Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Normalización lingüística para os mozos

Fai que o teu móbil fale catalán

A Generalitat crea unha páxina na que informan dos móbiles que están en catalán e na que se poden baixar tonos e xogos do país. Pódese, por exemplo, facer un casteller.

Redacción - 11:26 03/10/2007
Cabeceira da páxina

Cabeceira da páxina

A páxina El Teu Mòbil (http://www.elteumobil.cat/) foi creada polo goberno catalán para que os mozos e mozas poidan saber que clases e marcas de teléfonos móbiles teñen a opción de programarse en catalán. Podes escoller marca e eles dinche os modelos que "falan catalán". Tamén hai un apartado específico no que informan das últimas novidades en móbiles que tamén teñen a opción da lingua catalá.

Tamén se poden baixar tons, fondos de pantalla, logos e xogos. Podes xogar a facer un casteller ou baixar un boneco de San Jordi.

En Cataluña xa existía esta iniciativa, antes de desenvolvela a administración. Na páxina SMS Català pódense baixar tamén fondos de pantalla, logos, melodías polifónicas, imaxes... propias de Cataluña, das súas tradicións sociais culturais e deportivas.


4,93/5 (14 votos)

Comentarios (8)

vieira #1 3/Outubro/2007 vieira

O meu telemóvel fala galego. Só tivem que eligir idioma português. Nós, felizmente, nom temos o problema doutros idiomas ao possuir umha língua internacional como própria.

Alenco #2 3/Outubro/2007 Alenco

Eu tiven un Alcatel 525 e podíase elexir o galego.
Agora teño un Nokia, e pásame como a "vieira", que elexín o portugués como idioma, pero non teño a opción do galego.

Por certo, respecto a noticia que sae hoxe en Vieiros, a agora chamada "Blusens", empresa galega, antigamente chamábase "Ascomtec" e tiña o galego como opción nos menús (a lo menos no aparato de DVD).

spider #3 4/Outubro/2007 spider

tonos--> tons

pampeiro #4 27/Xaneiro/2008 pampeiro

Tés razón,Vieira !!! Aquí,na Arxentina pasa algo similar.Tendo a carón un xigante como o Brasil o portugués-galego é para nós como unha segunda lingua.Cáseque todo está bilingue en castelán e en portugués-galego.Os teléfonos (celulares dimos nós),as cousas de cosmética,os aparellos electrónicos,os autos,etc.,etc.

Tino #5 7/Abril/2008 Tino

Supoño q esta páxina é algo mais q ter o mobil en galego, podes baixar tons, melodias e logos en catalán, algo q en galego é imposibel, e desde logo en portugués sae polo duplo do custo (a parte de averiguar de onde poder baixalos).

Por outra banda, os galegos poderiamos favorecer mais a nosa lingua mercando produtos q están rotulados en galego: Eroski nas suas markas brancas usa o galego, Dulcesol tamén o fai, pero poucos mais. Se nós non apoiamos esas marcas, por dedución eles suporán q non nos interesan as suas políticas.

Gaviotero #6 29/Abril/2008 Gaviotero

Viva el aldeanismo...

Maeloc-do-Rouco #7 29/Abril/2008 Maeloc-do-Rouco

Viva!!

ecoe #8 5/Maio/2008 ecoe

Viva!

O meu, en case calquera idioma, entre eles, desde logo o galego, tamén o galego-portugués, e mais outros máis!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Un dos xogos que ofrecen é o dos castellers. Tamén en http://www.eljoccasteller.cat/
Un dos xogos que ofrecen é o dos castellers. Tamén en http://www.eljoccasteller.cat/
Fondos de escritorio en catalán, que se poden baixar en SMS Català
Fondos de escritorio en catalán, que se poden baixar en SMS Català