Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Tag: iraq

Exército australiano
2/Xuño/2008 /

Australia comeza a súa retirada definitiva de Iraq

Arredor de 300 membros do Ministerio de Defensa permanecerán no país para realizar tarefas de loxística e de vixilancia aérea.


1/Xuño/2008 /

Os suicidios no exército estadounidense chegan a niveis máximos

Unha cuarta parte das mortes produciuse no Iraq, nun ano no que aumentou a violencia no país e máis no Afganistán.


17/Maio/2008 /

Iraq: a cadea máis grande do mundo

A Federación de Presos e Prisioneiros Políticos asegura que hai máis de 400 mil persoas presas.


17/Maio/2008 /

A familia Couso acusa á Fiscalía Xeral do Estado de 'defender criminais de guerra'

Anunciou que vai recorrer perante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.


1/Maio/2008 /

Medio cento de mortos nun novo atentado suicida en Iraq

Unha muller fixo estoupar os explosivos que levaba pegados ao corpo; minutos despois un home fixo o mesmo.


Exército Turquía Curdistán
26/Abril/2008 /

O Exército turco bombardea, máis unha vez, obxectivos do PKK en Iraq

Fontes militares cualificaron a operación levada a cabo este venres e este sábado como a máis importante do ano.


25/Abril/2008 /

O primeiro ministro iraquí anuncia que todos os partidos volverán a un "goberno de unidade"

Os grupos con representación parlamentaria en Iraq recuperarían así ao acordo que rachou o ano pasado.


15/Abril/2008 /

Máis de 50 mortos en dous atentados en Iraq

As explosións producíronse en Baquba, mediante un coche bomba, e en Ramadi, cun ataque suicida.


8/Abril/2008 /

Cinco anos sen Xosé Couso, e aínda sen xustiza

A familia do cámara asasinado polo exército estadounidense manifesta o seu malestar coa actuación do goberno de Zapatero.


26/Marzo/2008 /

O exército iraquí mobiliza 15 mil soldados contra o crego xií Muqtada al Sadr

A ofensiva fronte ao líder xií acende unha vaga de incidentes en todo o país. O crego ameaza con promover unha "revolta civil".


23/Marzo/2008 /

Cadea humana en Manhattan contra a ocupación de Iraq

Milleiros de persoas concentráronse este sábado en Nova York. Na mesma xornada, centos de activistas foron detidos por protestar fronte a sede da OTAN, em Bruxelas.


20/Marzo/2008 /

"Nós escollemos a paz", din os cidadáns mentres Bush xustifica a guerra

Milleiros de persoas bótanse á rúa nos EUA a prol da retirada das tropas de Iraq. (Ver vídeo no interior)


17/Marzo/2008 /

Halabja lembra os miles curdos gaseados hai vinte anos polo exército iraquí

O goberno de Iraq pediralle á ONU que declare o 16 marzo día mundial contra as armas químicas.


16/Marzo/2008 /

Cinco anos do "trío dos Azores"

Tal día coma hoxe, tivo lugar no arquipélago portugués a xuntanza dos líderes dos EUA, o Reino Unido e o Estado Español que sentou as bases para a aínda sen rematar guerra de Iraq.


16/Marzo/2008 /

A xénese da apocalipse

O 16 de marzo de 2003, George W. Bush, Tony Blair e José María Aznar decidiron darlle un ultimato a Saddam Hussein para desarmarse. Catro días despois invadíase Iraq.


22/Febreiro/2008 /

Turquía lanza unha gran ofensiva terrestre no Curdistán iraquí

Estados Unidos foi informado da operación -que cualifica de "duración limitada"-, non así o goberno de Iraq.


1/Febreiro/2008 /

Dous atentados con bombas deixan máis de 60 mortos en Bagdad

Unha muller fixo estourar un explosivo no concorrido mercado de animais de Ghazil.


1/Febreiro/2008 /

Un xornal iraquí denuncia casos de suborno na aprobación da lei do petróleo

Por outra banda, a compañía Shell insinuou que participará na reconstrución do país sempre e cando a norma saia adiante.


31/Xaneiro/2008 /

Case cinco anos de ocupación: un millón de iraquís mortos

A finais do inverno de 2003, EUA e os seus aliados invadían Iraq. Case un lustro despois, un novo dato sae á luz: 1.033.239 iraquís morreron dende aquelas.


14/Xaneiro/2008 /

Erdogan: "Non hai terroristas bos e terroristas malos"

Na súa intervención nos Almorzos Informativos de Europa Press desbotou pórlle unha data á fin de operacións no Curdistán iraquí.