Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barbanza

Edición xestionada por Adolfo Muíños
RSS de Barbanza
CON MENOS SALSA ROSA QUE MEIRÁS

A casa de Castelao segue coa súa tramitación para declarala Ben de Interese Cultural

Con menos balbordo mediático que o Pazo de Meirás, (torre, para Núñez Feijoó), a casa de Castelao na rianxeira Rúa de Abaixo 42 segue paseniño os trámites administrativos para se converter en Ben de Interese Cultural (BIC).

Redacción - 12:26 10/10/2007
Tags:
Casa de Castelao na Rúa de Abaixo 42

Casa de Castelao na Rúa de Abaixo 42

Sen entrar a comparar a relevancia patrimonial e simbólica de acadar un acceso público a ambas, (non resiste comparanza), comparten a parella negativa dos propietarios a que os técnicos da Xunta relicen o inventario do que albergan no seu interior. A xustiza é a que determina finalmente no caso de Meirás. Acontecerá o mesmo en Rianxo?

Polo de agora o pleno do Concello acordou blindar os usos da casa como dotacional público. Ese será o único emprego que, de vendelo a familia propietaria, podería acadar. Un degrao máis na presión institucional, social e política para que os Baltar, apelido tan aprezado en Rianxo, acceda a facer desta vivenda o gran centro de peregrinaxe laica e cidadá do país. Seguro non ficaría galego de ben sen achegarse por esta Atenas de Arousa que é Rianxo e máis se se abrise esta casa ao público.


5/5 (8 votos)


Comentarios (3)

Gaviotero #1 22/Outubro/2007 Gaviotero

A este paso, la Xunta nos va a dejar sin casa a todos.

Xabi1 #2 22/Outubro/2007 Xabi1

Tranqui, Gaviotero, que teño idea de que algúns teñen máis dunha casa.
Noto, así, ao lonxe, algo de retranquería contra a familia Baltar. Hai que se enterar ben da situación antes de entrar en debate. Hai que saber cómo e porqué as irmás Castelao deixaron á familia Baltar esa casa e algunha outra cousa máis.
E se soubera a xente que os Baltar foron os seus case únicos valedores nos tempos do franquismo, cecáis comprenderiamos as razóns.
Desde logo o que non fixeron as irmás Castelao foi deixarlle a casa e as cousas, entre elas os dereitos de autor, á Editorial Galaxia, institución que foi levada aos tribunais de xustiza por, precisamente, as irmás Castelao... porque non querías, os Galácticos, pagarlles unhas pesetas polas edicións que comezaban a facer. O señor Carlos Casares Mouriño, paz estea, sabía ben de qué ía este asunto e un día publicou un artigo en resposta a unha carta ao director que resulta ser, pasados xa varios anos, todo un monumento á falsificación histórica e todo un modelo de comportamento dunha persoa que, sabendo a historia, negou a maior para mellor colocar unha infamia como era o seu artigo. Claro, ao mellor don Carlos Casares Mouriño descoñecía ou esquecera oportunamente un artigo publicado polo avogado das irmás Castelao no que explicaba polo miudo ás manobras noxentas da Editorial Galaxia a respecto dos dereitos de autor que posuían as irmás Castelao en tempos de Franco.
Agora, a Xunta quere non se sabe moi qué facer coa casa de Castelao. Está no seu dereito, está asistida pola Lei. E o resto dos mortais estamos no dereito de contar algo do que pasa e do que pasou, de cómo se comportaron os vellos amigos galeguistas con aquelas mulleres. E non largo máis porque agardo que se abra tremendo debate e, entón, citarei o artigo de Javier Baltar.

Paiogomes #3 26/Outubro/2007 Paiogomes

Neste tema misturanse moitas variantes que enguedellan o asunto, entre eles os temas urbanísticos da zona do chalé dos Baltar en Tanxil. Tampouco axuda a retirada por parte da familia da Virxe de Asorey, non sei para castigar a quen, pois os mais afectados son os veciños, non as autoridades locais ou Costas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: