Pablo Fernández, co-autor d'As Crónicas de Gáidil, que se presenta este mércores na Coruña, falou con Vieiros sobre o primeiro xogo de rol que se publica en galego.
O mércores ás seis e cuarto da tarde no Salón do Cómic da Coruña, Viñetas dende o Atlántico, darase a coñecer As Crónicas de Gáidil, obra de Pablo Fernández Otero e Nacho Rodríguez Domínguez, con ilustracións de Víctor Rivas e editado por Difusora de Letras, Artes e Ideas.
Vieiros: Que perspectivas de éxito ten unha publicación como As Crónicas de Gáidil?
Pablo Fernández: O importante é que tamén existan xogos de rol na nosa lingua, do mesmo xeito que están O Señor dos Aneis ou Harry Potter en galego. É importante que se venda, pero máis que se venda en galego, se lea e se xogue en galego. Ademais, un só xogo de rol pódeo empregar moita xente. É como se fose un balón de fútbol: pásase de uns aos outros.
V: Ademais de ser en galego, Galiza ten protagonismo no xogo?
P. F.: Toda a ambientación é galega. Desenvólvese nun mundo chamado Gáidil, pero a zona máis descrita nel, Gael-leach, é unha especie de Galiza vista nun espello borroso. Hai unha identificación clara coas cidades do país: Libredón é Compostela, Breogantia, A Coruña, Atlantia, Vigo...
V: Hai moita afección polo rol en Galiza?
P. F.: É imposíbel dar un número exacto. Os xogadores de rol son unha especie á parte. Hai moita máis xente da que pensas. Hainos que xogan en privado e non participan en actos públicos, aínda que compran, e consumen. Senón, non habería tantas tendas nas grandes cidades galegas, e que son rendíbeis. É imposíbel sabelo. Hai xente que xoga pouco, outros xogan moito... Tentar facer un censo é difícil.
V: Pode contribuír a que medre a afección o feito de ser en galego?
P. F.: Creo que se vai interesar moita xente, porque ademais de ser unha rareza, é un xogo novo, unha achega nova, un sopro de aire fresco. Pensamos que pode chamar a atención de xogadores que levan moito tempo, e tamén de outros novatos. É a hora de atraer a rapazada, a xente que leva menos tempo xogando e que non ten os tópicos na cabeza. Poden aprender léxico en galego deste “idioma roleiro” que os que levamos máis tempo temos moi castelanizado.
V: A presentación dun xogo de rol nun salón de banda deseñada non parece unha casualidade. Hai coincidencia dos dous públicos?
P. F.: O xogador de rol medio é unha persoa que se interesa por moitísimas cousas: os videoxogos, algo de cómic, tamén algo de determinado cine, determinada música (sobre todo heavy metal). Hai cousas que están aí vencelladas e que dalgún xeito nos unen. Un xogador de rol medio ten moitos gustos e sofre moito, porque un non pode mercar todo o que desexaría.
V: Xa se poderá mercar o xogo no Viñetas dende o Atlántico?
P. F.: O libro vaise publicar en setembro. Daquela faremos un acto de presentación pública. O que faremos o mércores será conseguir que a xente saiba que existe, que se vexa que hai unha editorial que se atreveu a facelo e un Goberno que se atreveu a financialo. É un xeito de demostrar que o rol non é algo de catro friquis senón que é unha realidade.
So falta que se entere o antigalego Feijoo, ese que quere que desapareza o galego do ensino, no nome da liberdade de eleccion. Claro que se olvida que aqui se castelanizou Galiza logo de decadas de dictadura e 16 anos de fraguismo. Co cal a lingua galega non pode competir e igualdade co castelan no ensino, pq a maioria dos pais falan castelan, os medios de comunicacion estan en castelan, as empresas en castelan, os funcionarios en castelan.
No lugar de traballar todos pola defensa da nosa lingua (patrimonio de todolos galegos) para que non desapareza, temos un partido (o PP) que vai no camiño contrario.
Claro, claro...defender la libertad de elección del idioma, un derecho constitucional de los padres, es ser antigallego. Porque para ser buen gallego hay que aprender el idioma por decreto, y votar al BNG, y pensar de la misma forma totalitaria y naci que gente como tú, ¿no, Gaias?
En fin, por más que se empeñen tipejos totalitarios como este, cuanto más se obligue a hablar gallego más rechazo se creará respecto a este idioma en la población que no tiene el gallego como lengua materna y que es una gran mayoría de los gallegos.
Dejad de utilizar ya el gallego como un arma política y empezad a considerarla una herramienta de comunicación. Ese día empezará a crecer el número de gallegoparlantes.