Premios Nobel de Química, Física e Economía participan no programa ConCiencia da Universidade de Santiago
John Nash nunha imaxe da universidade de Princeton
A Universidade de Santiago acaba de anunciar os actos do seu Programa de divulgación científica ConCiencia. A partir de outubro acudirán á capital de Galiza o premio Nobel de Química en 1997, John E. Walker; de Física en 2004, Frank Wilczek e de Economía en 2004, John Nasch.
Nash fíxose popular en todo o planeta tras a exhibición de ‘Unha mente marabillosa’, un filme de Hollywood protagonizado polo australiano Russell Crowe e que retrata os seus problemas de esquizofrenia.
Nasch é un dos matemáticos máis imporantes da historia, especialmente pola súa Teoría dos Xogos, pola que recibiu o Premio Nobel en 1994. ‘Unha mente marabillosa’ gañou catro premios Oscar en 2001, incluído o de mellor película.
O programa completo de ConCiencia pódese consultar no portal web da Universidade Compostelana.
Nash, e non Nasch.
http://en.wikipedia.org/wiki/J...
Entre que fala inglés, está tolo e ademais vainos a intentar demostrar uns teoremas, non nos decataremos de nada. Menos mal que xa estamos afeitos cos mitins políticos.
Mellor era que viñese Russell Crowe e asinábanos uns autógrafos. Sobre todo ás mozas. A min que me asine un cheque en branco.
Este BonKArallan ... sempre de carallada :)
Outro participante moi interesante vai ser Lax, un matemático húngaro cunha unha mente preclara no eido das ecuacións diferenciais, o uso dos ordenadores nas matemáticas e as aplicacións ás enxeñarías.
Vieros podería preparar algún contido ou especial ao respecto, para animar á rapazada galega a romper a cabeciña en algo con máis sustancia que as leas esas de espionaxe industrial entre Alonso e Hamilton.
Máis ainda tendo en conta que nun par de anos teremos en Compostela o supercomputador finisterrae, e nos institutos e colexios unha chea de PCs sen desembalar, por motivos obvios.
#4 Case sempre.
Non todos os nacionalistas imos ser serios como Francisco Rodríguez, que fai ben en selo.
De cando en vez hai que dar un toque de humor a Vieiros e non deixar que sexa só o encargado das páxinas deportivas o que faga os chistes.
Que conste que lin o libro e vin a película dunha "mente marabillosa" e gustáronme moito ambos. É un personaxe que merece a pena, xa que é admirable ver que alguén é capaz de superar os problemas por moi graves que sexan.
Curiosamente a este matemático déronlle o nobel de economía pola Teoría dos Xogos, a cal estudábase, polo menos na década dos 70, en cuarto de Económicas, dentro da materia: Teoría do Equilibrio.