Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A ASOCIACIÓN PORTICO DA GLORIA PIDE A SÚA REHABILITACIÓN

Antenas "nacis" para un concurso de radioafeccionados en Cospeito

Serviron para falar cos submarinos na Batalla do Atlántico e hoxe, propiedade do Ministerio de Defensa, están en ruínas

Redacción - 14:15 22/08/2007
Foto J.C. Pappalardo

Foto J.C. Pappalardo

A Asociación de Radioafeccionados Pórtico da Gloria (ARPG) organiza un concurso internacional este fin de semana en Cospeito. O principal atractivo da iniciativa é que se usarán antenas instaladas neste concello polos nazis na Segunda Guerra Mundial.

Os alemáns, coa colaboración de Franco, montaron en 1939 tres antenas de 112 metros para comunicarse cos seus submarinos e avións que participaban na Batalla do Atlántico.

Curiosamente, as antenas avariáronse e, como Alemaña non logrou mandar repostos, foron reparadas con material do Reino Unido. Segundo a ARPG, isto proba que “as antenas foron utilizadas polos dous bandos”.

Unha das antenas xa caeu
A base de transmisións, que hoxe é propiedade do Ministerio de Defensa, atópase en ruínas. De feito, unha das tres antenas -separadas entre si case tres quilómetros- caeu nun temporal este inverno. Malia todo, a ARPG vainas empregar por vez primeira en moitos anos para poñerse en contacto con todo o mundo.

Só hai cinco iguais

A APRG quere usar o acto para chamar a atención sobre este patrimonio que, de ser rehabilitado, “pode ser explotado como atractivo turístico”. E é que no mundo so existe cinco instalacións semellantes as do lugar , que seguiron en funcionamento ata 1980.


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Comentarios (2)

Barcelos #1 22/Agosto/2007 Barcelos

As antenas non teñen ideoloxía política así que malamente poden ser nazis. A ver se facemos como o exército que se arresta a un canón, a unha estrada ou a un burro...

outrolector #2 23/Agosto/2007 outrolector

José Cadaveira, Galicia no es la costa noroeste de España, hombre. A ver si redactas mejor lo que pones en esa web. Cuantos añitos tienes? Y ya sabes escribir en inglés! ¡Que aventajado!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: