Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
Visita oficial á rexión

"Un crecemento envexable"

A vicepresidenta Fernández de la Vega louvou esta semana "as cifras envexables de crecemento" que mostra a economía arxentina. Unha crónica de Débora Campos.

Débora Campos - 11:30 09/08/2007

"A economía arxentina mostra unhas cifras envexables de crecemento continuado, acompañado por un marco positivo de equilibrios macroeconómicos básicos, con superávits primarios descoñecidos para a Arxentina das últimas décadas". Ese foi o balance que trazou a vicepresidenta primeira do goberno español, María Teresa Fernández de la Vega, onte na cidade de Bos Aires. Á saida dun encontro co presidente arxentino, Néstor Kircher, a mandataria española loubou "as cifras envidiables de crecemento" que mostra a economía arxentina e salientou o compromiso co país que se reflicte nos 43 mil millóns de euros de investimento español.

A funcionaria do goberno de José Luís Rodríguez Zapatero comezou o día de traballo en Bos Aires cun almorzo organizado pola Cámara Española de Comercio, do que participaron executivos de firmas de capitais hispanos con intereses no país. Logo diso, mantivo unha reunión co presidente Kirchner na casa de Goberno.

Á saida e en conferencia de prensa, Fernández de la Vega loubou a situación arxentina e de contado destacou que ese crecemento dáse "con redución do paro e mellora doutros indicadores sociais como a pobreza".

A vicepresidenta do goberno español opinou ademais sobre un asunto polémico e delicado da actualidade arxentina: "É certo que como en todo proceso de cambio, especialmente cando o desenvolvemento é tan acelerado como experimenta a Arxentina, prodúcense desajustes puntuales como son as tensións inflacionarias ou a dificultade para acomodar a suficiencia energética ao forte aumento da demanda".

Segundo a vicepresidenta, "os españois coñecemos ben algunhas desas dificultades; e entre os nosos maiores acertos, ao facelles fronte, está construír e saber manter un modelo de concertación social laboral, un marco acordado entre goberno, sindicatos e patronal".

Ao almorzo de traballo realizado no hotel Alvear, asistiron executivos de Repsol YPF, BBVA Banco Francés, Santander Río, Gas Natural Ban, Edesur, NH Hoteis, Telefónica, Constructora San José, Bodegas Fournier, entre outras. Posteriormente, na sede diplomática de España na Arxentina, Fernández de la Vega, quen chegou o martes á noite a Bos Aires na última etapa dunha visita por seis países da rexión, informou sobre os detalles da reunión co presidente Kirchner.

"Puidemos constatar a extraordinaria relación que atravesan ambos países", dixo a vicepresidenta de España, recordando que as empresas españolas investiron 43 mil millóns de euros na Arxentina, que "nos converteron en líder mundial xunto a Estados Unidos".


5/5 (1 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 10/Agosto/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vai á apertura maior dos negocios para as corporacións para as que traballa!

COUTOVEN #2 16/Agosto/2007 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cualquier país crece así, si no fuera por los multimillonarios aportes de petrodólares Venezolanos en forma de bonos Venezolano-Argentinos. ¿Cuál sería la realidad?
Es muy fácil chulear a un pueblo como el venezolano aprovechándose de un irresponsable golpista como Chávez que con su chequera alegre se pasea por el mundo comprando conciencias en su faraónico Airbus. En América Latina se le conoce como “DON REGALON”.
Por cierto, ¿Por qué no se comenta? Lo del maletín con casi 800.000 Dólares que pretendían ingresar ilegalmente a Argentina en un vuelo privado donde viajaban altos funcionarios petroleros, argentinos y venezolanos. (Precisamente cuando DON REGALON visitaría el país austral)
¿Para qué fines se destinaria ese dinero? ¿Comprar conciencias de intelectuales?, ¿contar con jueces complacientes? ¿Nublar el espíritu crítico de periodistas e intelectuales? ¿Financiar la campaña electoral de la “PRESIDENTA”? ¿financiar la honesta y reivindicativa lucha de los piqueteros?
¿Cuántas maletas repletas de dólares paso Alejandro Antonini Wilson en varios viajes que realizo a Argentina durante este año?. Por cierto, el señor no está detenido salió del país como una mansa paloma.
¿Qué les parece? No solo la C.I.A compra conciencias

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: