Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: cosova

hai 5 dias /

Unhas eleccións cruciais para o futuro rumbo europeísta de Serbia

O país acode ás urnas nuns comicios incertos, debido á escasa marxe que separa o Partido Democrático e o Radical Serbio. Tamén votan os serbios de Cosova.


17/Marzo/2008 /

A policía da ONU retírase de Mitrovica tras os altercados con serbocosovares

Unha vintena de axentes polacos da UNMIK e oito soldados da OTAN resultaron feridos este luns. Hai 53 persoas detidas.


10/Marzo/2008 /

Disolto oficialmente o goberno de Serbia: eleccións o 11 de maio

A profunda división no seo do executivo tras a independencia de Cosova provocou a convocatoria de comicios anticipados.


8/Marzo/2008 /

O primeiro ministro de Serbia dimite e propón eleccións anticipadas

"O goberno non ten unha política única en torno ao futuro do país, en concreto sobre Cosova, e non pode funcionar. Isto é o seu fin", indicou Vojislav Kostunica.


5/Marzo/2008 /

Serbia podería aprobar unha resolución contra a integración na UE

A proposta dos ultranacionalistas do Partido Radical conta co apoio do primeiro ministro, Vojislav Kostunica, e coa oposición do presidente, Boris Tadic.


1/Marzo/2008 /

Irlanda recoñece a independencia de Cosova

O retorno de Cosova a mans serbias "é impensable", segundo o goberno irlandés.


25/Febreiro/2008 /

"A política ditará o momento, mais Escocia será un país independente"

O ministro principal escocés basea a súa seguridade no sentimento nacional dos seus compatriotas. Ademais, considera que os países pequenos funcionan mellor.


22/Febreiro/2008 /

Os gobernos serbio e ruso piden que non haxa máis violencia "polo ben de Serbia"

A UE e EUA exixen que se garanta a seguridade das embaixadas. Rusia di que impedirá que as forzas da OTAN en Cosova se metan na política.


22/Febreiro/2008 /

Os serbios de Bosnia reivindican o seu dereito á independencia

Dende a fin da guerra (1992-1995), Bosnia-Herzegovina está dividida en dúas entidades: a República Serbia e a Federación de maioría de bosnio-croatas e bosnio-musulmáns.


22/Febreiro/2008 /

Un morto e 80 feridos logo do ataque á embaixada de EUA en Belgrado

A prensa británica informa este venres que tamén a delegación do Reino Unido na capital de Serbia sufriu o acoso de grupos incontrolados. A marcha foi pacífica até que se disolveu.


20/Febreiro/2008 /

Serbia prepara unha grande marcha contra a independencia de Cosova

Será esta quinta feira, nun clima tenso tras pechar a OTAN dous postos fronteirizos, logo de seren incendiados por un grupo de persoas a prol da unidade serbia.


19/Febreiro/2008 /

É a quenda de cataláns, vascos e galegos, di o ex presidente de Italia

Pide que se lles recoñeza o dereito de autodeterminación e reclámalles a EUA e a Europa que presionen ao goberno español.


19/Febreiro/2008 /

Os medios internacionais salientan o "medo de España" a se desintegrar

A negativa do Estado Español a recoñecer Cosova dá pé a numerosas análises sobre o "separatismo catalán, vasco e galego", nas axencias de noticias.


18/Febreiro/2008 /

O goberno español apela á lexislación internacional para non recoñecer Cosova

Considera que se debe defender o principio de "integridade territorial dos Estados" porque está consagrado na Carta das Nacións Unidas e na Acta Final de Helsinki.


18/Febreiro/2008 /

Cosova independente: todo ben?

Diversas reaccións dende diferentes ópticas para un feito histórico. Falamos con Carlos Taibo, Roberto Mansilla, Xosé Manuel Beiras e Dani Álvarez.


18/Febreiro/2008 /

Rusia mantén na ONU o veto ao recoñecemento de Cosova

Mentres se agarda que a UE e os EUA formalicen a súa benvida ao novo Estado, Rusia bloquea calquera posibilidade de declaración ao respecto desde o Consello de Seguridade das Nacións Unidas.


17/Febreiro/2008 /

Cosova xa é independente

Espérase que os Estados Unidos e a Unión Europea recoñezan o luns á 'República Democrática de Cosova'.


16/Febreiro/2008 /

Cosova será independente este domingo

O primeiro ministro Thaci, o presidente Fatmir Sejdiu e o líder do Parlamento, Jakup Kraniqi, farán unha declaración á prensa ás cinco da tarde.


15/Febreiro/2008 /

O primeiro ministro de Cosova anunciará a data da independencia este venres

Vladimir Putin: "En España, a xente tampouco quere vivir nun só Estado".


13/Febreiro/2008 /

O Estado Español nin recoñecerá nin estabelecerá relacións con Cosova

Que mude de parecer dependerá do número de países de toda a comunidade internacional que o fagan, en particular Serbia, Rusia, Bosnia e o mundo árabe.