Decididos a declarar a independencia antes de que termine o ano, os dirixentes albano-cosovares vanlles propoñer aos serbios relacións de "estados soberanos".
"Imos ser claros e decididos. Non temos máis solución que a independencia", declarou o presidente cosovar, Fatmir Sejdiu, antes de viaxar cara Nova York, onde se reúne, na sexta feira, con dirixentes serbios.
É esta a primeira xuntanza bilateral entre serbios e albano-cosovares que se fai tras a reanudación das negociacións en agosto, encabezadas polos EUA, Rusia e a UE, encamiñadas a dotar dun estatuto propio a esta provincia serbia, administrada polas Nacións Unidas. Despois de que Rusia, tradicional vella aliada de Serbia, lle impedise ao Consello de Seguridade da ONU emitir unha resolución favorábel á independencia de Cosova, baixo control internacional, na sexta feira discútese o futuro máis próximo desta rexión.
Os albano-cosovares, decididos a tomar unilateralmente a decisión final
O equipo das Nación Unidas debe acabar o seu labor a primeiros de decembro, a través dun informe do secretario xeral da ONU, Ban Ki-moon, mais se daquela aínda non hai nada resolto, o primeiro ministro cosovar, Agim Ceku, afirmou que vai tomar a decisión polo seu lado, sen contar con ninguén: "o proceso de negociación pode terminar cunha declaración de independencia unilateral".
O resto dos países
Os EUA amosáronse dispostos a recoñecer a soberanía kosovar, mais no seo hai distintas posicións. Algúns países enfrontados a reivindicacións independentistas nos seus territorios como o estado español, Grecia e Chipre son reticentes á independencia de Cosova e defenden un estatuto regulado por unha resolución da ONU.
Belgrado xa propuxo unha "independencia no seo de Serbia", mais a oferta foi rexeitada polos cosovares.
E dálle con Cosova
Ou Kósovo ou Koshova!
Montenegro independízanse de Serbia...
Kósovo quere independizarse tamén...
Hai meses que Bélxica é ingobernable. Aparecerán pronto no mapa Flandes e Valonia.
Escocia, Euskadi e Catalunya falan de referendos...
Compadézome dos estudantes da ESO! moita xeografía van ter que chapar!
Bah, non tanto Castexo. No meu DNI -feito hai uns meses- aínda pón Serbia-Montenegro; no pasaporte dos cidadán de Serbia e de Montenegro aínda pón Republica Federativa de Iugoslava... e hai uns meses organos oficiais chamáronme por teléfono porque precisaban alguén que falase iugoslavo.
en conclusión, viva a URSS!
En serio agora: o problema é que xa empeza todo o mundo a estaren fartos do compás de espera. Hai moitas apostas feitas, moitos intereses comerciais e a estratexía rusa e clara: se estiramos a corda da negociación haberá un conflicto civil entre albaneses e iso é a mellor propaganda para os intereses serbios. Alén diso, os veciños non ven con bos ollos ter un país novo co que negociar lindes e marcos e sobre todo, o premier kosovar está n'A Haia e unha independencia pronta podería proporcionarlle inmunidade (algo que xa pasou en Montenegro).
e un tirón de orellas á redación: a tradicional aliada de Rusia nos Balcáns sempre foi Bulgaria. A tradicional aliada de Serbia sempre foi Grecia.
"Aparecerán pronto no mapa Flandes e Valonia"
Nesta frase da intervençom nº 2 aparecem dous castelhanismos flagrantes:
*Flandes quando o correcto é FLANDRES
*pronto, snedo as formas galegas tradicionais AGINHA, DEPRESSA... pronto é um castelhanismo de introduçom muito recente com essa acepçom, nom com o de "estar disposto ou preparado" para algo.
É conveniente reparar nestas cousas para uma melhor utilizaçom da nossa Língua.
Viva Kosovo; o único camiño que lles queda é o da independencia e a comunidade internacional que peche a boca dunha vez e deixe decidir a Kosovo o que quere. A comunidade internacional o único que ten que facer é asegurarse que Serbia non fai homicidios, que se lles dá moi ben.
Wagneriano. Non te preocupes que para a próxima consuntarei as miñas dúbidas no VOLGA.
Non amputes a riqueza do idioma e dos seus sinónimos.
Cantos prexuízos.