O xeneral Ricardo Sánchez cre que o seu país cometeu numerosos erros políticos e miitares dende a invasión.
O que fora comandante en xefe dos militares estadounidenses en Iraq entre xuño de 2003 e o mesmo mes de 2004, o xeneral Ricardo Sánchez, cre que o seu país cometeu graves erros militares e políticos durante a ocupación de Iraq. O oficial cre que a situación que se vive agora naquel país é un auténtico “pesadelo” sen final á vista.
Sánchez mostrouse especialmente crítico coas políticas da administración Bush, aínda que afirmou que, tal e como están as cousas, ao seu país non lle queda outra alternativa que continuar en Iraq. Poden ampliar a información no New York Times.
Pero, cal é o teu país Ricardo Sánchez?
O erro cometíchelo ti, por cambiar de país.
Son incapaces de entender que son IMPERIALISTAS e da pior caste! É inutil tanta morte, ségueselle sen "abrir" o seu encarreirado cerebro.
Se sodes tan orgullosos que non sodes capaces de abandonar unha guerra, para que todo o mundo decátese que sodes uns xenocidas e metestes un roto onde había un descosido? fodédevos.