Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UN COMPAÑEIRO RESULTOU FERIDO

Morre un operario en Cerceda nun novo accidente nas obras do AVE

É o segundo traballador que perde a vida este mes nas tarefas da infraestrutura ferroviaria.

Redacción - 17:35 21/09/2007
Tags: Accidente AVE

Un mozo de 23 anos, Xabier Antelo Núñez, veciño de Mazaricos, morreu aplastado este venres en Cerceda vítima dun accidente laboral. O traballador perdeu a vida logo de que envorcara unha escavadora. O condutor desta máquina, de 30 anos, foi trasladado a un hospital coruñés debido á gravidade das feridas. Os dous homes traballaban nas obras do AVE e pertencían á empresa Ferrovial Agroman.

O novo accidente fai saltar as alarmas xa que este mesmo mes morría outro operario das obras do AVE no Carballiño. Os sindicatos denunciaron daquela que os traballadores están facendo xornadas de até 12 horas diarias e convocaron paros de protesta.


4/5 (4 votos)

Comentarios (3)

ecoe #1 21/Setembro/2007 ecoe

E iso que o AVE é o novo buque insignia do españolismo, que nos facilita irmonos, en menor tempo de desprazamento, canto antes á €migración!

Se non fora así, cántos mortos INSIGNIFICANTES E INVISÍVEIS máis HABER(Í)Á?

ecoe #2 21/Setembro/2007 ecoe

E seica unha Mútua das obras do AVE califica de lixeira a gravidade do accidente do Carballiño, onde ademáis de unha morte houbo outros 4 feridos, e onde unha estructura construída vense abaixo sen máis.

Non son precisos maiores comentarios, coido.

Trovador #3 21/Setembro/2007 Trovador

Ante todo lamentar a perda deste operário e dar os pêsames a familía.

Nom é o momento mais atinado aproveitar um acidente laboral para criticar uma infraestrutura de transporte, nem tampouco ético.

E por certo, o TAV que se está a construir no Eixo Atlântico nom é para emigrar senom para comunicar as cidades e vilas galegas: Ferrol, Betanços, Corunha, Santiago, Vilagarcia, Pontevedra, Vigo até Porto. Haveria logo que fechar os aeroportos de Alvedro, Lavacolha e Peinador para eliminar a emigraçom ?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: