Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: racismo

Pintada anti-nazis
8/Abril/2008 /

Comeza o meirande xuízo contra a extrema dereita na historia de Portugal

Serán xulgadas 36 persoas, acusadas de cometer crimes de discriminación racial, posesión ilegal de armas e distribución de propaganda nazi, entre outros delitos.


9/Febreiro/2008 /

ONGs acusan de "xenófoba" a proposta dun contrato para os inmigrantes

O PP di que "obrigaría" os inmigrantes a respectar os costumes españois e traballar "activamente" para integrarse. As ONG acusan a medida de "xenófoba" e din que deixaría a sorte do inmigrante "en mans do empregador".


15/Xaneiro/2008 /

Finalmente prohíben a manifestación "contra a escoura chegada de afastadas terras"

A delegación do goberno en Madrid déralle inicialmente o visto e prace á organización Democracia Nacional para desenvolver esta protesta con trazos racistas.


17/Outubro/2007 /

Enfado co Nobel Watson por soster que os africanos "son menos intelixentes"

Na altura dos 79 anos, o prestixioso xenetista desata un trebón de queixas polas súas opinións sobre raza e ciencia.


3/Outubro/2007 /

Dezasete anos despois da reunificación alemá, nada que celebrar

O leste fica deserto e envellecido, e os grupos de neonazis abrollan coma cogomelos no outono.


2/Outubro/2007 /

Dous anos de cadea para un pontevedrés por apoloxía nazi na rede

César Fernández defendía a superioridade aria e que os xudeus causaran os ataques do 11S e a guerra de Iraq


21/Setembro/2007 /

A comunidade negra de Estados Unidos pide xustiza

Miles de estadounidenses denuncian nas rúas de Jena (Louisiana) o "racismo" dos tribunais deste estado sureño.


19/Setembro/2007 /

Desmantelan unha organización neonazi en Portugal

O Ministério Público portugués acusou a 36 persoas do chamado 'Capítulo Português', ligado á organización de extremadereita Hammerskin Nation.


16/Xullo/2007 /

Créase a Comisión contra o Racismo e a Xenofobia

O Consello Galego da Inmigración aproba no seu segundo pleno ordinario a súa constitución, ademais do informe sobre o Plan Galego da Inmigración, feito por unha comisión temporal.


9/Marzo/1999 /

Piden medidas contra as agresións a mulleres

Diversos colectivos agrupados na Plataforma de Resposta contra as Agresións a Mulleres pediron onte en Santiago medidas "concretas e non declaracións de intencións" para rematar coas agresións a mulleres.