Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sen vontade de recuperar o consenso

O PPdeG teima contra a lingua e rexeita un pacto social en favor do galego

Alén de non propoñer iniciativas a prol da lingua, o partido liderado por Núñez Feijoo evita recuperar o consenso rachado pola presión da dirección do PP en Madrid.

Redacción - 09:00 04/10/2007

Na mañá desta cuarta feira, socialistas e nacionalistas acordaran unha proposta de resolución onde se insta á Xunta a promover "un gran pacto pola lingua que abranga medios de comunicación, entidades empresariais, políticas, sindicais e asociativas para conseguir un incremento real do uso oral e escrito da lingua galega e promover que se mire pola calidade da lingua utilizada".

A iniciativa foi evitada polo grupo parlamentario do PPdeG. Na xornada anterior, o voceiro do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, xa protagonizara un discurso onde en materia educativa se restrinxiu practicamente a recuperar a denuncia do presunto "conflito" lingüístico que na súa opinión abriu o bipartito co decreto sobre a lingua nas escolas. No segundo día do debate sobre o estado da nación, Feijoo teimou en declaracións para os medios na idea de que o Goberno "rachou o consenso" sobre a lingua. Para o presidente do PPdeG o único pacto aceptábel polo seu partido neste momento é aquel que se basee unicamente no "dereito dos alumnos a dirixirse aos profesores en calquera das dúas linguas oficiais da comunidade autónoma" e no "dereito dos pais a determinar cal é a lingua materna dos seus fillos". Feijoo opina que non se garanten agora mesmo a proporcionalidade no uso do castelán nin as competencias lingüísticas dos alumnos en galego e castelán en cada ciclo educativo.

Ao respecto, o voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, acusou de "galegofobia" aos populares. Na opinión de Aymerich existe a constancia da degradación da lingua galega, da que daría conta o último informe do Consello Escolar de Galiza. Por iso, preguntoulle a Feijoo se " a súa paz lingüística consiste en negarlle os dereitos aos galegofalantes e acalar as súas queixas?".


4,43/5 (7 votos)


Comentarios (9)

baltar69 #1 4/Outubro/2007 baltar69

é alucinante a retórica do pepé. neste, e en moitos máis temas, semellan extraterrestres. debe ser a conciendia de clase, o saberse fillos da élite, que os empurra e buscar os máis enrebesados razoamentos até acadaren a cuadratura do círculo. o "dereito dos pais a determinar cal é a lingua materna dos seus fillos" paréceme unha maxadería, unha molestia estúpida coma o voo dun moscardón no outono. os pais poden ter dereitos na xestión educativa, pero coido que debe ser cousa do ministerio ou da consellería decidir os contidos escolares. da outra forma case parece un intento de democracia directa, da que sexa dito de paso non estou en contra, pero que non parece ter cabida no ordeamento actual, ordeamento que moito pretenden defender estes mismos paladíns da familia e da nai patria.
ten ben razón aymerich cando inquire ó pepé si ese suposto dereito pode chegar a que un pai se vexa apoiado na pretensión de escolarizar o seu fillo en inglés ou en suahili.
pode ver o cidadán que o actual bipartito non é unha representación palpable dos desexos de cambio do pobo galego, pero é que a súa competencia, a oposición, é unha auténtica cuadrilla de malandríns, empeñados no desgaste e no retraso da poboación dunha forma totalmente alarmante.

LOIS_DE_SILAN #2 4/Outubro/2007 LOIS_DE_SILAN

As partes pactantes máis ou menos sei quen serían; mais, os contidos do "gran pacto pola lingua" ignórovolos de arriba a abaixo.

Gustaríame saber que é o que o bipartito propón para ese grande pacto! Se alguén o sabe...obrigado!

piorno #3 4/Outubro/2007 piorno

Parece pouco crível umha proposta que fale da qualidade da língua feita por pessoas que, como Tourinho ou Quintã (TouriÑo e QuintaNA), som incapazes de falar com um mínimo de correcçom. Às vezes até parecem analfabetos.

Exemplos do sr. Quintana:

-Desconozco...
-Vamos a fazer...
-Esta ermosa nación...

piorno #4 4/Outubro/2007 piorno

O do PP já se sabe. O seu único objectivo, nom declarado, neste campo é a substituiçom linguística. A isso foi encaminhada toda a sua política linguística nos anos que estivérom no governo: «bilinguismo harmónico» (leia-se imposiçom do espanhol), perseguiçom do reintegracionismo (isolar o galego para melhor acabar com ele), deturpaçom absoluta da língua, etc. Os resultados estám bem à vista.

alexinho #5 4/Outubro/2007 alexinho

NA GALIZA EM GALEGO.

NOM ME CANSAREI DE REPETI-LO.

jujolor #6 4/Outubro/2007 jujolor

mais que esperamos destes que manteñen o poder dende os anos da triste memoria, que nos farian ruido e marcharian pra casa, non seguiran facendo trapalladas e mais trapalladas e a culpa dos outros que segun din non son coma eles, craro que non son senon amñados ibamos.
Vonvo sobor do mesmo iste chamase ase mesmo PP de G, mais son PP de España, creo que con iso se deixa dito todo.

Riome do debate feito polo PP agora queren eles arranxar lo pais despos de levar toda vida arranxandolo logo non tuveron tempo dabondo.


SEMPRE EN GALIZA

angarati #7 4/Outubro/2007 angarati

Merecemos outra oposición.

micsha #8 5/Outubro/2007 micsha

¿Otra oposición? Ja. Lo que queréis es el partido único. ¿Será posible? ¿Será posible que creáis que todo el jodido mundo tiene que pensar como vosotros? Otra oposición...

teixugo #9 5/Outubro/2007 teixugo

NINHADA de ratOS!!!!

OPOSIÇÃO!!!!!

E... da-me a mim o corpo que Feijooy,
vai ser tão presidente como Rajoy.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: