alias Carod Rovira (Teclados)
Satanás, alias Arnaldo Otegui (Bateria)
ZP, Blanco & Rubalcaba (Coros)
Quedou claro?
Non lles chegou con que Soziedad Alcohólica foran descriminalizados polos seus -de aqueles- xuízes, agora contra a Bassoti e contra Muguruza e contra calqueira que defenda calquera cousa vasca en clave nacional.
É o de estes NAZIONALISTAS ESPAÑOIS (grannacionalistas)como o da viñeta: OTEGUI NON, IBARRETXE NON, PNV NON, VASCOS SÍ! Ben claro nolo deixan.
Quém sâo apologistas do terrorismo sâo as "Rondallas das Pepitas", as pepitas do carallo, como amam ao seu povo, como querem a sua cultura,como adoram seu idioma, ......... Vivan Las Pepitas!!!!, conachos do caralho.