Segundo informacións aparecidas a quinta feira nun xornal deportivo, o presidente do club coruñés podería deixar de selo en xuño.
Podería ser en xuño cando Augusto César Lendoiro deixe de ser o presidente do Real Club Deportivo da Coruña.
Segundo publicaba esta quinta feira o diario As, o presidente do Depor podería abandonar o seu cargo de xeito "non traumático" para que o club poida ao fin facerlle fronte ás débedas que o perseguen.
Segundo este diario, Lendoiro reuniuse a pasada terza feira no Playa Club coruñés con directivos do Banco Gallego e Caixanova, dous dos principais acredores do club, para comezar a tratar da súa saída do Depor. O presidente deportivista estaba acompañado por Germán Rodríguez Conchado, asesor xurídico do club e o seu segundo na xestión da entidade.
O endebedamento do Depor
A capacidade de endebedamento do Deportivo xa chegou ao seu límite e cos ingresos que vai serrando non chega a facerlle fronte á débeda acumulada nos últimos anos, uns 136 millóns de euros. Unha das solucións que se barallan para terminar coa débeda acumulada é a ampliación de capital, un proceso no que o club coruñés xa está inmerso.
Abrir a entrada a inversores sería a chave para acadar o apoio dos bancos.En decembro deste ano o club celebrará unha súa asemblea na que se falará da despedida de Lendoiro.
O segundo tento
Este xa é o segundo tento de marchar que fixo Lendoiro. A finais do ano pasado xa quixo desligarse do clube, ante as queixas dos accionistas e afeccionados, uns porque perdían cartos e outros porque non gañaban nada. Mais daquela non puido marchar, porque as débedas poderían perseguilo, a el e a parte da súa familia, que traballa no club.
En decembro deste ano o club celebrará unha súa asemblea na que se falará da posíbel despedida de Lendoiro.
Pero saberase ben que pasa cos números do Deportivo antes de que marche?
Iso é porque sabe que o Deportivo vai descender este ano.
Un pouco tarde para abandonar, pero cos seus petos ben cheos. Miúdo lercho. A este non creo que lle dediquen unha rúa na Coruña.
¡¡A xuntarse con Caneda!!
Ogallá!
Os siareiros deportivistas estarémoslle eternamente agradecidos ó Sr. lendoiro. Nunha sociedade de mediocres como a nosa o feito de que alguén sexa ambicioso e acade obxectivos casi utópicos é para admiralo. O problema do Deportivo non é Lendoiro, senón a súa lamentable masa social (na que me inclúo), pois dunha ampliación de capital de 60 millóns € lanzada co equipo en semis de
Champions, so se cubriron 3 millóns. Xa nos lembraremos do Sr. Lendoiro cando o Deportivo sexa propiedade de algún tronado tipo Lopera e acabe co clube. MOITO OBRIGADO AUGUSTO. Beti Lendoiro.
Pois por moito que lembremos o suceso conseguido polo Depor en títulos, non creo que iso lexitime un modo de actuar e de xestionar un clube que é realmente patético. Xoel, ao lle dar a razón en todo a Lendoiro estás a lexitimar unha caprichosa, personalista e oscurantista ademais de errática xestión económica e deportiva que seguramente acabará coa desaparición da sociedade en pouco tempo.
Ao mellor os que non quixeron lanzarse a coller esa apliacón de capital de ¿60 millóns? tiveron o sentidiño que Lendoiro non ten. Eu non me arriscaría a tal salto económico se non confío moito no que o vai xestionar e Lendoiro non é das persoas que inspiren precisamente confianza. E mais cando o seu asesor legal e un chulo falanxista mamporreiro como Conchado.
" mais cando o seu asesor legal e un chulo falanxista mamporreiro como Conchado."
Por certo ¿onde obtería o título de Dereito? ¿na tómbola dos Cantóns nunha festa de María Pita?
Non se perde nada.
Así que a culpa téñena os coruñeses por non cubrir a ampliación de capital? ¡¡Manda carallo!!
Esa ampliación de capital fíxose porque o avogado Lendoiro fundiuse toda a pasta en fichaxes que non valían para nada. E agora quere fundirse a ampliación de capital no 1% do seu soldo.
Segundo a túa teoría Xoel, os alemáns deberían de estarlle eternamente agradecidos a Hitler por que os fixo ser unha super raza e os amos do mundo.
Prefiro un Deportivo en Rexional Preferente con xogadores galegos da canteira, que un Dépor en Primeira tirando o diñeiro en xogadores de fóra.
Como primeiro paso estivo ben, pero coa caída de Arsenio, acabouse o proxecto. Con Toshack xa se viu por onde lle ian os tiros a Lendoiro: orgulloso, ditador e "gilipollas".
¡¡FORA CACIQUES!!