Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os inspectores debían entrar este xoves

Ábrenlle expediente á familia Franco por botarlle o fecho ao Pazo de Meirás

Até 60 mil euros de sanción poderían afrontar os herdeiros de Francisco Franco despois de bloquear o acceso dos técnicos.

Redacción - 15:30 30/08/2007
Pazo de Meirás

Pazo de Meirás

Para a mañá deste xoves estaba previsto que os técnicos accedesen ao Pazo de Meirás. Así llo comunicara xa a Dirección Xeral de Patrimonio á familia Franco. Tratábase dun paso imprescindíbel para a elaboración do informe a partir do cal se tramitará a declaración do Pazo como Ben de Interese Cultural.

Porén, o acceso foille impedido aos técnicos e un avogado en representación da familia argumentou o "dereito á inviolabilidade do domicilio" e o contencioso administrativo interposto no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia como escusas para a negativa.

Con todo, a decisión dos herdeiros de Franco de non consentir o paso dos responsábeis da Consellaría de Cultura, implicará a apertura dun expediente sancionador contra eles. Así, poderían enfrontar multas de até 60 mil euros por negar a entrada a un inmóbel patrimonial catalogado.

Pola súa banda, Cultura recorrerá á vía xudicial para poder exercer o seu dereito á inspección do pazo. Nos vindeiros días solicitará esa autorización no xulgado contencioso-administrativo.

O proceso xudicial estende a loita cidadá
Hai poucas semanas, o pleno do Concello de Sada aprobou unha declaración apoiando esa declaración de Ben de Interese Cultural, que a Xunta proxecta desde hai meses. De ir adiante, os herdeiros de Franco quedarían obrigados a abrir as portas do Pazo de Meirás durante catro días cada mes, permitindo as visitas.

Por outra parte, a loita veciñal vén de moito máis atrás, e colectivos como a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica, téñense manifestado diante do Pazo reclamándolle á familia do ditador que llo "devolva" aos cidadáns.


4,68/5 (19 votos)


Comentarios (19)

ecoe #1 30/Agosto/2007 ecoe

A ver si os pazsos reais tamén son reclamados, seguramente son ben de interese cultural, mesmo para a cultura do pánico

herculino #2 30/Agosto/2007 herculino

Aí, de non ser pola cousa do patrimonio, había que entrar con ariete

BonKarallan #3 30/Agosto/2007 BonKarallan

Pois claro, alí só pode entrar o "Matrimonio" ...

...da neta de Franco: "Doña Carmen Martínez-Bordíu & compaña"

Albert #4 30/Agosto/2007 Albert

Aaaaaaiiiii, se este país fora normal esa familia tería que estar no exilio ou no cárcere.

jujolor #5 30/Agosto/2007 jujolor

pareceme moi ben, deberian abrir as portas todo o ano


SEMPRE EN GALIZA

Gaviotero #6 31/Agosto/2007 Gaviotero

Creo que la familia Franco está temblando de miedo...¡jajaja!

Algunos que no fueron franquistas en toda su vida, ahora se las tienen que dar de antifranquistas, aunque sea así, para aparentar...

guillerme #7 31/Agosto/2007 guillerme

Este patrimonio é exclusivamente galego polo que é necesario que se recupere para Galiza, polas boas ou polas malas xa que eles non conseguiron esa propiedade de xeito lícito; conseguírona roubando así que é necesario que se recupere para que se acabe esta vergoña.

Anxo #8 31/Agosto/2007 Anxo

O da Familia Franco e normal a ninguén lle gosta que lle declaren a súa casa Ben de Interese Cultural para que a visiten, pero fora de ese razoamento, mereceme máis atención o seguinte, eu non pediría a Declaración de Ben de Interese Cultural senón a sua devolución, xa que declaración de Ben de Interese Cultural obrigarialle a familia Franco a abrir as portas catro días ao mes e total para que?, quen iría ver a casa de Franco?, supoño que algún nostalxico, pois ben que saibades que apertura de casa non é gratuita, xa que tería ser compensada económicamente, así que ainda por riba de que se encha a zona de nostalxicos da época de Franco, lle temos que pagar a familia por ensinarnos a súa casa. De verdade parece mentira que non haxa cousas máis importantes neste país que facer e nas que gastar os cartos.

Anxo #9 31/Agosto/2007 Anxo

Ademáis do dito, a ser Ben de Interese Cultural, podería recibir subvencións para o seu mantemento e conservación.

Tino #10 31/Agosto/2007 Tino

Será q non aprendemos nunca?
A ilha de Cortegada regalada ao rei borbónico q a vendeu por 60 milhóns de pesetas, e agora a TODOS custa-nos case 200 millóns.
O pazo de Meirás regalado a esa familia de ladróns e asasinos, e enriba ter q aguantarmos isto: desprezo das autoridades galegas!
EXPROPIAÇOM IMEDIATA!

Gaviotero #11 31/Agosto/2007 Gaviotero

El gobierno gallego regalado por los nacionalistas al PSdeG...pronto nos enteraremos lo que nos ha costado a todos los gallegos.

teixugo #12 31/Agosto/2007 teixugo

Se vos cria uma Ninhada de Ratos no canastro sabedes como se vota fora?
Colhem-se uns molhos de palha centea e... fumo e fogo!!

Sera por isso que o povo galego do sul di... FOGO NOS ESPANHOIS!!!!!!!!!!!!!!

Ninhada de RaaaaaaaTooooooooS!!!!
FOGO NOS ESPANHOIS!!!!!!!!!!!!!!!

Anxo #13 31/Agosto/2007 Anxo

Teixugo con todo o repecto do mundo, non tes outra forma de argumentar, cansas sempre ca mesma histiria, fixate:

(hai 32 minutos) Se vos cria uma Ninhada de Ratos no canastro sabedes como se vota fora?
Colhem-s...
(hai 33 minutos) Se vos cria uma Ninhada de Ratos no canastro sabedes como se vota fora?
Colhem-s...
(hai 34 minutos) Se vos cria uma Ninhada de Ratos no canastro sabedes como se vota fora?
Colhem-s...
(hai 34 minutos) Se vos cria uma Ninhada de Ratos no canastro sabedes como se vota fora?
Col...

Catro novas distintas e un comentario igual para todas elas, seica non tes máis argumentacións, se non sabes argumentar o expoñer a tua opinión, por favor polo ben de todos e de ti mesmo intentao, agradeceríamoscho moito, de verdade que gostaríanos saber a túa opinión como as de outra xente para poder compartir, argumentar ou rebatir. Digocho xa che digo con todo o cariño do mundo.

Gaviotero #14 31/Agosto/2007 Gaviotero

Yo no lo hubiera dicho mejor, Anxo...

teixugo #15 31/Agosto/2007 teixugo

Respecto ?

A Bom entendedor...

NInhada de ratos!!!!!!!

teixugo #16 31/Agosto/2007 teixugo

Tambem pago por visitar, se eu quero, o paço de Oca e BEM merece a pena o pequeno Versailles Galego.

Com todo o amor do mundo para Anxo.
Saudações.

Para...


NINHAAAADA de RRrrraaaaaattttttttoooooooossssssssss!!!!!!!!!!

Anxo #17 31/Agosto/2007 Anxo

Grazas teixugo, sempre será agradable poder leer os teus comentarios ainda que os asines coa mesma frase. Un saudo.

ghalisia #18 1/Setembro/2007 ghalisia

Anxo: falas como se souberas algo da lei de patrimonio cultural e de leis en xeral. Con respecto ao que dis, has de saber o seguinte:

- Neste estado está vixente o dereito á propiedade privada, polo tanto só é posible mercala (a prezos de mercado) ou expropiala (habería que pagarlle o que se chama un "xustiprezo"). Alguén cre que este Goberno lle debe pagar un só euro á familia Franco? Outra cousa é presionar socialmente para que o devolvan (habería que crear algo así como un Nunca Máis para isto), pero aínda así non o farían. Sacarlla polas bravas debeuse facer na Transición, pero todo o mundo sabe a pifia que se fixo...

- Que só lle interesaría a franquistas visitala? Esqueces acaso que tamén foi a casa de Emilia Pardo Bazán e que segue a ter no seu interior a biblioteca desta escritora?

- Que sexa BIC non implica ningún tipo de axudas por parte da Admon, só implica obrigas de mantemento en perfecto estado dos elementos patrimoniais a conservar.

- O que realmente teme a familia Franco é que se vexa todo o que hai dentro: patrimonio mangado durante anos de diferentes lugares de Galicia, como mosteiros e igrexas.

BonKarallan #19 3/Setembro/2007 BonKarallan

Dentro verase á momia incorruta, que se cadra aínda está viva e todo o que se regalou "Dona Carmen Polo de Peseta" (como lle chamábamos cando eu era cativo).

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: