Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
taekwondo

A Selección Galega Sub-21 trae 13 medallas para a casa

A vila cántabra de Colindres acolleu esta fin de semana o Campionato Estatal Sub-21 de Taekwondo, no que a Selección Galega conquistou 2 pratas e 11 bronces.

Redacción - 12:42 08/10/2007

A pesares do número de medallas conquistadas, o campionato era dos atípicos, xa que non parecía máis do que unha proba de tempada, xa que os competidores estaban axustando o seu estado físico, preparándose para clasificarse nas categorías júnior e sénior.

As 2 pratas
Lúa Piñeiro obtivo a primeira nun combate cun 12-11 contra a actual campioa de España absoluta, a madrileña Sandra Lorenzo.

Juan Fernández gañou a súa prata contra o tamén actual campión de España absoluto, o valenciano José F. Ramirez.

Os 11 bronces
Foron para Katia Calvar, Laura Lorenzo, Crisanta Balado, Alba García, Pablo Carou, Borja Ríos, Manuel Barros, José Fernández, Daniel Torrado, Fernando Rascado e José A. Andrade.

As baixas da Selección Galega
Oscar Zinhi Seving do clube Luar de Ordes, David Pérez do Mat's de Marín e Manuel Barros do Mace Sport de Pontevedra viaxarán o vindeiro día 11 para o Centro de Alto Rendemento de Murcia nunha concentración da Selección Española Júnior, onde prepararán o Campionato Estatal que se celebrará na última fin de semana de outubro en Bakú (Acerbaixán).

A vindeira cita do Taekwondo Galego será en Ribeira, no Polideportivo Municipal de A Fieiteira, onde se celebrará o premio "Cidade de Riveira", para as categorías cadete e júnior.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: