Aymerich criticou que o presidente da Xunta fose a Bos Aires a "dar un mitin" e que non comprometese a depuración do censo.
En visita en Uruguai, despois da súa estancia a fin de semana anterior en Arxentina, Emilio Pérez Touriño recoñeceu que a reforma do Código Civil que garantiría a cidadanía dos netos de emigrantes podería non chegar tan axiña como anunciara o día anterior. Así e todo, informou de que se non dese tempo a incluíla na reforma da Lei de Adopción Internacional, o goberno español tramitaríaa como disposición adicional "nalgunha outra norma" antes de que conclúa a lexislatura a nivel estatal.
Ao respecto da polémica xerada en Galiza polas presuntas intencións electoralistas da decisión, insistiu Touriño en que iso non significaría que "voten ao día seguinte". Ao respecto, evitou pronunciarse sobre as cancelas que ao dereito ao voto puideran introducirse e afirmou unicamente que o obxectivo é "rematar cun erro histórico" e resolver unha "reivindicación histórica da emigración".
O BNG advirte das implicacións da decisión
"Non se pode caer no erro fraguiano de identificar a condición de individuo coa de simple elector", reflexionaba este luns o deputado nacionalista Iago Tabarés. Na súa opinión é difícil admitir que alguén que por exemplo "nunca viviu nun concello nin ten relación con el poida ser clave e determinar o seu goberno". Ao tempo, criticou tamén que o goberno español non estea demostrando a mesma presa por facer as reformas necesarias para que todos os residentes no exterior poidan votar en urna.
No mesmo sentido falou o voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, quen lembrou que o Censo de Residentes Ausentes segue sen depurar mesmo despois de que a propia Xunta recoñecese o elevado número de irregularidades detectadas. Aymerich criticou que se estea manexando a posibilidade de que milleiros de netos de emigrantes pasen a votar nos próximos comicios cando Galiza afronta a posíbel perda dun escano a nivel estatal e eses novos electores non contarán na atribución de asentos no Congreso.
Claro, Touriño, non se trata de que voten ao día seguinte. A ti con que podan votar nas próximas eleccións galegas chégache ben. Por certo, ¿como vai a oficina de compra de votos que acabas de abrir en Bos Aires?
Claro, que voten aos dous días,... menudo goberno de progreso!.
Estos "persoeiros" matan a ilusión do pobo, o único triunfante e o marabilloso lema " todos son iguais".
fai anos decidín compartir tempo e recursos cunha súbdita do gran artigas que tamén tiña a nacionalidade española e que viña, de vez en cando, a atender asuntos e negocios familiares e a dar e recibir cursos de postdoctorado. nos vos conto o trauma de empadroala en ourense na casa donde vivíamos, no barrio da carballeira!!! a policía municipal fixo varias enquisas, sen nos sabelo, entre o vecindario, pero como nadie a coñecía, o concello non cumplimentaba o empadroamento.
de nada valeron as nosas declaracións, a presentación de canto documento se nos ocurriu dende o documento de nacionalidade á baixa consular en montevideo, o currículum de ela ( duas licenciaturas, programas de postgrao dende bbaa até varsovia pasando por boston e barcelona e experiencia en varias empresas multinacionais )... o caso é que mentras non recurrín a unha amistade do partido do goberno no concello, a cousa non se fixo. eso sí, a mesma mañán que falei con esta persoa, o caso quedou solventado.
pero ahora todo parece máis doado, sobre todo á hora de contabilizar votos. esta muller era filla de emigrantes de lugo e os pais, en virtud do artigo 11 da constituición do 78, solicitaran para ela a nacionalidade compartida. pero nengún de eles pretendeu votar nunca nunhas eleccións aquí. e eso debería manterse así para todos. se alguén está empadroado en colonia, en belo horizonte ou en caucasia, que vote alá. é certamente vergoñento que de pronto aparezan vinte empadroados na casa do cuñado do alcalde de tal ou cual, persoas que previamente presentaron baixa no seu domicilio americano para logo volver a repoñerse.
teño amigos de moitas partes do mundo e cando algún de eles abraza a nacionalidade española, normalmente perde a súa, sempre que non se trate de esos estados con convenioº. o caso de estes emigrantes descendentes de galegos é paradigmático: eles nacen nun lugar que adoptan como país propio, son os criollos que levaron a independencias as antigas colonias, son os descendentes de emigrantes de principios de século xx e de outros máis recentes da postguerra civil. ningún quere ter moito que ver con esto, todos viven con orgullo a sua consecución nacional, a súa patria arxentina, uruguaia, venezolana, colombiana... pero cando as economías hispanoaméricanas empezan a decaer pola teima liberal de poboadores e representantes, vólvese a vista atrás e, a cambio do voto, solicitanse axudas e prebendas. e, como é natural, os nosos políticos, sempre atentos ó seu mercado e en medio de grandes palabras de agradecemento a esa lexión que conforman o que celso emilio chamaba os ananos, otorgan dereito a voto a xentes que para nada están en contacto co país.
non sei como van a facer, non sei como van a distinguir entre cidadán e votante, pero démonos conta que eso non é doado. tódolos españois teñen dereito a voto polo simple feito de selo, e son españois tódolos descendentes de españois. moito terán que lexislar para evitar o que eu coido que é inevitable, que a diáspora real e a irreal sexan covas e nichos de votos que os políticos tratarán coma a máis maravillosa mercancía traída de américa nos últimos douscentos anos.
Pero vós credes que a xente aquí (e en España... porque tamén lles afecta nas eleccións xerais) vai simpatizar con esta idea de Touriñito?
Xa se gañou a antipatía das tres cuartas partes da poboación... Este vaise resentir moito nas vindeiras eleccións. Queren gobernar sen o Bloque e vailles saír o tiro pola culata...
A min tamén me gustaría votar en Arxentina, eh? Non sei nin localizar a Pampa no mapa pero faime moita ilusión votar nun país que non coñezo nin de vista...
O problema é que estas barbaridades que se lle ocorren aos políticos son contaxiosas, así, teño diante un recorte de La Voz de Galicia do 5 de marzo de 2004 que di: “La emigración fue el tema central de la comparecencia que ofreció ayer, en Santa Cristina, el candidato número 2 del BNG al Congreso, Carlos Aymerich, quien solicitó que se otorgase la nacionalidad española a los “netos e netas de galegos sen que se teñan que someter á lei de extranxeiría””. E polo que teño entendido, a día de hoxe Aymerich segue coas mesmas.
Por outro lado, hoxe martes, 9 de outubro de 2007, o diario coruñés recolle unhas declaracións do deputado do BNG Iago Tabarés defendendo a “nacionalidade para os netos dos emigrantes”.
En canto ao PP, acaba de declarar Núñez Feijoo que “está a favor de la recuperación de la nacionalidad para los emigrantes y sus descendientes”.
E ollo, agora váiselle a recoñecer a condición de galego a un arxentino/a ou urugaio/a polo simple feito que un dos seus 4 avós foi emigrante hai unha chea de anos. Pero este neto de emigrantes pasaranlle, á súa vez, os dereitos ao seu fillo, é dicir, aos bisnetos dos emigrantes, que pasarán a ser galegos polo feito de que 1 dos seus 8 bisavós era galego. E despois os tataranietos serán galegos polo feito de que 1 dos seus 16 tataravós era emigrante galego... E así aumentara o CERA de forma xeométrica, chegando una data non moi lonxana en que haberá máis “galegos” fora que dentro de Galicia. Eso si, a maioría nen sequera serán capaces de sinalar Galicia no mapa.
Creo que máis que ir repartindo galeguidades polo mundo adiante o que hai que facer e modificar a lexislación para que sexa condición indispensábel para ser galego, polo menos vivir en Galicia.
Jatopardo, penso que non colliches a miña idea, que ía con certa retranca, respecto a outro aspecto do problema.
O tema é que o que non se pode ser é incoherente. Se temos un vinte por cento máis de electores, cidadáns, temos que ter un vinte por cento máis de deputados no Congreso de los Diputados, un vinte por cento máis de representación en tódolos foros do Estado, un vinte por cento máis de participación nos investimentos e nos gastos públicos, etc.
Se fose así, vai ti a saber se nos compensará...
Mira Xavo, fallas na primeira das premisas, o CERA non se ten en conta á hora de estabelecer o número de deputados por provincia. Polo tanto, aínda que 20.000.000 de arxentinos, por obra e gracia de Touriño, acaben sendo galegos, o número de deputados ao Congreso das catro provincias galegas non sufrirá ningún cambio.
O que si nos vai traer este aumento de novos galegos con dereito a mesa e a voto, aparte da perda do dereito dos galegos de Galicia a decidir o noso futuro, vai ser un aumento de gastos sociais e sanitarios que teremos que pagar cos nosos impostos. Porque se non o sabes, estes novos galegos de sudamérica teñen dereitos pero ningunha obriga.
Chao Xavo.
Si otorgar la nacionalidad a los nietos de españoles es algo justo o no. Tendrá argumentos a favor y en contra.
Particularmente creo que se tendrían que cumplir algunas condiciones adicionales a las de corte filiatorio que permitieran evaluar el nivel de arraigo de estos nietos antes de decidir la procedencia o no del otorgamiento de la nacionalidad.
Si hay una discusión seria al respecto, espero que se valoren las consecuencias de una decisión en uno u otro sentido (economía, seguridad social y empleo).
Particularmente creo que es bastante malo por no decir aberrante que galegos que se encuentran en el exterior y que prácticamente no viven en una demarcación geográfica galega (por lo menos 6 meses al año) puedan decidir sobre el futuro de la misma. Llegando en algunos casos desfigurar la voluntad de los residentes reales que al fin y al cabo son los que padecerán ese gobierno. Solo Imagínense lo trascendente del voto de los nietos de la diáspora cuantitativamente significativo.
La lógica es base fundamental en el derecho. En función de esto hay que preguntarse, Un nieto de galegos, cuyo abuelo emigrara a Venezuela, México o Argentina que nunca en su vida hubiese tenido contacto con Galiza. ¿Realmente tiene derecho a una nacionalidad que no conoce y con la cual tiene una nula identificación? Y suponiendo que esto fuese aceptable ¿Puede su voto decidir la realidad de una sociedad de la cual está totalmente ajeno?
Por supuesto que el anterior es un caso extremo de desarraigo, pero hay que ser honesto al afirmar que este “renacer” de la conciencia Galeguista ó Españolista en un buen numero de los nietos de la diáspora pudiese responder más a un afán de emigrar de sus países por razones económicas y/o políticas que a un sentimiento cierto de nacionalidad.
Tenemos que recordar que las decisiones en materia de nacionalidad pueden correr el riesgo de ser populistas y electoralistas y las mismas tienen un costo económico que será sufragado por una economía galega que solo Dios sabe si está en capacidad de absorberla.
No es un misterio para nadie que para algunos políticos lo prioritario es ganar elecciones para acceder al poder y no les importa para nada prometer lo profano y lo divino para lograr sus metas. Al fin y al cabo desde las alturas del poder es muy fácil buscar un chivo expiatorio.
Pues claro que no votarán al día siguiente...votarán el 9 de marzo y ya se encargarán Tour y Quin de meterles la papeleta adecuada.