A reunión de Bruxelas péchase sen resultados. Viena será escenario da próxima xuntanza.
O presidente de Cosova, Fatmir Seidiu, o primeiro ministro, Agim Ceku, e o ministro de Exteriores de Serbia, Vuk Jeremic, protagonizaron de xeito directo as conversas sobre o futuro de Cosova realizadas en Bruxelas. A xuntanza foi promovida e asesorada por representantes da Unión Europea, de Estados Unidos e de Rusia. O obxectivo é que se produzan avances significativos antes do próximo 10 de decembro, data para a que se fixou reunión co secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-Moon, para informarlle sobre o acordado.
"Agardamos que a xuntanza non se cinga a sentarse e perder o tempo", afirmou Wolfgang Ischinger, enviado especial da UE para Cosova, preguntado pola complicada posición desde a que se inician estas conversas. Ischinger recoñeceu as dificultades para que a curto prazo apareza algún resultado esperanzador, pero indicou que mesmo a constatación mutua entre as dúas partes de que "están moi afastados e deben cubrir unha distancia ben grande", sería xa un comezo prometedor.
Viena será escenario doutra reunión a semana que vén. As posicións seguen inamovíbeis: Cosova aspira á independencia plena e convida a cambio a unha ambiciosa proposta de cooperación e amizade. Pola contra, Serbia só está disposta a ofrecer un plan de autonomía ampla para Cosova sempre e cando esta quede baixo soberanía serbia.
Viva Cosova libre! O presidente de Cosova non ten nada que negociar, só ten que declarar a independencia posto que EEUU xa asegurou que se declara a independencia a Casa Blanca vaina apoiar.
O problema son os países imperialistas e destrutores coma Rusia e moitos da UE; hai que ter en conta un feito e con isto non quere dicir que apoie nas súas medidas a EEUU, pero recoñezo que nunca ao invadir un país intentou que desaparecera como tal senón que simplemente róuballe a riqueza. En cambio, países como España, Rusia (que intenta que Chechenia desapareza como tal e se convirta en ruso) e outros si buscan cando colonizan que ese país desapareza.
Serbia cometeu moitos crimes en Kosovo, pero os albaneses non son uns santos. Washinton apoia a independencia de Kosovo por tres razóns:
1-ten a maior base fóra dos EUA en Kosovo
2-Precisa dun estado musulmán amigo (porque con Turquía as relacións están frías)
3-Precisa desestabilizar a UE de cando en vez (entre Grecia, Macedonia e Bulgaria con Albania polo medio).
Eu estou a prol da independencia de Kosovo, pero con referendo, non por imposición divina dos EUA. Entre tanto, o maior burdel, os principais vieiros de tráfico de drogas, armas e trata de branca pasan polas mans da mafia kosovar. Exemplo caralludo de estado oprimido que procura a independencia.
Adiante Cosova!! Galiza esta com voçê!!
Despois da independência de Cosova, a independência da Galiza!!
Referente de primeira orde pra tódolos patriotas galegos!!
Neste Pais facian falha máis Guillermes.
Cosova, tes que ser máis patriota. Sérbia é um feudo de fascistas.
Ai eugalego, miña xoia, se nós temos que esperar pola beizón dos EUA para a independencia...
Feudo de fascistas? Cantas veces estiveches en Serbia? ou seica coñeceches tres serbios en Tesalónica e xa xulgas a todo un país?
Vaites co Hitler en miniatura...!
¿Cosova? ¡Jajaja! ¿Sabrán ellos dónde está Galicia? ¿Leerán Vieiros? Esto cada día está más gracioso...
No nos enteramos de los últimos casos de corrupción bloqueira en el pueblo de al lado, pero nos cuentan los avances en las negociaciones del futuro de una república del sudeste de Europa...
Ya les gustaría tener en Kosovo el nivel de autonomía que tienen los gallegos.
Bueno, bueno, mira que sae por aquí. Kosovo ten hoxe en día máis autonomía ca Galiza, señor paxaro. Agás un exército e un ministerio de negocios estranxeiros, teno todo e ademais protexida pola ONU.
Xa nos gustaría a nós ter ese nivel de autonomía, a oferta que lle fai Serbia para permanecer sendo parte de Serbia ou... que o propio estado español apoie un proceso de independencia onde:
a-non se trata dunha ex colonia
b-rómpese o dereito dun estado a manter as súas fronteiras
c-non hai referendo.
Gaviotero, prepárate, que igual en vinte anos, o que o PP e PSOE apoian terano que aceptar.
Xa hai un precedente político e xurídico para non impedir outras independencias en Europa....
E si, en Kosovo saben onde está Galiza... as cousas que ten o fútbol, sr. paxaro-que-come-nos-vertedoiros.
Por certo, nun xornal kosovar hai tempo que falaban de que mentras a súa seleción nacinal de fútbol non sexa recoñecida a nivel internacional, en xogar partidos amigables con Euskadi, Catalunya ou... GALIZA!
Pois a independencia de Kosovo non ten moita base xurídica que digamos, neso Serbia ten toda a razón, pero a situación actual está como está e despois de case un decenio cunha independencia de facto, sería inviable pro país, e a case totalidade da súa poboación unha reintegración con Serbia, por moita autonomía que lle queiran dar. O que si está claro, é que por moito que digan, esto é un exemplo pra moitas nacións sen estado, e unha base pra que outros gobernos recoñezan a Repúblicas tamén de facto, ainda que non recoñecidas por ninguén, nin que obtiveron unha independencia de conformidade co estado que legalmente integran, como poden ser Abkhazia, Transniester, Somalilandia....
O causo é que sendo realistas, Kosovo precisa unha solución dunha vez, porque é xa un niño de gatunos, contrabandistas e mafiosos, non ten unha economía desenvolta, e non é lóxico continuar cunha situación como esta, con comunidades enfrontadas, 15000 soldados da OTAN vixiando o territorio, 40% de paro e demais caralladas. E a única solución que vexo realista, é a do plan Athisaari (ou como carallo se escriba), que non será xurídicamente apropiada, pero é o único que hai e non é malo de todo, os serbios ficaran con un alto grado de autonomía e protección dos seus dereitos, o novo estado kosovar será supervisado pola UE pra que non haxa arroutadas (máis ou menos como ocorre xa en Bosnia e Herzegovina)... outra cousa é os efectos que esto terá na rexión (o presidente da república serbia de Bosnia Herzegovina xa tem dito algunha que outra cousiña), e con respecto a outras nacións independentes de facto, ainda que todos os diplomáticos occidentais din que non creará un precedente.
Señor Guillerme, sónalle de algo o xenocidio de indios norteamericanos?, ou as matanzas de filipinos?, ou os centos de golpes de estado realizados polos USA durante todas estas décadas (home, os estados, desaparecer non desapareceron pero soberanía tiñan ben pouca, porque estaban condicionados case completamente polos USA, por medio do dolar, ou dos paus). Señora Serbia, penso que USA ainda que non vaia sobrado de estados amigos musulmáns, ten inda ben diles, Marrocos, Xordania, o que queda de Iraq, o que queda de Afganistán, Arabia Saudí, EAU, Quatar, Bahrein, Kuwait, Exipto, Pakistán, Indonesia, mesmo India que é o país con máis musulmáns do Mundo se podería contar nesta lista... e en Europa xa ten a Albania, e a Bosnia Herzegovina (polo menos a parte bosniocroata) e o de Turquía, non deixa de ser unha berrencha, ainda que os turcos sexan rabudos quinindiola, pero xa volverá a auga ó rego, Turquía é importante de máis pra USA.
pastorr, nacións musulmanas amigas de estados unidos? Albania e Turquia. De Arabia Saudita, Kuwait, etc, EUA é amigo dos dictadores de turno, monarcas despóticos, etc.
O problema co que xa de facto hai en Kosovo é o que vai ficar. Saca do poder agora aos que subencionaron a independencia.
O asunto de Kosovo, ademais, non é albaneses vs. serbios: hai 15 minorías étnicas máis, e todas, son pro serbias.
A independencia é a única solución. No 99 deberon resolver este asunto e non o fixeron. Agora, esa independencia controlada vai ser o mesmo que o protectorado actual, cunha diferencia: onde agora manda a ONU mandarán os EUA. Cando haxa que frenar o desenvolvemento da UE no surlestes europeo, abriran a billa das fronteiras: problemas en Macedonia, que é o estado dos Balcáns que máis sofríu sen agredir a ninguén! Inestabilidade nun xa de por si Montenegro; o Sandžak que ha reclamar unidade territorial entre Serbia, Hercegovina e Montenegro; problemas económicos para Albania, que como empece a tirar para diante, verá como moitos albanokosovares entran no seu territorio.
Non é isto unha cuestión de independencia ou non. Pero claro, todos somos moi liberais e no fondo, moi globalizados con respecto aos nosos pareceres.
Pastorr: o país con máis musulmáns do mundo é Indonesia (200 millóns). India "só" ten un 13.4% de musulmáns, 151 millóns, e as súas relacións con EUA non son especialmente boas.
Carallo, pois lera que o país con máis musulmáns era a India, e sempre pensara que era Indonesia, por eso me chocou, acabo de velo agora no CIA factbook e tes razón.
A poboación de Turquía é contraria ós Estados Unidos, e según as enquisas, o antiamericanismo subíu moito nos últimos anos. En canto ós outros non me refería á poboación, so ós gobernantes, ainda que me imaxino que os kuwaities lle han de ter un certo cariño ós americanos. O asunto das minorías no kosovo é unha carallada, porque so representan un 10% máis ou menos, ou sexa, son moi minoritarias, e se entre elas hai 15 (200 e pico ciganos que inda quedan por elí, os simpáticos vlajs, turcos..), os serbios inda son menos (8% e pico según a CIA), pero bueno, según teño lido o plan Athisaari, ou como carallo se escriba, céntrase bastante no tocante ós dereitos ás minorías, e o respeto polo patrimonio relixioso serbo-ortodoxo e demais caralladas, esí que si é verdade o que din del, neso non teño preocupación ningunha, non digo que vivan en harmonía, pero cando menos polo que semella terán certa representatividade, e autonomía, sempre que a queiran usar e non boicoteen o novo estado, como teñen feito ate o de agora ca cousa esta.
Non entendo porque dis que vai ser USA quen supervise a situación do Kosovo unha vez conseguida a independencia, no plan di que será a Unión Europea, e cando menos de maneira formal teñen a vontade de se integrar a medio prazo nela. Tamén penso que unha vez adquirida a independencia, e normalizada a situación, por forza Kosovo ha de medrar económicamente, ainda que precise de axuda externa, esí que pre min o lóxico é que a migración de kosovares vaia a menos, ademais se a situación non foi a pique na Antiga República Yugoslava de Macedonia anos atrás, cando as cousas estaban moito piores, supoño que moito menos o fará agora, cun estado máis asentado, rico e ben gobernado.
Eu saquei os datos do Factbook... igual está errado! :D
Polo que vin ate o de agora -levo 4 días en Kosovo- os datos do censo -e iso é algo aplicábel a toda a rexión- son válidos no papel: os matrimonios mixtos entran como albaneses, dentro dos propios albaneses hai dous grupos diferenciados e con tensións entre eles.
Os outros grupos étnicos poden ser unha carallada, pero o papel que teñen os turcos en sitios coma Mitrovica é fundamental, xa que son os únicos interlocutores válidos para serbios e albaneses.
O problema do control da UE é que precisará dun despregue estratéxico importante e que non poderá tratar coa espectacular base americana que chantaron en Kosovo. Sera unha especie de policia colonial e a política interna dependerá das axudas dos EUA. O control da UE vai ser nulo, senón ao tempo.
Sobre Macedonia hai que facer un inciso: a situación non foi para o car... porque tiñan un presidente que antes de facer unha carnicería decidiu ceder dun xeito moi occidental, decidíu non fechar as fronteiras e botoulle moitas pelotas ao asunto. Aínda non se saben as causas do accidente aéreo no que morreu. Daqueles anos, hai que dicir unha cousa: non hai documentación persoal, é dicir, non se sabe cantos entraron, cantos ficaron e cantos desexan volver a Kosovo.
Moi mal debe estar todo, aínda así, cando en Austria hai o lío pola moza que non quere volver para aló. Kosovo non ten futuro -e Serbia só o ten sen Kosovo- por moita independencia que se lle dea. Albania leva sen arrincar dende o ano 89. Macedonia é unha caldeira, con Grecia non cedendo -o do nome do país trae cola- que se as cousas non van tan ben para a xente como esperan -e sobre o terreo ves que non hai futuro para ninguén- é o lugar ideal para o entrar á UE.
Kósovo non ten nada. Nadiña. E podes meter moitos cuartos nun outeiro... que froitos non te vai dar.
Eu coido que, se realmente a UE quere facer algo por Kosovo, debería:
a-conceder a independencia tras un referendo
b-meter moita man coas mafias internas e externas
c-facer de Kosovo un estado federal, sen lingua oficial
d-prohibir por escrito a modificación das fronteiras dese estado
e-regular as relacións con Albania, Serbia e Macedonia
f-ter un plan estratéxico para toda a rexión: unha unión balcánica e non vender a moto da UE, senón facelo primeiro a nivel local
g-prohibir a creación dun exército kosovar
Unha cousa é o que se ve e outra o que se escoita nos medios.
Saudos desde Prishtina.
Por certo, o plan Ahtisari non fala de independencia, pero concede a Kosovo cousas como un sitio na ONU! E aínda di que ogallá tivese a autonomía que temos nós. O mesmo discurso de sempre da dereitísima española
Por certo, o plan Ahtisari non fala de independencia, pero concede a Kosovo cousas como un sitio na ONU! E aínda din que ogallá tivese a autonomía que temos nós. O mesmo discurso de sempre da dereitísima española
Bueno, non fala de independencia, pero pro causo teraa, eso si, nunca se poderá comparar co país máis descentralizado y antiguo del Mundo mundial...
Penso que son máis optimista ca ti, ou igual é que estou pior informado, desde logo tu que estás elí, saberás as cousas de primeira mau, e terás unha formación especializda no tema, xa me gustaría a min facer o que estás facendo tu (que supoño que será investigar, ou traballar pra unha organización.... ou non.....).
En canto ós teus puntos, estou contigo, eiquí non sei porque ninguén fala de referendum, que gañarían os kosovares e boicotearían os serbios de dentro e fora de Kosovo, eso xa non é previsto, pero non estaría de máis facer outro. Penso que os líderes europeos, e non sei se o plan tamén, teñen dito que as fronteiras de Kosovo non se poderán modificar, así como tamén que non habería exercito... en canto a unión balcánica, era o tal... pero visto como están as cousas vexoo difícil, penso que entre Serbia e Kosovo nin chegarán a firmar un acordo de amizade e cooperación, que sería o mínimo......
O do referendum é por unha cuestión de precedente. Cando foi o caso de Montenegro, o referendo foi un paripé e a diferencia foi de 5000 votos. Se realmente é viábel que o precendete de Kosovo se poida aplicar noutros lugares, cómpre un referendo. De non ser así, sempre se poderá dicir que no caso kosovar houbo unha serie de factores non aplicábeis, pero co referndo e o consavido boicot, hai unha chave, un procedemento, para que Kosovo sexa extrapolábel.
Dentdo de Serbia hai partidos que defenden que Kosovo se indpendice (o LDP dio abertamente, DS dun xeito un pouco máis discreto); o problema é que o DSS -o do premier Koštunica- e os radicais néganse de todo. Serbia non é o primeiro país da zona que perde o seu "berce" e sae adiante (o Hungría é o mellor precedente). O da unión a nivel balcánico será necesario porque poden empezar a aparecer casos de veto nas adhesións á UE. Macedonia ten feitos os deberes e o veto grego está asegurado. Croacia ten que resolver certas disputas con Eslovenia e Italia, e o veto está tamén case que asegurado. Serbia e Kosovo hanse entender por un motivo moi simple: fóra dos ámbitos políticos e exceptuando Mitrovica, as relación interétnicas non son malas de todo. A xente fala, colabora, ten desconfianza porque todos levan esperando 8 anos, pero hai algo. A xente, exceptuando caso, non se leva mal. O serbios falan albanés, os albaneses serbio.... hai algo.
O plan Ahtisaari -teñoo en PDF- é tan ambiguo que dá a enteder moitas cousas: é o de sempre, os diplomáticos con diplomacia a resolver problemas do mundo real. É invíabel.
Le dais tantas vueltas a Kosovo como en su día le disteis a Quebec o a otras...y os va a servir tan poco de modelo como aquellas.
Eu estivem em Albánia, 2 dias, em "Korçe" (Cosova, em galego nom existe "k", "w"...)e os dous coa camisola da selecçom galega. Fixem moita propaganda independentista.
Agora, a selecçom de futebol de Cosova nom é necesária, xa existe a de Albánia-"Shquiperia".
A conciéncia nacional dos albaneses é incrivel. É a raçom de que exista como povo (os ilirios, um dos máis antigos de Europa), e coma estado-naçom. Em contraste cos galegos, moitos vivem na miséria de "España", os portugueses achan Galiza coma "La Rioja" e os nossos irmaos de Céltia tenhem problemas parecidos a nós.
VIVA COSOVA E GALIZA CEIVES!!
Dubido que alguén en Kósovo (como raios escribes kilo e wattio?) teña ganas de unirse a Albania.
A diferenza entre levar a camiseta e non levala: eu explícosello na súa lingua nai.
O de ilirios é unha trapallada que leches nun folleto turístico ou nun libro de Ismail Kadaré.
quilovatio
E BonKarallan: Bo carallán.
Moi doado, quilo e vátio ou váttio.
Som milheiros os meus irmaos albaneses de Cosova que vam a Tirana a ve-los partidos da selecçom albanesa, coa faixa "UNITED STATES OF ALBANIA", e o governo albanês (o que nom é máfia, é dicir o 8%) vai construir umha autoestrada de Prístina a Durrës.
O meu ponto de vista persoal é que as selecçons desportivas de Cosova nom som necesárias. Galiza (enteira, a de antes da mutilaçom de 1833) nom me gostaria que tivera um "Galiza-Ecuador" e um "Bierzo-Macedónia".
E isso de que falas albanês paréce-me ciencia-ficçom.