Catro centros participan nunha iniciativa que se vai estender ao resto das escolas do país.
As galescolas mergúllanse na rede e contan a súa vida diaria a través dos seus blogs. As bitácoras son un servizo máis dos que se inclúen no portal Galescolas.net, onde tamén se inclúen novas e todo tipo de ferramentas de interese para as familias e o profesorado.
En principio, seleccionáronse catro galescolas que dependen directamente de Vicepresidencia para participar na experiencia. Son unha de cada provincia: Santa María de Oza, na Coruña; Nosa Señora da Purificación, de Foz; Antela, de Ourense, e Caeiro, en Vigo. As bitácoras abríronse a finais do curso pasado, coa intención de que a iniciativa se vaia implantando no resto dos centros do país.
Explican dende Vicepresidencia que esta ferramenta, que serve para compartir experiencias e facer partícipe a comunidade educativa, é unha ferramenta máis das que se inclúen no portal. As bitácoras permítenlle a cada centro facer fincapé nas súas actividades. Así, nas entradas xa publicadas podemos coñecer excursións e concertos organizados polos centros.
Ademais dos blogs dos centros, tamén están abertos ao público blogs persoais das familias e do profesorado.
Por outra banda, Galescolas.net tamén ofrece outro tipo de servizos: recursos educativos, un calendario de actividades e diversa documentación nutricional. Así mesmo, os usuarios rexistrados no portal, que dispoñen de cadansúa clave privada, poden manter un contacto directo coas crianzas e coñecer a súa evolución escolar, os horarios e o menú, entre outros detalles.
Supoñendo veracidade ás acusacións de usurpación, cuan grande é xeneroso e exemplo de patriotas seria da suma de apoios as Galescolas de tod@s, pois non... prefírense sumar ao españolismo para petardealas...curioso patriotismo? non... exemplo do secular minifundismo físico e mental: sempre o individual ou colectiviño controlábel frento ao público, ou sexa de tod@s, por tod@s e para tod@s.
Propaganda pura y dura. Como todo lo que sale de Vicepresidencia.
Suponhendo não ! Esses dados não mente. No momento em que foi criada a iniciativa pola Vogal não tinha havido nunca a Viepresidência se tinha exprimido sobre isto. Mas claro, é claro que a gente votou a esta pessoa para copiar ideias de outros. Que grande mostra de liderança !!
Suponho que por sermos nacionalistas termos de cassar com o bng.
Lamentábel posición opositora ao colectivo, ao de tod@s e para todo@s E xa postos montade unha mobilización ou unha folga de fame aos usurpadores.... seguide asi que seredes moi ledos, ánimo.
Mentres outros tentaran que este Pais teña futuro para tod@s. Será ou non será pero para tod@s.