O decano Xosé Manuel Vega alerta do desprestixio da TVG a raíz do suposto veto a Quintana nos telexornais.
Peréz Varela, un dos membros do Consello da CRTVG
O presidente da Xunta volveu a reafirmarse onte cunha das súas promesas claves na campaña electoral, a democratización da CRTVG. Porén, para o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Xosé Manuel Vega, a credibilidade da promesa de Touriño “está sometida aos dous anos que xa pasaron sen que fixeran nada”.
A democratización do ente xa figuraba no programa electoral do PSdG e no acordo de goberno co BNG. Os nacionalistas veñen insistindo este verán na “urxencia” do seu cumprimento. Malia o parón de dous anos, Vega indica que o Colexio segue “á expectativa” de cara á posíbel reforma.
A elección do director do ente por dous terzos do Parlamento e a creación dun Consello Superior do Audiovisual -que decida independentemente dos políticos a concesión das licenzas de radio e televisión- son dúas das demandas do Colexio.
O suposto veto a Quintana na TVG
Por outra banda, o decano cre que a polémica polo suposto veto que sofre o vicepresidente da Xunta nos informativos da televisión pública “vai en contra de todos, do prestixio das institucións e dos profesionais da TVG”.
Este asunto foi exposto na conversa entre o ex-numero dous de Quintana na Xunta, Antón Losada, e un traballador dos informativos do ente; diálogo que transcribe hoxe El País.
Colocación de persoas afíns aos partidos
Xosé Manuel Vega defende que “cómpre pór fin ao reparto partidario dos medios públicos que son pagados por todos”. En particular, sinala que o Consello que administra a CRTVG é “un lugar no que os partidos colocan persoas que quedaron 'descolgadas', que, salvo algunha excepción, pouco ou nada teñen que ver co ámbito profesional do xornalismo”.
El Presidente de la Xunta es un embustero sin ninguna credibilidad.
Como bien dijo el Decano del Colegio Profesional de Periodistas de Galicia, en dos años, no es que no se haya hecho nada, es que episodios como los ocurridos con el bigobierno serían impensables incluso con el intervencionista de Fraga.
Eso sí, señor Decano, ¿por qué no anima a los periodistas de su colegio a que denuncien las presiones recibidas hasta ahora y de las que nos hemos enterado casi por casualidad?
¿Por qué no nos cuentan en La Voz de Galicia, por ejemplo, si algún tipo de presiones están teniendo como consecuencia ese mayor acercamiento al socialismo gallego?
NINHADA DE RATOS!!
A COPE, A COPE...
Não tens nada que dizer de directrizes...
Se o BNG e o PSOE asumen as mesmas políticas que o PP (medios, cidade da cultura, medio ambente, canteiras, Reganosa, etc, preguntome que razóns temos para votalos. ¿Onde está o cambio que prometeran?
A TVG apesta. lembro un "cifras e letras " dedicado ao novo Estatuto no que os presentadores ( os tres ) falaban sobre a importancia do estatus de nación para Galicia. Non era o momento nin o lugar nin o público ao que dirixir semellantes peroratas. Os do pp estanse a frotar as mans. Ou cambian as cosas ou volven en dous anos .A xente comeza a estar moi farta.
O proxecto de cambio dos procedementos de subvencións ós medios leva non sei canto tempo enriba da mesa de Torito, o que pasa é que non teñen presa en cambialos, así vamos aproveitando. Tampouco é cousa de tirar con todo
Imos ver. Estamos a falar de hoxe e do governo de hoxe, eis non sei qué pinta aquí a fotografía do xefe rexional do Movemento, camarada Pérez Varela. Se isto fora un foro de debate sobra a súa actuación cando estivo na Xunta, pois estaría ben. Agora cumpriría outro rostro ou jeta de Progreso.
E entrando ao asunto, a ver qué xornalista, ou mellor, xefe de redación, ou mellor, propietario dun medio escrito galego, está en condicións de pavonear-se diante da cámara declarando que él, de subvencións mal dadas pero ben endiñadas, non sabe nada.
Semella que hoxe o Colexio de Xornalistas quere ser imaculado, e diso nada. Que houbo moita subvención para todo Cristo. E moita publicidade institucional, que é un xeito de premiar fidelidades ou afinidades. E moito curso e moita conferencia e moita viaxe ao estranxeiro, e moita empresa tipo INCIS. Basta ver, as veces, a publicidade institucional de esta mesma publicación web...
Imos falar claro. A presenza do grupo PRISA NOSTRA en Galiza implica que, de non aumentar os fondos a repartir, a tarta resulta menor e as porcións, ídem. Ergo, hai que protestar para que aumenten os cartos a repartir, iso sí, por persoa interposta, non vaia ser que resulte todo moito claro e a xente caia do guindo xunto co loro. ¿En qué medio ou medios traballou este home do Colexio de Xornalista?. Tiren do fío e fiarán na roca ou no lar, pero por aí anda a cousa.
E, sexamos sinceros, qué governo, de Progreso ou de Regreso, estaría disposto a non sucumbir á tentación de soltar cartos, non só a xornalistas senón a toda asociación que solicite a súa doma e castración?. A qué sí, a qué nengún governo. Miren se será dura a xogada que a Federación de Municipios do País agasalla cada ano a resupernomeados xornalistas con tremendas plumas bañadas en ouro e que a Presidencia do Parlamento Galego fai algo similar, pero con carteiras de coiro do bo.
Este tipo de informacións deberían ser iso, información, e non, disculpen, puro babeo acrítico para disimular a situación real: aquí chupa toda María Santísima, e os que chupaban antes temen chupar menos e os que están na Gloria queren chupar con cursiños de iniciación a impartir, por exemplo, na Habana.
Sexamos serios.
vaia pais de merda. que diferenza hai entre os tres partidos, nengunha, seguimos a tirar para diante como podemos. máis de cen xornalistas ao ano e a tvg contrata persoeiros a dedo, coma sempre. antes foi a cacharra, que co graduado escolar, se converteu nunha natalia estrada un pouco tatexa, e agora, o socialista, e non xornalista, andrés pavón, que entrou nas filas da tvg en setembro de 2006, e coma ese, outros que están a inflar o seu currículum sen suar unha gota de talento, e cuspindo soberbia por onde pasan. que limpen a tvg dunha vez e que voten a todo aquel que non teña títulación. e senon que estes intrusos se fagan pasar por médicos e que se poñan a abrir barrigas. total, alí tampouco se necesita ética.