Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'Los pichones' de Kamasutra TV

Parellas colombianas compiten nun reality sexual

Algúns concursantes foron despedidos dos seus traballos ao saberse da súa participación no espazo.

Redacción - 17:09 23/08/2007

Unha cadea de televisión por cable colombiana, Kamasutra TV, especializada en contidos eróticos do país, está a ter un enorme éxito co seu polémico reality show Los pichones. A canle de pago de Medellín xa conta con máis de 800 subscritores, que teñen a oportunidade de xulgar a habilidade sexual das dúas parellas concursantes.

Os participantes teñen que superar probas que consisten na práctica de todo tipo de xéneros sexuais, aínda que tamén hai espazo para a arte, como ter que pintar un cadro mentres trebellan. Os equipos Cunnilingus e Felación compiten para gañar o premio á máis erótica de Colombia.

Pero participar neste concurso tamén ten os seus riscos. A difusión das imaxes do programa custáronlles cadanseu emprego a dous concursantes. Unha muller, empregada nun banco, e o seu home, xefe de compras nunha construtora, foron despedidos despois de se coñecer a súa participación en Los pichones.

A produtora 17-26 recibe diariamente multitude de aspirantes, aínda que o que se busca é xente anónima, da rúa, “non xente maior nin tipos lanzados que chegan aquí só para gañar diñeiro”, explicou o produtor Christian Cipriani.

A cadea Kamasutra TV foi creada hai un ano baixo a dirección de Andrea García como unha alternativa ás “louras perfectas de Playboy” e cunha aposta pola produción propia e contidos divulgativos ademais dos puramente eróticos.


4,14/5 (7 votos)


Comentarios (3)

O_Castrexo #1 23/Agosto/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por qué non se fai iso na TVG? Eu o propoño en lugar do Luar.

baltar69 #2 24/Agosto/2007 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

paréceme unha interesante proposta para levantala audiencia do canle autonómico, castrexo. resultaría moi edificante para todos aqueles que non vemos máis que latrocinio y demagoxia por todos lados. por qué teño que soportalos partidos do celta ou o gayoso si a mín o que realmente me gusta, o que máis me tira, é ver como foden un de vigo cunha da coruña? en américa sempre van por diante, mentras que a vella auropa soio se afana para amosala consagración da sagrada forma en tempo real. estamos apañados!!!

BonKarallan #3 24/Agosto/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Baltar69 con ese nome seguro que a ti che deixan participar, en cambio a min non, porque o mesmo dáme a risa e fódolles o programa.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: