Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Por causar "un alto número de baixas civís"

Oficiais británicos láianse dos bombardeos dos EUA en Afganistán

Amosan a súa preocupación porque están a socavar a confianza do pobo nas forzas de ocupación, gañada tras as recentes conquistas sobre os talibáns.

Redacción - 11:45 09/08/2007
Un soldado británico ás portas dunha casa da vila afgana de Barikju

Un soldado británico ás portas dunha casa da vila afgana de Barikju

O diario estadounidense The New York Times faise eco esta quinta feira do malestar existente entre a comandancia británica en Afganistán debido aos últimos bombardeos das forzas estadounidenses na zona meridional do país, que causaron a morte dun "elevado número de baixas civís".

Un oficial de alto rango citado polo rotativo neoiorquino sinalou en recentes datas que solicitara a retirada das forzas especiais dos EUA deste lugar, xa que a grande cantidade de mortos e feridos que provocaran facía moi complicado gañar a confianza dos seus habitantes.

Tamén outros altos mandos británicos expresaron a súa preocupación por que os avances conseguidos na relación coa poboación tras as recentes vitorias sobre os grupos talibáns fosen dilapidas por culpa da actuación das tropas estadounidenses, e que provocasen unha maior animadversión cara a presencia das forzas estranxeiras.

300 civís mortos en Helmand no que vai de ano

Un portavoz do exército dos EUA negou que fose solicitada a súa retirada por membros das forzas británicas, nin oficial nin oficiosamente, e desmentiu que fosen eles os causantes da maioría das vítimas civís na zona.

Fontes fiábeis calculan que só na provincia de Helmand preto de 300 persoas non militares morreron no que vai de ano, a maior parte a mans das forzas de ocupación, e as menos debido aos ataques dos talibáns.

Segundo o The New York Times este episodio evidencia as diferencias de criterio existentes entre as forzas da OTAN e dos EUA respecto das tácticas para combateren aos talibáns.


5/5 (1 votos)

Comentarios (3)

IgnacioMargall #1 9/Agosto/2007 IgnacioMargall
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pregunto: Son talibanes todos los ciudadados iraquies que de un modo u otro estan luchando contra las fuerzas de ocupacion que han invadido su pais para ROBAR petroleo? Son todos musulmanes siquiera? No hay ciudadanos laicos o al menos no talibanes luchando en la resistencia? Y, si los hay, contra esos no lucha el ejercito de EEUU? Lucha solo contra los talibanes? A ver si dejamos de repetir como loritos toda la mierda que viene de las agencias y usamos un poco el cerebro. A mi me parece que los ciudadanos iraquies tambien merecen respeto, o no? Es lo malo de los traductores automaticos...

xacataca #2 9/Agosto/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O mau non son os tradutores automáticos, o mau son os lectores automáticos coma ti, IgnacioMargall.

A nova fala de Afganistán, en ningún sitio se fala do Iraq ou dos iraquís. A foto é dunha vila afgana e o mapa é de Afganistán.

Ao imperialismo estadounidense dálle igual matar afgáns ou matar iraquís, mais neste caso hai matices: en Afganistán, son os talibáns os que levan a cabo a resistencia.

Polo que a min respecta pódenlles dar ben polo cu tanto aos talibáns coma aos estadounidenses (fillos de puta ambos os das dúas bandas); quen sofren e morren sen buscalo son os cidadáns.

Sara_Mago #3 10/Agosto/2007 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois embora Margall errou com o pais ;-) eu acho que o seu comentario segue a ter plena vigencia.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: