Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Incluída no LP 'Hitz urri batzuk' de 1975

A polémica canción da Banda Bassotti foi composta tras o atentado a Carrero Blanco

Os italianos interpretan unha versión do tema que popularizaron nos anos setenta o dúo de cantautores vascos Etxamendi e Larralde, titulado Yup lala! (E voou!). A UFGC uniuse á AVT na súa intención de acudir á Xustiza de ter lugar o concerto do sábado en Ferrol.

Redacción - 19:30 09/08/2007

A Asociación de Vítimas do Terrorismo (AVT) anunciou a súa intención de presentar unha querela contra o grupo de música Banda Bassotti por "enaltecemento" do terrorismo, así como estendela ao Concello de Ferrol se os artistas italianos "actúan coas súas cancións proetarras" durante o concerto previsto para este sábado con motivo das festas na cidade.

A polémica xurdiu debido a letra dunha das cancións que a banda inclúe no seu álbum de 2003, Así es mi vida. O tema, titulado Yup lala! (E voou!), foi composto tras a morte en 1973 do daquelas presidente do goberno español, o almirante Luis Carrero Blanco, a mans da ETA. Na canción gábase a acción do grupo armado.

Yup lala!
foi publicada en 1975 pola discográfica Herri Gogoa dentro do disco Hitz urri batzuk (Unhas poucas verbas) do dúo de cantautores euscaldúns Etxamendi e Larralde, segundo informou a Vieiros un representante de Elkar, actual editora das súas composicións musicais.

Irisarri, persoa non grata

Por outra banda a Unión Federal de Gardas Civís (UFGC) anunciou esta quinta feira que decretará ao alcalde de Ferrol, o socialista Vicente Irisarri, persoa non grata e, ao igual que a AVT, emprenderá accións xudiciais contra el e contra Banda Bassotti de ter lugar o concerto.


Ligazóns

4.88/5 (17 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: