Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INFRAESTRUTURAS

A ministra de Fomento reitera que o AVE chegará en cinco anos

Magdalena Álvarez, asegurou que a variante de Cerdedo sairá a exposición este mes.

Redacción - 17:55 04/09/2007
Álvarez reitera que se cumprirán os prazos

Álvarez reitera que se cumprirán os prazos

A ministra española de Fomento, Magdalena Álvarez, aproveitou este martes unha visita ao noso país para volver prometer que o tren de alta velocidade chegará a Galiza en 2012. Álvarez visitou as obras que se están a acometer entre Santiago e Ourense e xa en Lalín anunciou que agarda que este mesmo mes saia a información pública o estudo da variante de Cerdedo. Cabe lembrar que a pasada semana o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, advertiu da urxencia deste trámite administrativo.

Diante das preguntas dos xornalistas, a ministra española subliñou que “máis do 50% da plataforma” do AVE entre Santiago e Ourense está xa executada e todo o traxecto está en obras agás os accesos ás dúas cidades. Álvarez non quixo dar unha data exacta para a conclusión do tramo Santiago-Ourense.


5/5 (1 votos)

Comentarios (8)

BonKarallan #1 4/Setembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O AVE MARIA, O AVELINO, O AVERGOÑA...

ecoe #2 4/Setembro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Qué sortudos +s galeg*s. En 5 anos chegaremos moito máis rápido á emigración. Viva €$paña!!

BonKarallan #3 4/Setembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Cinco anos! E iso será se segues ti no Goberno.

Máis que un AVE parece unha tartaruga.

¡¡Touriño, touréanche!!

Gaviotero #4 5/Setembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Jajaja! Cinco años...no se lo cree ni ella. La prueba del algodón estará en los presupuestos que se presentarán en unas semanas. Si ahí tenemos grandes inversiones del AVE a Galicia, entonces puede que sea cierta la voluntad de terminarlo. En otro caso, todo propaganda electoral...

teixugo #5 5/Setembro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Correcto.

Espanhois andaluces que acham que aqui só hai gado...

A facenda desde logo é ampla!

emigrado #6 5/Setembro/2007 emigrado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O AVE vai ser un bo negocio. Tendo en conta que o ano pasado marcharon do país 75.000 galegos, dividido entre 365 días, danos unha media diaria de 205 galegos que marchan. Xa teñen para encher un tren.

BonKarallan #7 5/Setembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non home non. Eu sempre volvo. Só marcho para botar unha ollada.

Tino #8 6/Setembro/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto ten a mesma pinta q as promesas feitas polo defenestrado González Laxe (ex-presidente da Xunta por pouco tempo): imos pór unha fábrica de vidro en Ferrol...tras o tráxico periodo de ,,reconversión" industrial naval.
Agora: imos traer-vos o Ave-turuta en 5 anos... TURURU !!!!!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: