A ministra galega no goberno español non ten constancia "escrita" de ningún compromiso pechado polo seu antecesor, Jordi Sevilla. Ademais, afirma, "non está transferida a ningunha comunidade".
A ministra de Administracións Públicas do goberno español, a galega Elena Salgado, asegurou este martes en Lugo que non ten constancia de que no seu departamento exista ningún compromiso pechado co seu antecesor, Jordi Sevilla, para transferir a Galiza as competencias en materia de Salvamento Marítimo, na actualidade dependente de Fomento.
"Eu non atopei ningún escrito onde iso estivese de manifesto, e non hai documentos que manifesten que esa transferencia estaba de verdade exposta", asegurou. Ademais, Salgado remarcou que son competencias que "non están transferidas a ningunha comunidade".
A ministra agregou que a transferencia desta competencia sería "moi complicada", porque "unha comunidade autónoma non ten adscritos todos os medios para o salvamento marítimo, que están a disposición de todas para utilizalos aquela que o necesite".
A responsábel de Administracións Públicas puxo especial énfase en advertir que as cousas no Ministerio "non cambiaron ao cambiar o seu titular" no que se refire ás transferencias. Con todo, aludiu ao "tempo curto" que resta para as vindeiras eleccións xerais: "Non debería de estrañarnos que algunha das competencias requiridas non se poida finalizar neste período".
Desde madrí xa salvan eles todo o que hai que salvar ...., xa os galegos non nos temos que preocupar de nada, pois en madrí é onde fan as cousas millor, son xefes de todo e gañan máis, e que ninguén lles diga nada, que todo está ben así. É todo culpa do noso "pesimismo crónico", ...como eles son tan optimistas gañan máis, mangonean e son xefes de todo, viva o igualitarismo madrileno! por que non poñen os encoros para a electricidade na súa serra?, ... por que non enchen de "molinillos" a serra de guadarrama?, ...por que non fan minicentrais no manzanares? ...unhas térmicas en coslada ou pinto? ...unha mina a ceo aberto en villalba? ....canteiras en el escoria.l ? ... ou unha petroquímica en navalcarneiro? e que nos manden as indústrias de compoñentes electrónicos, de aviónica, aeronáuticas, transformadoras, distribuidoras, etc. Que maos somos os galegos separatistas que non queremos un trato igualitario!!!
Ademais, dálles igual. Xa ten Caldera os sacos de votos dos netos de emigrantes preparados. Nos libros de historia fálase da corrupción das eleccións que se facían no séc. XIX, ... pois no XXI cambiaron as formas,mais a corrupción é a mesma. Dentro de pouco van "sacar" o voto eléctronico, que facilitará máis a corrupción cando non lles chegue esta (iso foi o que buscaron co voto emigrante, pois non lles cadraban as contas para seguir mangoneando)
Pois está bem claro que a precisamos. Argumentaram bem a petição? Olha que os espanhóis já fizeram bastante o ridículo com o Prestige...