Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Editan Falcatruada e A Regueifa

Power Pop e electrónica con letra de poetas galegos para abrir o outono

No mes de outubro poderemos escoitar Tres, de The Homens, en vinilo, cedé e mp3, e tamén o máis novo de Fanny & Alexander. Velaquí un pequeno adianto deste dúo:

Redacción - 14:07 13/09/2007



O curso empeza quente, con dúas novidades musicais ben agardadas: o trío compostelán de power pop The Homens non ha tardar en presentar Tres, o seu novo traballo en formato vinilo, ademais de cedé e mp3, editado por Falcatruada e cocido no mes de xullo en Sant Feliu de Guíxols, no forno dos estudios Ultramarinos Costa Brava de Santi García (guitarra e voz de No More Lies), de onde saíron traballos como os de Tokio Sex Destruction, Charades ou Nueva Vulcano, entre outros grupos da escena alternativa catalá. O 15 de outubro poderemos atopalo nas tendas, pero mentres facemos boca podemos ir picando unhas luriñas...



En outubro chegará tamén o novo disco longo de Fanny & Alexander, editado no netlabel A Regueifa Plataforma. Finais dos 70 e comezos dos 80 recolle nove temas, entre elas dúas versións, de Fuxan os Ventos e The Smiths. Continúan coa tónica de Lusco e Fusco, mesturando pop, electrónica, rock, hip-hop e música tradicional galega. Para as letras adaptan textos de Elvira Riveiro, Pilar Pallarés, Daniel Salgado, Carvalho Calero e Lois Pereiro. O primeiro single, Danzarei para ti (se botas outra moeda), xa pode escoitarse no seu Myspace, mirarse en Youtube e escoitar en mp3:


4.43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Noel Feáns e Efi Arias son Fanny & Alexander
Noel Feáns e Efi Arias son Fanny & Alexander
The Homens (Martin Wu, Roi e Xocas) no Eroski, nunha foto de Janite
The Homens (Martin Wu, Roi e Xocas) no Eroski, nunha foto de Janite