Segundo últimas noticias chegadas do seo do equipo celeste, o adestrador búlgaro podería ser substituído por Ramón López Caro.
No partido do sábado, contra o Xerez (gañaron 3-1)
O RC Celta de Vigo acaba de destituír a Stoitchkov do seu cargo de adestrador do primeiro equipo, segundo o boletín de media mañá da Radio Galega.
Despois dunha moi pouca fortuna na segunda división do fútbol estatal, o Celta viña de gañarlle esta fin de semana Xerez Club Deportivo, nun partido no que o equipo vigués traballou con forza, tentando atopar furados na defensa do equipo rival.
Aínda está por confirmar, pero xa soa o nome de López Caro como posíbel substituto do búlgaro.
a mín volvéume interesalo fútbol coma cousa lúdico festiva cando este home xogaba no barça e deixou de interesarme de novo xusto cando horacio decía que cun equipo en europa non valía balaidos.
ahora os de vigo andan outra vez pola segunda; non servía para o clube fernando vázquez e tampoco vale hristo stoitchkov. bueno, bueno. non sei, eu non entendo de balompé e dame igual adonde vaian os celestes, pero coido que coa directiva que hai, o máis doado é que se queden donde están. lópez caro? ese é un home tétrico que encomenda os puntos a santísima trinidade!!! non podían topar outro con máis carisma, ou é que queren mangonealo?
e por suposto, teño gozado máis cun medio tempo do búlgaro, xa sexa no quipo catalán ou na súa selección, que con tódolos partidos dos de vigo desde os tempos de vicente.
Que eu saiba nom foi cesado, senom qu demitiu por "motivos pessoais"...U-la informazom rigorosa?