Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Curtas Minhotas

Galiza e Portugal, unidos polas curtametraxes

Catro filmes de cada un dos dous países proxectaranse en Vila Nova de Cerveira e en Tomiño a primeira semana de setembro.

Redacción - 13:36 23/08/2007

O mes de setembro comeza cunha iniciativa audiovisual que abre pontes entre os dous países. Curtas Minhotas unirá Vila Nova de Cerveira, en Portugal, e Tomiño, en Galiza, coa proxección de oito curtas: catro portuguesas e catro galegas.

A sesión inaugural desenvolverase o 4 de setembro no auditorio municipal de Vila Nova de Cerveira, ás nove e media da noite (hora portuguesa), e a de clausura o día seguinte, na Praza de Goián de Tomiño, ás dez e media (hora galega).

A representación de filmes galegos intégrana Carne de cañón, de Darío Fernández Ignacio (8’), Cousas do Kulechov, de Susana Rei Crespo (21’), A meiga chuchona, de Pablo Millán (7’) e A flor máis grande do mundo, de Juan Pablo Etcheverry (10’). Por parte portuguesa, proxectaranse Pago para ver, de Luís Manuel Almeida (6’ 30’’), Frio, de Artur Serra Araújo (13’ 30’’), O operário em construção, de E. Nascimento e P. Canotilho (15’) e A língua que nos une, de varios autores (7’).

O festival, de espírito transfronteirizo, está organizado por Audiência Zero, a través do proxecto Eixo Norte/Galiza, a produtora Mr. Misto Films e a Axencia Audiovisual Galega. O programa pretende ser a pedra fundadora dunha mostra de cinema que se desenvolverá na rexión miñota, e servirá tanto para o encontro dos profesionais e cinéfilos galegos e portugueses como un xeito de gozar ao ar libre de dúas cinematografías moitas veces esquecidas nos seus propios países.


4.43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: