O goberno provincial pretende rematar con anos de hostilidade contra a lingua.
A Deputación de Lugo deixou patente o seu compromiso por cumprir a Lei de Normalización Lingüística. O vicepresidente do organismo, Antón Bao, e o deputado de Cultura e Normalización, Antonio Veiga, comprometéronse á “plena galeguización da Deputación”, nunha entrevista que mantiveron con representantes da Mesa.
Bao lembrou a situación anterior: “Até o de agora a Deputación tiña coa lingua un tratamento case hostil por parte do goberno, non do persoal”. “As institucións debemos xogar un papel fundamental dando uso con normalidade ao galego, xa que o idioma é parte fundamental da nosa pervivencia como pobo”, engadiu.
Pola súa banda, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, dixo que se están a producir “mudanzas verdadeiramente históricas nunha institución antes fóbica contra o uso da lingua”.
O presidente da asociación, Carlos Callón, fala dunha “mudanza histórica” nunha institución que antes “era fóbica contra o galego”. Antonio Veiga anunciou algúns dos cambios previstos para os vindeiros meses, como a creación dun Gabinete de Normalización Lingüística, que prestará asemade servizo aos concellos, e galeguización do dominio da web, que empregará “deputación” en lugar de “diputación”.
¿Años de hostilidad contra la lengua? ¿Se refieren a todas las webs que están exclusivamente en gallego y son hostiles a la lengua mayoritaria de los gallegos (el castellano, para los nacionatas más fanáticos...) según las propias cifras de la Mesilla para la Falsificación Lingüística?
"plena galeguización".... Que entenderán por iso, será...NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, sen prexuízo de usarmos linguas alleas con quen lexitimamente aínda descoñeza a propia do territorio?
"un decálogo para a galeguización das institucións locais"...??.. se só procede a anterior regra-resumo do ordenamento!
“a revolución que imos facer aquí é cumprir a lexislación, neste caso a Lei de Normalización Lingüística”...??..!! Coma se a lexislación se reducira á LNL! E a CE, e o EAG? Coido que aínda nos queda moito por facer para acadar a revolución!!
Perdoa Gaviotero, tenho entendido que a lingua maioritaria dos galegos nos ultimos mil e pico anos (ate o dia de hoje) e o galego...Concordas?
E na "provincia" de Lugo a maioria galego-falante seguro que e ainda maior, polo que o teu senso da realidade nom acho que ande "fino" d'abondo (o que define o radicalismo espanholeiro e a xenreira anti-galega que semelha che tem posuido=Fanatico)
la lengua mayoritaria de los gallegos es el castellano, al igual que la de Japón es el chino o la de México el brasileño, ¡si sabré yo de letras!
pareceme moi ben e mais debemos facer que calquer funcionario da autonomia falenos en galego e no caso de non facelo denuncialo, xa esta ben de toda esta carallada de en Galiza "castellano porque es la lengua mayoritaria", xa a lingua imposta por aqueles que quixeron no seu dia impor tudo a que lles viña en gana, xa esta ben de mamonerias, en GALICIA Galego.
SEMPRE EN GALIZA