As responsabilidades e presunta "malversación" no proxecto da Cidade da Cultura serán obxecto de estudo da Fiscalía, a quen a CIG-Administración lle fixo entrega forma da análise das contas. De paso, houbo críticas para o actual Goberno por non tomar a iniciativa ao respecto.
O informe do Consello de Contas sobre o Gaiás chega agora á Fiscalía, por iniciativa da CIG, colectivo desde onde consideran que o recente informe do Consello de Contas confirma as denuncias realizadas desde hai anos.
Por iso, solicitan a intervención do fiscal para "depurar a e esixir responsabilidades das autoridades e persoal ao servizo da Xunta que polas suas accións foron determinantes para a malversación e despilfarro de fondos do erario público e que teñan incurrido en dolo, culpa ou neglixencia graves". Insisten en que persoas do anterior executivo e particularmente responsábeis do equipo da Consellaría de Cultura durante o goberno de Manuel Fraga deben responder polos presuntos delictos que poderían atribuírselles no contorno deste proxecto.
Ampla lista de temas a investigar
Entre os detalles que o sindicato considera que deben ser investigados polo miúdo, están a presunta malversación de fondos públicos, que se derivaría do desfase orzamentario producido tal e como sinala o informe do Consello de Contas. Tamén chaman a estudar se a cantidade recibida polo arquitecto e as condicións da adxudicación lle permitían delegar a dirección das obras e contratar un equpo técnico no canto de asumir a obra directamente.
Por outra parte, chaman a investigar as cantidades recibidas polas empresas colaboradoras e subcontratadas así como os criterios de adxudicación e a posíbel duplicidade de funcións entre o propio arquitecto e estas. Doutra volta, subliñan o presunto descontrol na contratación do persoal da Fundación Cidade da Cultura, onde non se terían em conta os criterios de igualdade de oportunidades, mérito e capacidade. Ademais, consideran obxecto de investigación as irregularidades na vixiancia das obras.
Reproches ao actual Goberno
As críticas do sindicato chegan tamén ao executivo actual, ao que lle atribúen "pasotismo" ao entender que non se tomou a iniciativa para investigar as presuntas irregularidades en adxudicacións e contratacións. Por este motivo, anuncian que solicitarán a comparecencia no Parlamento unha vez máis da conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, para explicar "as medidas destinadas a arranxar este despropósito".
Ao respecto, a propia conselleira respondía este luns, recordando que foron xa varias as ocasións nas que compareceu na Cámara para explicar os detalles do proxecto así como a súa reformulación. Bugallo tamén lembrou que a maioría de cuestións que recolle o informe do Consello de Contas xa formaban parte da propia escolma de denuncias que ela mesma destacou durante a súa primeira intervención parlamentaria.
Que ben que listos que eran todos, sindicatos, partidos políticos, xornalistas, todos sabían do despropósito que se estaba a cometer e ninguén dixo nin mú, e agora todos falan, pero ninguén se atreve a denunciar, ou anda en ver quen é o se atreve a facelo.
U-lo Fiscal anticorrupción?.Non actúa de oficio?. E, o porto exterior da Coruña, como vai...? (en euriños)
Non sei se pretendes comparar a Cidade da Cultura co Porto Exterior da Coruña, pero se é así direiche que o Porto se constrúe con fondos da Unión Europea y será finaciado coa venda dos terreos desafectados no actual porto, cousa que non se fai en ningún outro porto do Estado, ademáis a súa construcción vai moi adiantada, cousa que non pasa na Cidade da Cultura e pagada por todos nos.
Anxo. O porto exterior não suportaria nenhuma auditoria responsável,bem que o sabem os seus promotores. Algum dia o saberemos todos. E adiantadas vão as vidas dos que lá morreram, certo! E o que pensar como decissão política...o que dizer! C'o porto exterior do outro lado, o de Ferrol... pois é que aqui sobram dinheiros! a mesma desfeita que o Gaiás, a mesminha.
Anxo. A CIG presentou denuncia ao Consello de Contas para que investigara e fixera informe, o dia 12 de outubro de 2004,e foi publicado nos médios de comunicación o 13 de outubro, ao que respostou a Conselleria de Cultura ese mesmo dia, ás 14:30 horas xustamente neste médio, en Vieiros. Unha vez emitido o informe do Consello, a CIG presentallo á Fiscalia. Asi que a CIG dixo mu, e denunciou e denuncia.Saudos nacionalistas e de clase.
Mariacharco, xa sei que a CIG o denuncia, e aledome, xa sei que Vieiros o denuncia, ao igual que o de Reganosa, e xa o dixen noutras ocasións que é un dos poucos medios que denunciaron e denuncian feitos que outros calan, a eses refirome, a os que agora veñen a descubrirnos cousas que outros xa fixeron antes, pero que ainda non se atreven a denuncialo, sintoo se non se entendeu o que quería expoñer.
O de remedios, a UE non inviste cartos sen auditorias e informes previos, os mortos na obra non teñen nada que ver co investimento, senon coa seguridade laboral non misturemos, e o porto de Ferrol ata o de agora conviviu co da Coruña, e os dous funcionan e complementansen, non sei a que ven agora a que non poda haber dous portos cando existiron toda a vida.