Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: colombia

hai 4 dias /

Galiza gaña o I Campionato Internacional de Trasancos

Esta fin de semana desenvolvéronse os encontros que xuntaron equipos de fútbol 7 das comunidades emigrantes de Ecuador, Colombia e Uruguai e Galiza.


24/Abril/2008 /

Uribe recoñece que é investigado por presuntos vínculos cos paramilitares

O presidente de Colombia estaría relacionado directamente co asasinato de quince labregos en 1997.


Iván Márquez
19/Abril/2008 /

As FARC cualifican o TLC de "grillón da escravitude moderna"

A Axencia Bolivariana de Noticias entrevista a Iván Márquez, integrante do Secretariado da guerrilla.


14/Abril/2008 /

Enfrontamento político en EUA polo asasinato de sindicalistas en Colombia

Dende xaneiro morreron dezasete, un 70% máis ca en 2007. A cifra reaxiu tras as manifestacións das organizacións de traballadores contra os paramilitares.


31/Marzo/2008 /

O exército colombiano "mata labregos" e fainos pasar por guerrilleiros

Asasinados no último lustro un milleiro de persoas alleas ao conflito.


28/Marzo/2008 /

Uribe excarcerará os presos das FARC se liberan os seus reféns

O presidente colombiano asinou a autorización para acadar unha solución humanitaria.


8/Marzo/2008 /

Un apertón de mans entre Uribe, Chávez e Correa ponlle fin á crise

Os presidentes de Colombia, Venezuela e Ecuador comprométense a traballar a prol da paz.


7/Marzo/2008 /

Nicaragua racha as relacións con Colombia

Durante o anuncio, o presidente nicaraguano, Daniel Ortega, expuxo que non está satisfeito coa resolución da OEA e agarda que se faga "unha condena clara ao crime".


6/Marzo/2008 /

Malia o acordo, Ecuador esixe unha condena internacional firme contra Colombia

Correa reuniuse esta quinta feira con Chávez que retou a Uribe a denuncialo no TPI. Este último comprometeuse "a non repetir" unha operación coma a do sábado.


5/Marzo/2008 /

Contra o "apoio do Estado Español ao goberno paramilitar de Colombia"

A protesta está organizada por varios colectivos coma Verdegaia, Amarante, Altermundo, Caleidoskopio e GAS.


4/Marzo/2008 /

Uribe denunciará a Chávez ante o Tribunal Penal Internacional

O presidente colombiano acusa o seu homólogo de Venezuela de "patrocinar o terrorismo" e "financiar xenocidas".


4/Marzo/2008 /

"Uribe fomenta a actividade terrorista; non lle interesa o proceso de paz"

O representante venezolano en Galiza comenta para Vieiros os últimos acontecementos do conflito armado en Colombia.


4/Marzo/2008 /

Na procura dunha "explicación convincente"

Carlos Álvarez, presidente da Comisión de Representantes Permanentes do Mercosur, considerou que Bogotá debe xustificar a incursión militar en territorio ecuatoriano. Este martes, a presidenta arxentina viaxa a Caracas.


4/Marzo/2008 /

Correa: "O ataque colombiano frustrou a liberación de Betancourt"

O presidente de Ecuador afirma que o seu país e Francia estaban a negociar con Raúl Reyes. Este martes reúnese a Organización de Estados Americanos.


3/Marzo/2008 /

Colombia insinúa que Ecuador colabora coas FARC

A pesar de que Bogotá se desculpa pola acción militar, a crise diplomática afonda coas acusacións sobre presuntos vínculos do goberno ecuatoriano coas FARC.


2/Marzo/2008 /

Chávez ordena o traslado de tanques á fronteira con Colombia

O presidente de Venezuela advertiu que non tolerará que o exército colombiano viole a súa soberanía para combater ás FARC.


27/Febreiro/2008 /

As FARC liberan catro ex deputados retidos dende 2002

A guerrilla advertiu que non haberá máis liberacións até que se desmilitaricen dous pobos do Valle del Cauca.


29/Xaneiro/2008 /

'Simón Trinidad', de banqueiro de Harvard a guerrilleiro das FARC

Estados Unidos condena a 60 anos de cárcere o dirixente do grupo armado polo secuestro de tres axentes do Pentágono.


14/Xaneiro/2008 /

Chávez: "Non estou de acordo cos secuestros nin coa loita armada"

O presidente de Venezuela quérese reunir con Marulanda, líder das FARC, para tratar o tema. Ademais, dixo que o golpe de 2002 buscaba prexudicar a Lula.


13/Xaneiro/2008 /

Chávez: "Os imperialistas son os primeiros interesados en que non haxa paz en Colombia"

O presidente de Venezuela pide que as FARC deixen de ser consideradas un grupo terrorista.