Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DISCUSIÓN NO BLOGMILLO

É a campaña do Gadis un plaxio?

Trinta mil visitas confirman o éxito na rede de 'Vivamos como galegos' , anuncio moi similar a varios 'spots' de cervexas arxentinas e canadenses

Manuel Vilas - 12:25 09/10/2007
M. Conde, director da axencia que fixo o anuncio

M. Conde, director da axencia que fixo o anuncio

Triunfa na rede pero tamén esperta sospeitas sobre a súa orixinalidade. 'Vivamos como galegos' -a campaña de Gadisa para captar clientes mediante os tópicos da cultura galega- está a suscitar un animado debate no blogmillo.

Así en Chuza! -o portal de referencia da rede social do país- sinálanse as similitudes con 'Son canadense', un anuncio dunha cervexa de Canadá, Molson, que destaca as diferenzas culturais e lingüísticas cos estadounidenses.

En Menéame -o equivalente estatal de Chuza!- os internautas denuncian o suposto parecido co anuncio doutra cervexa, a arxentina Scheneider. Neste caso, os publicistas non apelan o sentimento de nación, senón a individualidade. Scheneider válese de evidentes referencias a unha das escenas máis famosas do filme Braveheart, o discurso de Mel Gibson antes dunha das batallas.

Este mesmo recurso é empregado por Gadis, malia que o seu director de marketing, Antonio Cortés, o negase nesta entrevista con Vieiros.

O publicista aposta por unha “marca-país”
Gadis encargou a realización da campaña á axencia coruñesa BAP&Conde. O seu director, Miguel Conde Lobato, defende a creación do Banco de Capital Simbólico de Galicia, que axude a vender os produtos galegos. “Cómpre crear unha marca-país; se non hai un icona, una imaxe, non hai país” explica o publicista nunha recente entrevista en El País.

Batendo records de visitas
Plaxio ou simple 'inspiración', o certo é que a realización de BAP&Conde para Gadis segue a sumar impactos na rede. No Youtube xa se subiron sete copias do 'spot', que entre todas suman unhas 15.000 visitas. Ademais as estatíticas do 'microsite' da campaña xa apañou outras 15.000 visitas.

É dicir, copia ou non, o anuncio foi visto unhas 30.000 veces a través de internet, un éxito publicitario.


4,55/5 (20 votos)


Comentarios (28)

carlosroca #1 9/Outubro/2007 carlosroca

Non sei se é plaxio, mais o anuncio encantame, parabéns para o criativo, mesmo se non o é plenamente.
Sentido o humor ten moito, e ese moita falta nos fai...:-)

O_Castrexo #2 9/Outubro/2007 O_Castrexo

É unha inspiración home... non é un plaxio. Está divertida pero déixanos quedar un pouco coma freakies... :P

O_Castrexo #3 9/Outubro/2007 O_Castrexo

O de "vas caer..." sempre mo di miña nai... hahaha.

Xistral #4 10/Outubro/2007 Xistral

Paréceme moi ben. Identificar algo co país non é plaxio ningún, lévase feito miles de veces en moitas cousas.
Que pasa se os escoceses son coñecidos polo Whisky? Ten algo de malo?
Hai que ter dignidade e orgullo do que somos e punto.

Gaviotero #5 10/Outubro/2007 Gaviotero

La campaña de Gadis es una horterada aldeana propia de una empresa que no aspira a vender más allá de Xinzo.

lostrego #6 10/Outubro/2007 lostrego

Ai Xinzo, que colonizado estás!

lostrego #7 10/Outubro/2007 lostrego

Perdón, quixen dizer "Ai Gaviotero, que colonizado estás!

zus #8 10/Outubro/2007 zus

ti si q eres hortera!!!!! mimadriña PENA DAAASSSSSSSSS

galicecos #9 10/Outubro/2007 galicecos

Para mandarllela aos EE.UU. e que vexan no mundo enteiro que, ainda que sexa un anuncio, somos diferentes e a nosa ideosincrasia debería ser espello para outros povos: capacidade de traballo( amosada pola emigración dabondo espallada), solidaridade e enfrontamento á vida.

lostrego #10 11/Outubro/2007 lostrego

Estimado galicecos, a solidaridade é algo bastante escaso ás veces entre os proprios galegos, moitos de nós somos excesivamente localistas (Vigo-A Coruña) e así nos vai. Iulio Caesar aplicou o divide e vencerás na Galia e venceu aos pobos celtas; o Iulio Caesar actual son Lexión, aqueles que nos pretenden dividir xa que si os galegos estivesemos unidos nos poderia dar por barrenar en facer moitas cousas... e para algúns non convén.

raparigo77 #11 11/Outubro/2007 raparigo77

¿Alguien me puede decir qué cantidad de referencias se utilizan para rodar una peli?, y, por cierto, ¿cuántas de ellas son del cine?…dejémonos de chorradas. El spot es la bomba

carlosroca #12 11/Outubro/2007 carlosroca

Disfrutadeo oh, ride, cometadeo e vede a Galiza do futuro con optimismo e dignidade.
Deixade a xenreira, os complexos, o individualismo para os españolazos como Gaviotero.:-)

guillerme #13 15/Outubro/2007 guillerme

Moi ben Gadis, ese é o camiño que hai que seguir. Cando as empresas galegas se comprometan realmente con Galiza este país comezará a ser temido por España e ese pode ser un bo xeito de lograr o obxectivo final: a independencia e a mellora da vida das persoas.

BonKarallan #14 15/Outubro/2007 BonKarallan

Esta claro que o anuncio é bo. Gaviotero testemúñao coa súa opinión.

Tamén está claro que Gaviotero non é galego.

¡¡Vas caer!!

BonKarallan #15 15/Outubro/2007 BonKarallan

Que non vende máis aló de Xinzo? pois bueno...

A min é un supermercado que me gusta moito. E o de Betanzos ten un peixe moi bo.

subver #16 15/Outubro/2007 subver

Gaviotero, ti tes un complexo de inferioridade digno de estudio. Normalmente quen sinte vergoña doutro que se expresa sen facer dano a ninguén, é porque ten un trauma, algo que ocultar, un segredo co que lle é difícil convivir. Sóltao fóra, home, váste sentir moito mellor.

Habíante ensinar (pero para iso habías de ter unha educación que fose máis aló do colexio) que ás veces é máis aldeano o de Vigo que o de Sandiás (e dícecho un de Vigo). Sob o de que non van vender máis aló de Xinzo... podería poñerche moitos exemplos de xente non galega á que lle gustou moito o anuncio, iso si, pode ser certo que ós acomplexados veno coma unha horterada, os traumas non entenden de patrias.

E cambiando de tema, a ti o que che fode é que cando un berra "Viva Galicia!" faino con orgullo dos que habitan este belo país, mentres que cando un berra "¡Viva España!", está berrando literalmente por medo a que morra.

Gaviotero #17 15/Outubro/2007 Gaviotero

¡Jajaja! Ya está BonKarallan repartiendo carnés de gallego...muy propio de nacionalistas como en su día lo fueron los nazis, que también decretaban quiénes eran alemanes y quiénes no.

Sólo por no pertenecer al mismo grupo que gentuza así, me encantaría dejar de ser gallego y español. Pero bueno, vais en el lote. ¡Qué le vamos a hacer!

Respecto a mi complejo de inferioridad digno de estudio...¿no tienes otro argumento mejor? ¿Quién te dijo que a mi me jode cuando alguien grita "¡Viva Galicia!"?

No, no, no...pequeño aprendiz de Hitler...Para mí gritar "¡Viva Galicia!" no se contrapone en absoluto a gritar "¡Viva España!" pues precisamente Galicia es una parte fundamental de España y gritando lo primero se grita de algún modo a favor de lo segundo. Eres tú, desde tu nacionalismo totalitario, excluyente y xenófobo, el que contrapones el uno y el otro.

Eso es lo que nos diferencia a los españoles, abiertos e integradores, de los nacionalistas, excluyentes y racistas.

Sois tan antiguos.

zus #18 15/Outubro/2007 zus

jaajaj q estupenda a javota!!!! pero q bonito che quedou eh?? jajajaja tesme q pasr unha copia q casi m fas chorar...da risa

BonKarallan #19 15/Outubro/2007 BonKarallan

Non che dás conta que España non existe?

É un invento dos Reis Católicos, reforzado polas monarquías absolutistas de Carlos I e Felipe II e metido a presión pola ditadura de Franco, tan a presión que a algúns os ha "idiotizado" e a outros os puxo en contra.

As persoas que teñen pasado galego, cando ven imaxes como a comida na aldea e outras das súas cidades ou vilas o da sua xente, sobre todo se están fóra de Galicia, pónselles a carne de galiña. Iso tamén é nacionalismo.

Cando ves outras imaxes de España, pódenche simpatizar máis ou menos, se ves imaxes de xente ou lugares que coñeces, pero non é o mesmo.

Galiza sente. España só pénsase. E dígoo para os que intentan coordinar os dous países, coma tí.

BonKarallan #20 15/Outubro/2007 BonKarallan

O nacionalismo non ten porque ser como ti o defines. Estás definindo máis o nacionalismo español da ultradereita que o nacionalismo galego.

Un exemplo de nacionalismo aberto é o de Ghandi, do que temos moito que aprender, pero aínda que non é violento é firme e radical.

Non fai falta violencia, basta con non cooperación.

ManuelMarin #21 16/Outubro/2007 ManuelMarin

Ben; non teño costume de perder o tempo con estúpidos, pero hoxe síntome xeneroso e vou facer excepción:
Vexamos Gaviotero:
"
¡Jajaja! Ya está BonKarallan repartiendo carnés de gallego...muy propio de nacionalistas como en su día lo fueron los nazis, que también decretaban quiénes eran alemanes y quiénes no."
¡Aah!, pensaba que era iso o que fán a diario Mayor Oreja, Acebes, Mariano Rajoy, a conferencia episcopal e o seu sacro voceiro Losantos, como antes un tal Criminalíssimo Franco cós seus acólitos, mas agora fíxose a luz nos meus ollos e vexo que o seu é predicar a era de acuario, do buen rollito, da Fanta Limón e das hostias....en vinagre.
"Sólo por no pertenecer al mismo grupo que gentuza así, me encantaría dejar de ser gallego y español. Pero bueno, vais en el lote. ¡Qué le vamos a hacer!"
Rapaz, por mín considérata borrado, non vou chorar porque dimitas de español. De galego non é necesario que o fagas, xa se da por descontado.
"Eso es lo que nos diferencia a los españoles, abiertos e integradores, de los nacionalistas, excluyentes y racistas."
Esta frase cómica, digna do mellor Eugenio, do mellor Gila ou do mellor Martes y Trece, xa me alegrou o día. Non te embales, porén, tamén ao burro lle soou a frauta unha vez e non se converteu en músico.
"Sois tan antiguos."
Pois, sí, reivindico a miña condición de antiguo, pero non envexo a de paleolítico inferior mental na que vives.
De nada
Abur.

ManuelMarin #22 16/Outubro/2007 ManuelMarin

A campaña de Gadis non se é un plaxio ou deixa de selo, pero antes de nos levar polo entusiasmo "patriótico" ao ver o anuncio televisivo, lembrar que hai moi pouco tempo que eu souben que Gadis non era unha cadena catalana ou castellana. Nada na sua publicidade facía pensar no menor vínculo có país, pero por se necesitades sair de dúbidas, aí vai esta preciosa pérola saída da boquita de piñón do amigo Tujero, Tejero ou como se queira chamar:
·"›Ha sido nombrado hijo predilecto de As Pontes. Supongo que uno de sus mayores orgullos será haber contribuido al gran desarrollo del pueblo en el que nació.

›Sí. Cuando yo nací tenía 1.200 habitantes, y ahora tiene 17.000, y empieza a repuntar de nuevo. Mi casa era ultramarinos, bar, casa de comidas, de todo, y ves lo es eso hoy... Pero me enfadé con el alcalde, que era mi empleado además, porque siempre fue Puentes de García Rodríguez y ahora es As Pontes. Hablar gallego no es ser gallego, gallego es hacer cosas por Galicia. Fíjate que cuando yo le puse Haley a los hipermercados me llamó por teléfono y me dijo que cómo le había puesto un nombre americano a un negocio gallego. Y le dije que Haley es el cometa y que con ese nombre puedo ir a todo el mundo y con Gadis, no. Pero es muy buena persona."
En síntese, é un vulgar patán, con mentalidad de tenducho que é o que tiña nos seus primeiros tempos, e con esa mentalidade paleolítica argallou o de Reganosa aproveitando que tiña uns terreniños en Mugardos. Naturalmente calquera outra consideración era inútil para esta "gloria" do capitalismo patrio que nos deixa coa complicidad doutros patáns do PP (partido dos patáns) un "marrón" mais para que os demais o teñamos que resolver....país.
E agora pretende vir de Braveheartujero...¡Bah!

CENSURA #23 16/Outubro/2007 CENSURA

Onte na "Coz de Galicia" tratábase o tema do plaxio:

http://www.lavozdegalicia.es/d...


misteriosamente hoxe desapareceú a devandita nova e ¡maxia! no seu lugar aparece actualizada a "happy version":

http://www.lavozdegalicia.es/d...

poderoso caballero.....

CENSURA #24 16/Outubro/2007 CENSURA

TEXTO CENSURADO

POLÉMICA EN LA RED

La campaña de Gadis, ¿un plagio?

Varias bitácoras comienzan a denunciar las similitudes entre el anuncio «Vivamos como galegos» u otro de la cerveza argentina Scheneider.

El revuelo causado por la exitosa nueva campaña de Gadis, en la que bajo el lema «Vivamos como galegos» se hace un repaso a las señas de identidad y al estilo de vida de los «hijos de Breogán», comienza a traer cola. Decenas de páginas web que hasta ahora se pasaban el clip y lo anunciaban como uno de los anuncios del año, comienzan a denunciar un posible plagio.

Como se informa desdes la bitácora Chuza! (web muy visitada en Galicia) o La Huella Digital, el famoso vídeo guarda ciertas similitudes con Son canadense, spot de una cerveza de Canadá, Molson, que destaca las diferenzas culturales y lingüísticas con los estadounidenses, aunque si hay una opinión unánime entre los internautas es que la campaña de Gadis (sobre todo, en su segunda parte) se asemeja mucho más al anuncio de otra cerveja, la argentina Scheneider, en el cual se hace referencia a una de las escenas más famosas de la película Braveheart.

Aún así, sea plagio o inspiración, lo cierto es que la campaña ha logrado, lo cierto es que la campaña ha logrado su fin: llegar al máximo número de personas y expandir por todo el mundo los tópicos de la cultura gallega.

molondron #25 16/Outubro/2007 molondron

Escáchome de risa co lema ese de "vivamos como galegos!", ja ja ja.
xa nos están a tomar por parvos unha vez máis estas empresas pseudo-galegas que, de sempre se amosaron contra a lingua e o sentimento de e do país (véxase, por exemplo, a discriminación lingüística daqueles traballodores/as que se atrevesen a empregar a ligua propia) e que agora veñen cunha nova cara de "son máis galego ca ninguén".
U-la rotulación en galego en todos os supermercados?; u-la expedición de facturas nesta nosa lingua?; u-lo uso habitual e sen prexuízos por parte dos traballadores?; u-la publicidade escrita que se nos remite aos fogares en galego?...

maraghota #26 19/Outubro/2007 maraghota

vivamos umha mentira!! vivamos no país onde nada é o que parece...

Cris #27 19/Outubro/2007 Cris

Pois a min gústame o anuncio. Mirade estos dous videos:

http://www.youtube.com/watch?v...
http://www.youtube.com/watch?v...

xodido #28 12/Novembro/2007 xodido

deixemonos de parvadas. O anuncio e caralludo. Non sei si e un plaxio, si Toxeiro e do PP e non deixaba os seus empregados falar en galego, se prefería que As Pontes se llamase Puentes de García Rodríguez ou outras lerias. O que si sei e que o palleiro faise palla a palla e todas as iniciativas que potencien o sentimento e o orgullo de ser galego son moi ben recibidas, pois molta falta lle fan a este o noso bello país.
En relación os que non estan de acordo co anuncio e sintense españois e non galegos o meu respeto e a maior das penas porque non saben defender os seus sentimentos (si e que os teñen) sen recurrir o insulto ou a descalificación.
Se viven nesta grande e fermosa terra que non esquezan que os nosos ancestros xa falaban galego, reuninanse nas aldeas, facian o amor nas leiras, disfrutaban das praias, da choiva, e de todo o maravilloso que segue a ofrecer a nosa doitada terruña.
Por iso o anuncio vai de algo moito mais sagrado que o plaxio ou analogas parvadas: vai do respeto a tradición e os nosos costumes, que e o mesmo que o respeto a sentirse orgulloso de vir de donde vimos, de ser quen somos e de soñar con construir unha nación cada vez mais fermosa.
De ahí que todas as iniciativas en tal sentido, veñan do señor Toxeiro, dun do PP, do bloque, do psoe, dun rapaz, dun vello ou de quen carallo veñan serán sempre ven recibidas.
Se alguén non o ve así sintoo moito por él; se emprega o insulto ou a descalificación para rebatilo sintoo moito pola falta de intelecto e capacidade pra vivir en armonía cos demais.
Pero que saiba que faga o faga, diga o que diga, insulte o que insulte nunca me roubará a ilusión de sentirme e ser galego.
Benvidas todas as iniciativas como a de Gadis.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: