O manual nace para conservar o patrimonio lingüístico e ambiental, recollendo termos, palabras e expresións populares que definen a paisaxe de Galiza.
A Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a Real Academia Galega (RAG) van traballar conxuntamente na elaboración do primeiro dicionario sobre a paisaxe de Galiza, no que van recoller os termos, palabras e expresións populares que definen a riqueza do patrimonio natural do noso país.
A partir de agora ámbalas dúas entidades van colaborar na investigación e busca semántica dos termos, xiros lingüísticos e localismos, así como a estruturación, redacción e maquetación do novo dicionario.
O primeiro dicionario da paisaxe galega
O manual será o primeiro deste tipo no que se recollen as voces galegas relacionadas coa paisaxe e se establecen os seus conceptos. Son palabras moi arraigadas na sociedade, que dan mostra da vinculación histórica entre o home e a paisaxe, chegando a ser símbolo da identidade galega, que moitas veces son esquecidas no día a día. A obra servirá para usar correctamente a terminoloxía propia relacionada coa paisaxe, e con ela preténdese preservar dunha soa vez o patrimonio lingüístico e ambiental.
O dicionario editarase en papel e difundirase a través da páxina da Consellaría de Medio Ambiente. Cada termo aparecerá acompañado dunha fotografía que axude a identificalo.
Cómaros, veigas, lameiros, carballeiras... que palabras e paisaxes tan bonitos ten Galicia.
Preocúpame que con tanto porto exterior, granxa acuícola, parque eólico, urbanización á beira do mar ou autovía atravesando como un coitelo as nosas fragas en campos, as xeracións que veñen detrás non podan apreciar o valor desas palabras.
Eu tinha uma cortinha
na beira do quintal
plantava pataquinhas
nabiças, era igual
os amigos entravam
amiúde a conversar
Agora nada tenho
que tudo me foi mal
um lume e um veneno
foderam-me o quintal
nem corte nem cortinha
nem lavra nem lavrinha
nem palavra-palavrinha
meu bem retornará
Que ben!
Galicia enteira vai ficar nun dicionario, nunha grabación, nunha paisaxe virtual, faráse unha enorme imaxe virtual ideal, gardada na Cidade da Cultura ou en calquer servidor anónimo. Mentras, a Galicia real será unha canteira, un porto exterior, un aparcadoiro de iates, unha gaiola de peixe manso e grasento ou un adosado baleiro. Grazas Manoel Vazquez e os que sustituides a Fraga.
Agardo que nese dicionario tamén estea o galego estremeiro, porque o galego non é só a CAG. O Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas. Coido que un tema importante.
En décadas pasadas aos galegos queríannos noutros lugares como man de obra barata. Fomos un lugar abandoado da man de deus e o único futuro era facer a maleta e emigrar.
No século XXI segue sen haber traballo en Galicia, hai unhas semanas La Voz de Galicia publicaba que no 2006 case 75.000 galegos e galegas emigraron de Galicia na procura dun traballo.
Pero agora non lles chega coa nosa man de obra barata, queren tamén a nósa terra.
Tiñamos unha costa salvaxe mesturada con tranquilas rías, “o soño de todo aburguesado”, e están a esnaquizala con urbanizacións e piscifactorías que só deixan beneficio para uns poucos e desfeita para todos.
Tiñamos unhas montañas con fortes ventos, nos que o lobo compartía correrías cos xabarís e cos corzos, e estámolas a encher de parques eólicos que aínda crean menos postos de traballo e esnaquizan o que non está escrito.
Tiñamos unha chea de pequenos rios que percorrían Galicia e enchémolos de minicentrais para maior gloria de Endesa, Iberdrola e Fenosa.
Tiñamos xigantescas zonas verdes que agora están cortadas con innumerables autovías que atravesan todo o nóso país, dividindo hábitats de forma irreparábel.
Agora aos madrileños entroulles a febre pola vela, pois portos deportivos para todos, e se pode ser, tamén lle meten no mesmo paquete un piso en primeira liña de costa.
Galicia desfaise polos catro costados e a Xunta ofrécenos diccionarios.
Porca miseria.
E por cima, dicionários de mentira que ordenam palavras numa língua de mentira criada para manter os mentireiros nos lugares onde mais se mente.