Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PPdeG concede que é importante que "todos coñezan" a letra

O blogomillo fíxase na "ridícula interpretación" que El Mundo fixo sobre o himno

As bitácoras reparan na polémica pola paradoxal análise realizada nas páxinas do diario español.

Redacción - 12:00 22/08/2007
Eduardo Pondal, rebautizado como "Arturo Pondal"

Eduardo Pondal, rebautizado como "Arturo Pondal"

"O máis sorprendente do caso non é a intención claramente denigratoria que o periódico de Pedro J. acomete cara un dos símbolos nacionais de Galicia (e por extenso co pobo galego), senón a paupérrima argumentación e documentación (tradución ao castelán do texto de Pondal, incluída) que utiliza, absolutamente impropia dun chamado xornal de referencia", escribe Brétemas no seu artigo titulado Himno galego, o ridículo de El Mundo.

"O diario El Mundo, tabloide famoso por unhas mochilas, ven de meterse co himno galego e a súa letra a raíz dunhas palabras de Anxo Quintana, que dende logo comparto", comenta Nico na bitácora Papar e Vivit no artigo titulado Ataque ao noso himno", onde se laia do "gran descoñecemento de Galiza" que amosa o artigo do diario español.

"Esta é se cadra a noticia máis manipulada, tendenciosa, torticera, demagoga, facha...(quedo sen adxectivos) que publicase o periódico de Pedro Jota en moito tempo", sinala Nacho Mirás no seu blog Rabudo, baixo o título El Mundo si que nos insulta.

O PPdeG recoñece a "importancia" do símbolo
"Hai quen fala da Nazón de Breogán, personaxe que non existiu nin en Irlanda, e que está nun himno composto por un poeta, o gran bardo Eduardo Pondal, pero non por un historiador, como tamén se fala dos suevos, que foron os máis bárbaros dos bárbaros", comentaba Manuel Fraga hai un ano en entrevista para o diario ABC e ao fío da lea estatutaria, "Falan de Nazón de Breogán porque está nun himno rexional, estreado en Cuba, por certo", dicía o ex presidente.

Desde a actual dirección do PPdeG, o vicesecretario xeral da formación, Diego Calvo, expresaba este martes en resposta aos xornalistas sobre a recente polémica que ao igual que o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, o PPdeG tamén pensa que o himno "debe ser coñecido por todos". Así e todo, Calvo subliñou que "hai problemas máis importantes sobre os que se debería ocupar o Goberno". Ao fío das escolas, o popular referiuse por exemplo aos comedores escolares "problema aínda sen arranxar".

Malia esa posición oficial do PPdeG, algúns blogueiros galegos próximos ao contorno popular semellan apoiar a perspectiva de El Mundo, caso de Elentir ou Nosotros somos Nuevas. Así por exemplo, Elentir considera que este debate sobre o himno debera abrirse antes e opina que se trata de "inventar unha identidade galega máis ben artificial".


5/5 (17 votos)


Comentarios (6)

Gaias #1 22/Agosto/2007 Gaias

Agora vannos dicir os dos madriles coma ten que se ou non o noso hino. Un himno con mais de 100 anos,que reflexa o sentir do pobo galego e as suas aspiracions, e que nunca estivo en cuestionamento.
E realmente lamentable que alguns galegos con autoodio no nome de Espanha cheguen a atacar o propio, xa sexa a lingua ou o himno.
Ogalla esos aos que serven non rematen dandolles unha padada no cu, pois son os mesmos que permiten que a RAE nos defina coma "tontos" e "tartamudos" e que toda a vida levan tratando os galegos coma paletos, desprestixiando a nosa lingua,ridiculizando o acento dos galegos, e considerandonos coma "cidadans de segunda".
Non existe hino mais fermoso que o hino galego. Os que o critican e pq non se senten galegos, e se non se senten galego, xa teñen o seu hino,ese que nin letra ten (O español), logo que deixen en paz o noso.

haiqueroelo #2 22/Agosto/2007 haiqueroelo

Como coas mochilas, sempre hai máis Elmundistas que Elmundo

atoladomonte #3 23/Agosto/2007 atoladomonte

cal é a acepción que utilizan os do periódico el mundo cando se refiren aos galegos?

http://buscon.rae...

tal vez a 5? ou a 6?

por que non falan os de el mundo de estos insultos oficiais que se recollen na real academia española?

Jatopardo #4 23/Agosto/2007 Jatopardo

Perdoade que poña aquí esta mensaxe, pero non sabia onde poñela.

Publica hoxe El Correo Gallego a todo trapo que a xefa do Servizo do Valedor do Pobo, "Pepa Castro ya está en O Son tras su escapada a ver los toros en Málaga".

Será posíbel!!! pero nese departamento non hai unha persoa decente? O Defensor do Pobo cos seus problemas cos suspensos da lingua galega que poden causar un trauma aos rapaces (¿e os suspensos en matemáticas non traumatizan?), e esta presumindo que vai a Málaga expresamente a ver asasinar un animal inocente.

http://www.elcorreogallego...

Pobres de nos, en mans de quen está a oficina do Valedor!!!

manelon #5 23/Agosto/2007 manelon

Eu penso que o problema é que a xente non entende a importancia que a lingua ten para nós. Nosoutros como pobo temos que loitar para asegurar a existencia e incremento da nosa lingua e o noso pobo, e despois polo sustento dos nosos fillos e a conservación da pureza da nosa lingua. En xeral, non debe esquecerse que a finalidade suprema, ou a razón de ser, dunha sociedade ou dun goberno, é conservar a lingua. Pois, son as linguas estrañas o que roe o organismo da nosa nacionalidade. É repugnante o balbordo de linguas reunidas na capital da monarquía española. Descomponme a soa idea de ver aquela Babilonia das linguas. Ao contrario, a disminucion do número implica fortalecemento e consolidación da lingua propia. O Estado nada ten que ver cun criterio económico determinado ou cun proceso de desenvolvemento económico, senón que o seu obxecto é a organización dunha comunidade de seres morais, conscientes e responsables, coa finalidade máis alta de mellorar as condicións de conservación da lingua. Neste sentido os ataques á lingua constitúen o grande erro dun pobo que camiña cara ao fracaso. Tampouco o matrimonio pode ser considerado coma un fin en si mesmo, senón que debe servir a un obxectivo máis alto ca el, como é a multiplicación e normalización da lingua. Xa que é a lingua a condición previa da existencia da nosa vida en sociedade. Para a nosa supervivencia como pobo temos que facer da cuestión da lingua o punto central da nosa vida xeral. Temos que crer fanaticamente no carácter invencible da nosa lingua. A culminación da tarefa educativa do Estado ten que consistir en levar aos corazóns da xuventude o cariño pola lingua. Ningún mozo debería deixar a escola sen acharse compenetrado co que significa a conservación da lingua. A educación é o alicerce sobre o que se ergue o carácter nacional de todo galego, consciente da súa lingua e da súa patria. Aínda moitos dos nosos concidadáns pasa como cegos ante o feito do envelenamento da nosa lingua, practicado de maneira sistemática pola español. Pero o noso futuro non radica na importancia do triunfo da esquerda ou da dereita, senón en saber se a lingua subsistirá ou desaparecerá. Tamén a nosa proxección cara ao exterior ten que asegurar que a conservación da lingua, establecendo unha relación natural, vital e sa, entre a densidade e o aumento da poboación, por unha banda, e a extensión e a calidade do solo no que se habita, polo outro.

afonsoriscos #6 23/Agosto/2007 afonsoriscos

Esta é unha mostra máis do que os axentes colonizadores do centralismo españolista consideran que é o bón para os galeg@s, o seu desprezo pola nosa cultura e feito nacional xa raia na xenofobia pura e dura dos que aínda cren na raza española e na súa superioridade sobre os pobos "unificados" polos Reises Católicos, a maior gloria do Imperio. Fan apoloxia do xenocidio, tanto o cometido na Peninsula coma no resto do seu glorioso imperio, no que seique nunca se poñia o sol. salvo para os milleiros de persoas que a raíz do xenocidio racista e católico do imperio hespañol, viron como desaparecían as súas familias, culturas, linguas, e nacións libres para crear un revoltixo colonizado (seique agora sería un mundo globalizado) e castelanizado, que ensombrecería e ruborizaría os grandes fascistas do mundo. Abaixo o dogmatismo centralizador e neofascista hespañol!!!!
absteñanse de contestar gaivotos e paxaros de mal agoiro.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: