Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito racial no berce do KKK

A comunidade negra de Estados Unidos pide xustiza

Miles de estadounidenses denuncian nas rúas de Jena (Louisiana) o "racismo" dos tribunais deste estado sureño.

Redacción - 10:28 21/09/2007

Miles de estadounidenses saíron este xoves ás rúas de Louisiana para esixir que se repita o xuízo contra Mychal Bell, un mozo negro que o ano pasado agrediu un estudante branco na escola secundaria da pequena vila de Jena.

Aquel suceso produciuse despois de que varios adolescentes brancos colgasen tres sogas dunha árbore do instituto, xusto enriba de onde un día antes se sentaran tres dos seus compañeiros negros, nun lugar 'reservado' aos primeiros.

Dende aquel momento, a tensión entre uns e outros foi en aumento e raro foi o mes no que non se produciron altercados.

Cadea perpetua

Mychal Bell e os cinco amigos que estaban con el o día que agrediu ao seu compañeiro de estudos branco poderían ser condenados agora a cadea perpetua por tentativa de asasinato, malia que o agredido fixo vida normal a mesma tarde do incidente.

Pola súa banda, os mozos, que no berce do Ku Klux Klan, colgaron as sogas da árbore foron completamente absoltos.

"O único que queremos é equidade e igualdade -dicía o popular reverendo Jesse Jackson; unha xustiza que non faga distincións entre negros e brancos".

Hai medio século que non se producía unha marcha destas proporcións en Estados Unidos, dende a década dos sesenta, cando se aboliu oficialmente a segregación racial.


Ligazóns

5/5 (4 votos)


Comentarios (5)

Anxo #1 21/Setembro/2007 Anxo

É inaudito, pero por se non chega co montón de barbaridades cometidas, ao colexio non se lle ocorre outra cousa máis que cortar a árbore, como se con eso fose arranxar o problema, mal van se na escola o único que adeprenderon de esto foi que cortando a árbore acaban co problema.

eugalego #2 21/Setembro/2007 eugalego

THE USA IS THE COUNTRY OF THE FREEDOM AND THE DEMOCRACY.

AS IN HIROSHIMA, NAGASHAKI, GUANTANAMO, WOUNDED KNEE, ABU GHRAIB, FALUYA, GAZA...

OBSERVADOR #3 21/Setembro/2007 OBSERVADOR

Estão tolos estes ianques...

Vieiros: será MILHEIROS de estadounidenses (ou "milleiros" na normativa espaÑola)

ecoe #4 21/Setembro/2007 ecoe

Lousiana, non só: e todo Miami, Texas...

Libertade para os 5 cubanos do novo Afaire Dreyfuss en USA!

ecoe #5 21/Setembro/2007 ecoe

Xustamente o país do Freedom and Democracy, iso é!!Para o empresariado e as corporacións!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: